한국   대만   중국   일본 
Agnosticismo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Agnosticismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redireccion desde ≪ Agnostico ≫)
Thomas Henry Huxley , quen acunou o termo "agnostico".

O agnosticismo e unha doutrina filosofica segundo a cal o entendemento humano non pode conecer o absoluto, senon so o fenomenal ou relativo.

Orixe do termo [ editar | editar a fonte ]

A lectura da pasaxe de Paulo de Tarso no que alude a inscricion "A un Deus desconecido" que viu nun altar de Atenas (Act. 27:23) suxeriulle a Thomas Henry Huxley o emprego desta palabra, agnosticismo ( 1869 ), co significado oposto ao de " gnosticismo ", metodo de especulacion vago e teosofico moi xeneralizado na Igrexa primitiva.

O agnosticismo limita o noso conecemento as manifestacions e transformacions da materia e a enerxia e rexeita todo conecemento de existencia espiritual, ora divina, ora humana. Acepta as conclusions da ciencia e a experiencia sensorial e rexeita, como conxectura carente de fundamento, toda afirmacion referente ao non visible.

Os agnosticos ponen gran coidado, non obstante, en non confundirse cos ateos , por unha parte, e cos materialistas filosoficos, por outra, ainda que uns e outros rexeitan actitudes que se limitan a proclamarse puramente nescientes no referente a existencia espiritual. Os agnosticos non negan que tras os fenomenos cognosticos, sensoriais e volitivos exista un ente permanente ou alma ; pero sostenen que nada pode probarse ou desbotarse respecto a existencia da alma separada do corpo, a sua substancia ou permanencia. Admiten, asi mesmo, que tras os fenomenos materiais do Universo pode existir un Deus ou Ser Universal; pero afirman a imposibilidade de determinar ou definir a natureza consciente e espiritual dese Ser. A todos eses problemas conven unha soa resposta: non sabemos nada nin nada nos induce a suponer que cheguemos algun dia a saber algo.

O agnostico adoita diferenciar entre ≪conecer≫ e ≪crer≫. Para el, unha persoa relixiosa distinguese dunha atea polo feito de que o relixioso ≪cre que Deus existe≫ e o ateo ≪cre que deus non existe≫. Asi, o agnostico apartase da postura de crenza indicando que uns e outros (relixiosos e ateos) ≪cren≫ na existencia ou inexistencia dunha entidade superior, mentres que el a ≪desconece≫.

Ainda asi, a historia parece demostrar que gran parte do agnosticismo relixioso tende en ultimo termo ao escepticismo .

Variedades e controversias [ editar | editar a fonte ]

Ainda que existen moitos matices e variedades de agnosticismo, todas as formas razoadas e sistematicas se basean actualmente, mais ou menos abertamente, nas especulacions de Kant . A conclusion da analise critica da razon humana, segundo Kant, e a de que soamente podemos conecer o fenomeno, mentres que as ideas tales como as de Deus , alma e inmortalidade so poden ser aprendidas pola razon practica.

O lado negativo desta teoria foi presentado por Herbert Spencer , cuxas obras constituen unha exposicion acabada do agnosticismo.

En definitiva sempre se chegara a conclusion de que este descansa na teoria subxectiva do conecemento e soamente pode ser refutado mediante a demostracion de que o noso conecemento da realidade e xenuino e seguro.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]