Ahmedabad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAhmedabad
Fotomontaxe
Imaxe

Nomeado en referencia a Ahmed Shah I (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localizacion
Mapa
  23°01′19″N 72°34′47″L  /  23.0219, 72.5797 Coordenadas : 23°01′19″N 72°34′47″L  /  23.0219, 72.5797
Pais India
Estado da India Gujarat
Distrito da India Ahmedabad district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Ahmedabad district (en) Traducir (1817?) Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 7.645.000 (2016) Editar o valor em Wikidata (16.470,44 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 464,165 km² Editar o valor em Wikidata
Banado por Sabarmati (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude 53 m Editar o valor em Wikidata
Creacion 26 de febreiro de 1411 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
• Xefe do goberno Gautam Shah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Codigo postal 3800XX Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefonico 079 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Paxina web ahmedabadcity.gov.in Editar o valor em Wikidata
Cidade Vella de Ahmedabad.

Ahmadabad [ 1 ] ou Ahmedabad [ Compre referencia ] (en gujarati : ??????? , conecida tamen como Karnavati ) e a cidade mais grande do Gujarat e a sexta da India , capital do distrito de Ahmedabad e primeira capital do estado de Gujarat entre 1960 e 1970 . Ten 3 724 300 habitantes.

Despois dunha batalla co rei dos Bhils Ashapall , o rei Karandev I de Anhilwara no seculo XI fundou a cidade co nome de Karnavati nas beiras do rio Sabarmati . Conquistada no ano 1411 polo sultan Ahmed Shah , converteuna na capital do sultanato de Gujarat. En 1573 pasou ao Imperio Mogul . Entre os seus monumentos destaca a mesquita Jama Masjid ( 1424 ) e o Mausoleo de Ahmed Shah.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Ainda que varios asentamentos hindus seica existian antes do seculo X (mesmo un co nome de Bhadra a caron do rio), evidencias arqueoloxicas ratifican a ocupacion do lugar no seculo XI por unha cidade dos Bhil chamada Ashaval (ou Ashapalli). En 1074 o rei Karandev I dos Solanki de Anhilvada (hoxe Patan) conquistou o territorio establecendo unha nova cidade a beira do rio Sabarmati (no actual barrio de Maninagar, ao sur) que chamou Karnavati . No seculo XIII pasou a formares parte do Sultanato musulman de Delhi .

Fundacion [ editar | editar a fonte ]

En 1398, co sultanato moi debilitado trala invasion de Timur , o gobernador de Gujarat Zafar Khan Muzaffar proclamou a independencia do Sultanato de Gujarat establecendo a dinastia Muzaffarida .

Representacion de Ahmedabad en tea (do s. XIX, co norte a dereita).

O seu fillo e sucesor Ahmed Shah I decidiu fundar unha nova capital, imaxe representativa do novo poder islamico, xunto a Karnavati na beira oriental do Sabarmati (debido tamen a vulnerabilidade de antiga capital hindu Anhilvada-Patan). En 1411 , coa ereccion da cidadela do Forte Bhadra , daba comezo a historia de Ahmedabad .

A capital organizouse ao longo dun eixo monumental oeste-leste ( Raj Marg , hoxe Gandhi Road ) dende a cidadela palaciana entre o forte e o rio ata a Mesquita do Venres ( Jumma Masjid , 1423) no centro. Diante do Forte Bhadra abriase unha praza real ( Maidan-e Shah ) que era o espazo publico maior da cidade. Polo leste, unha tripla porta monumental ( Teen Darwaza ) separaba a praza rexia da praza publica ( Chowgan , onde cortabase co eixo norte-sur da cidade). Finalmente a gran Mesquita coa posterior tumba do fundador da cidade (1441) e, a un e outro lado, mercado ( Manek Chowk ) e bazares [ 2 ] . A arquitectura era unha rica e orixinal mestura das tradicions hindu, xainista e islamica.

No 1487 o neto de Ahmed Shah, Mahmud Begada, arrodeou a cidade cunha muralla de 10 km con doce portas segundo todalas rutas do sultanato que, coma ruas, arterias da urbe, partian do conxunto central antedito.

Esplendor e declive [ editar | editar a fonte ]

Este organismo urbano mantivose no fundamental ata o seculo XIX, sendo unha das maiores cidades do mundo nos seculos XVI e XVII. Ahmed Shah favorecera o asentamento de mercadores, artesans e tecedores, o que converteuna de seguido no centro comercial do noroeste do subcontinente e deu inicio a unha prospera industria textil. Asemade floreceu coma centro financeiro.

A conquista mongol (1573) e a subseguinte perda da corte non supuxo mingua para a importancia comercial, industrial e crediticia de Ahmedabad. Os mongois incorporaron un novo estilo arquitectonico e numerosos xardins palacianos nos arredores da muralla (ver a imaxe enriba).

A area residencial da cidade foi enchendo o recinto amurallado e componiase coa xustaposicion, labirintica e xerarquizada ao tempo, dunha caracteristica unidade habitacional chamada pol (ata 357 contabilizanse), xeralmente dun mesmo clan, casta ou oficio, composta de varias vivendas dispostas arredor de patios e rueiros sen saida [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] .

No seculo XVIII un conxunto de factores concatenados provocaron a decadencia da cidade: epidemias, inundacions e sobor de todo a conquista polos Marathas en 1753 e as posteriores loitas de clans polo poder. A rivalidade de Surat que vinase producindo dende o seculo XVII terminou coa sua preeminencia e a emigracion masiva das clases mercantis. Suburbios da cidade quedaron desertos e mansions en ruina.

Goberno britanico e independencia [ editar | editar a fonte ]

En 1818 a Compania Britanica das Indias Orientais faixe co poder da cidade. En 1864 abriuse a lina de ferrocarril ata Bombai e Ahmedabad convertese nun importante nu de comunicacions entre o norte o e sur da India pola costa occidental. Da man da clase empresarial local a industria textil volve a adquirir a pasada robustez e fortes continxentes de traballadores inmigran do rural producindo un rapido crecemento e modernizacion.

A cidade amurallada enchese incrementando a densidade, e pronto supera os limites expandindose cara ao nordes e sueste. As primeiras pontes sobor do Sabarmati ( Ponte Ellis , 1870; Ponte Sardar , 1939; Ponte Gandhi , 1940) [ 6 ] permiten a urbanizacion da beira oeste e en adiante a cidade crece segundo un patron de circulos concentricos a cidade amurallada. [ 7 ] [ 8 ]

Esta foi a cidade onde en 1915, na ourela do rio asentouse Gandhi , iniciando a sua loita pacifica pola independencia da India. Trala consecucion (1948) e coa particion os conflitos entre as comunidades hindu e musulman tenen sido frecuentes ata o presente. Capital de Gujarat en 1960 (inda que a vecina, e case suburbio, Gandhinagar o sexa de dereito dende 1970), Ahmedabad tense desenvolvido coma un centro educativo, cultural, cientifico e tecnoloxico de primeira orde e diversificado a sua estrutura industrial.

Entre os ambiciosos plans que estanse a levar a cabo destaca a recuperacion e desenvolvemento das ribeiras do Sabarmati [ 9 ] [ 10 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Benigno Fernandez Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega . Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN   9788482887524 . Ahmadabad (India)  
  2. Vista satelital do eixo fundacional da cidade
  3. " Debuxo dun pol " . Arquivado dende o orixinal o 23 de xuno de 2011 . Consultado o 15 de maio de 2010 .  
  4. Outro exemplo mais rico
  5. Paseo debuxado por alguns pols da cidade vella
  6. Ahmedabad Municipal Corporation (ed.). "History of Ahmedabad" . ahmedabadcity.gov.in . Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2019 . Consultado o 29 de maio de 2019 .  
  7. "SLBUT" . utbenchmark.in . Arquivado dende o orixinal o 30-08-2018 . Consultado o 29-05-2019 .  
  8. "Ahmedabad City Map" . Times of India Travel . Consultado o 29 de maio de 2019 .  
  9. " Plan da ribeira do Sabarmati " . Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012 . Consultado o 11 de xaneiro de 2012 .  
  10. Perspectiva do futuro Sabarmati