Abril na cultura popular galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O que segue recolle diversa informacion sobre a pegada do mes de abril na cultura popular e na literatura oral galegas , recollida de diferentes traballos etnograficos ?xerais a toda Galicia ou localizados nun ambito xeografico mais concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Tamen incluimos as mencions a Coresma , a Semana Santa e a Pascua de Resurreccion por coincidir, habitualmente, neste mes.

Eladio Rodriguez recolle o costume de acender na lareira, en cada casa, o Lume novo , que se prende co tizon ou as ascuas do lume que o abade bendice no adro da igrexa no transcurso dunha cerimonia que se celebra o Sabado Santo. Este lume que se prende na igrexa faciase co pedernal e utilizabase para acender, inmediatamente, as brasas do incensario e as lampadas do templo [ 1 ] .

Crenzas e supersticions [ editar | editar a fonte ]

En Cambados disque da mala sorte varrer a casa en Semana Santa (Leiro Lois, 120),

Para cura-lo meigallo ou o tangarano (raquitismo), vaise a romaria de San Pedro Martir, en Belvis , Santiago , o 29 de abril. Lamas Carvajal recolle esta tradicion nunha das suas poesias [ 2 ] :

Naicina, non sei que teno,/ meu mal non o entende naide,/ dixome o crego que tina/ que ir a Santiago a curarme/ nos derradeiros de abril,/ dia de san Pedro Martir...

Crese que se o cuco non acaba de vir entre marzo e abril e sinal de que se van producir grandes desgrazas.

O ultimo dia de abril ou, noutros lugares o 29, existia o costume de alumea-las leiras . Este rito propiciatorio consistia en percorre-los campos de cultivo con fachos encendidos, unha vez rematada a sementeira, para pedir unha boa colleita:

Alumea o pan,
alumeao ben,
alumea o pan
pra o ano que ven.
Alumea o pai,
cada gran un toledan.
Alumea o fillo,
cada gran un pan de trigo
.

Locucions [ editar | editar a fonte ]

  • Estar feito un abril : estar cheo de vida.
  • Parecer un abril : ser ou aparentar un mozo guapo e elegante.

Refraneiro [ editar | editar a fonte ]

A abella e a ovella en abril deixan a pelexa
  • A abella e a ovella, en abril deixan a pelexa [ 3 ] .
  • A auga de abril enche o carro e o carril [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] .
  • A choiva no abril da millo e da pan .
  • A coresma e a cadea, pros probes parecen feitas [ 7 ] .
  • A linaza por San Marcos nin nada, nin no saco [ 8 ]
  • A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa .
  • A ovella en Pascua florida esta lustrosa e parida .
  • A pascoa onde quixeres; o antroido ond'as mulleres [ 9 ] .
  • As sardinas en abril, colleas polo rabo e deixaas ir .
  • A sardina polo abril, collea polo rabo e deixaa ir; por maio asaa no borrallo, e por San Xoan xa molla o pan [ 10 ] .
  • A sardina por abril collea polo rabo e deixaa ir, por maio asaa no rescaldo e por san Xoan xa molla o pan [ 11 ] .
  • A solla de abril abrelle a man e deixaa ir [ 12 ] .
  • A solla en abril collea na man e deixaa ir [ 10 ] .
  • A vella dos anos mil gardaba pan para maio e lena para abril .
  • A vina de bo amo podase en marzo; a vina do ruin podase en abril [ 13 ] [ 14 ] .
  • Abril a lan carda, e maio leva a fama [ 15 ] .
  • Abril, abril, de cen en cen anos deberas vir [ 15 ] .
  • Abril atoldado e pouco mollado [ 15 ] .
  • Abril, augas mil coadas por un mandil [ 4 ] .
  • Abril, augas mil, escoadas por un mandil [ 15 ] .
  • Abril, augas mil, peneiradas nun candil [ 15 ] .
  • Abril, augas mil, se non o comenzo, o medio ou o fin [ 15 ] .
  • Abril chove pras xentes, e maio pras bestas [ 16 ] .
  • Abril chovedoiro enche o cabaceiro [ 15 ] .
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoan ventoso traen o ano compogoso [ 17 ] .
  • Abril, deixame dormir, que en maio de meu me caio [ 18 ]
  • Abril e maio son a chave de todo o ano [ 19 ] .
  • Abril e maio son as chaves do ano [ 15 ] .
  • Abril esfola, pero maio amola [ 15 ] .
  • Abril, espigas mil [ 20 ] .
  • Abril frio e fornos quentes, alegria pros meus dentes [ 15 ] [ 21 ] .
Abril frio e mollado, enche o celeiro e farta o gado
  • Abril frio e mollado, enche o celeiro e farta o gado [ 15 ] [ 22 ] .
  • Abril frio, moito pan e pouco vino [ 15 ] [ 23 ] .
  • Abril frio, pan e vino [ 15 ] [ 23 ] .
  • Abril frio quer compango, vino e pantrigo [ 15 ] [ 24 ] .
  • Abril frio trai poias de trigo [ 15 ] [ 25 ] .
  • Abril mata o porco no cobil, e maio matao dun ano [ 26 ] .
  • Abril mollado, malo na horta e bo no campo [ 15 ] .
  • Abril, o do bo dormir [ 15 ] .
  • Abril pare os froitos e maio levaos o lombo [ 15 ] .
  • Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoan, segaio [ 15 ] .
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoan, segaio .
  • Abril, pra ser abril, ten que vir con augas mil [ 15 ] .
  • Abril que non chove deixa o labrego probe [ 15 ] .
  • Abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado [ 4 ] .
  • Abril quente e mollado, carga o carro i engorda o gando [ 15 ] .
  • Abril, se por mal quere vir, as portas non deixa abrir [ 4 ] .
  • Abril, se por mal quere vir, nin as portas deixa abrir .
  • Abril, si por mal quer vir, inda as portas non deixa abrir [ 15 ] .
  • Abriles bos e bos fidalgos, andan escasos [ 15 ] .
  • Abriles e cabaleiros, son as veces treicioeiros [ 15 ] .
  • Ala vaias, marzo marceiro, que aqui me quedo cos meus becerros, agora vira teu irman abril, que non sei se mos deixara vivir [ 27 ] .
  • Algun dia sera festa e sera Pascoa [ 28 ] .
  • Altas ou baixas, en abril son as Pascuas [ 4 ] [ 29 ] .
  • Antroido a raxeira, Pascuas a lareira .
  • As madrugadas de abril son pintadas pra durmir [ 15 ] .
  • As madrugadas de abril son propias para dormir .
  • As manancinas de abril deixademas pra dormir .
  • As pascuas con quen quixeres, os Antroidos coas vosas mulleres .
  • As sandias nin semeadas en maio nin nadas en abril .
  • Auga de abril e xiada de maio, aseguran o ano [ 30 ] .
  • Auga de abril e xiada de maio, herba pra todo o ano [ 30 ] .
  • Auga de abril, enche o carro e o carril .
  • Auga de abril molla o carro, molla a leira e molla o carril [ 15 ] .
  • Auga en abril, toda a que poida vir .
  • Ben vena abril coas suas augas mil [ 15 ] .
  • Busca pan pra maio e lena pra abril, e botate a dormir [ 31 ] .
  • Cando abril recacha, inda a vella queima a racha [ 15 ] .
  • Cando abril recacha, queima a vella a maza [ 4 ] .
  • Cando chove por San Xorxe, de cen cereixas quedan catorce [ 32 ]
  • Cando en marzo chove i en abril xia, quedase maio feito unha criba [ 27 ] .
  • Cando marzo abrilea, abril marcea [ 27 ] .
  • Cando por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [ 33 ] .
  • Cebada, pra marzo; lena pra abril e trigo, pra maio [ 34 ] .
  • Chova por abril e maio e non chova en todo o ano [ 4 ] [ 15 ] [ 33 ] .
  • Chova por abril e por maio e non chova na volta do ano [ 15 ] .
  • Chova pra min abril e maio e pra ti todo o ano [ 15 ] .
  • Chova pra vos na roda do ano, e pra min en abril e maio [ 33 ] .
  • Chuvia de abril, henche o carro e o carril [ 35 ] .
  • Chuvia de abril non perdoa o carro nin o carril [ 36 ] .
  • Chuvia, de abril; recio, de maio [ 37 ] .
  • Chuvia por abril e maio, aunque non chova en todo o ano .
  • Coas xarapadas de abril, mexa o porco no cubil [ 38 ] .
  • Cobras en marzo, neve en abril [ 4 ] .
Cobras en marzo, neves en abril
  • Cobras en marzo, neves en abril .
  • Cobregas en marzo, neves en abril [ 27 ] .
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril e ruin [ 39 ] .
  • Coida de podar en marzo, que o que poda en abril, ese e ruin [ 40 ] .
  • Corta cardos en abril e de cada un naceranche mil .
  • De abril a abril volven as augas por onde adoitaban vir [ 15 ] .
  • De abril a maio, mes de descanso .
  • Dia de entroido e domingo de Pascoa, cada larpeiro na sua casa [ 41 ] .
  • Dia de Pascoa e domingo lardeiro, cada cadelo no seu palleiro [ 28 ] [ 42 ] .
  • Dixo o pastor a marzo: "mal trataches o meu gando; ala iras onde non volvas mais". E marzo respondeu: "con tres dias que me quedan, e tres que me empreste meu irman abril, poreiche as tuas ovellas a parir" [ 27 ] .
  • Dixolle maio a abril: "Anque che pese, heime rir" [ 43 ] .
  • Domingo de Ramos lava os teus panos, que na semana maior chovera ou quentara o sol .
  • Duas augas de abril e unha de maio valen os bois e o carro [ 30 ] .
  • En abril, a sardina val pernil [ 44 ] [ 45 ] .
  • En abril abre a porta o gado, e deixao ir [ 4 ] .
  • En abril, abrelle a porta o gando e deixao ir [ 15 ] .
  • En abril, augas mil [ 4 ] [ 30 ] [ 46 ] .
  • En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril .
  • En abril, augas mil, e en maio todalas que queiran vir .
  • En abril, augas mil, e en maio, tres ou catro' [ 15 ] .
  • En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro' .
  • En abril, augas mil, e todas caben nun barril .
  • En abril, augas mil, e vento, e todalas que queiran vir .
  • En abril, cada pinga val por mil [ 4 ] .
  • En abril, cada pingueira de auga vale por mil [ 15 ] .
  • En abril catanos no cubil, en maio xa son bo gallo, en san Xoan xa lle dou a carreira o can, en santa Marina xa vou pola cabritina, en agosto xa vou co meu pai polo rostro, en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro [ 47 ] .
  • En abril cear sin candil .
  • En abril, chuvias ir e chuvias vir [ 15 ] .
  • En abril deitate sen candil .
  • En abril deixame durmir .
  • En abril deixame durmir, que en maio de meu me caio [ 15 ] [ 48 ] .
  • En abril deixame durmir, que en maio eu so me caio .
  • En abril e maio fai farina pra todo o ano [ 15 ] .
  • En abril e maio fai farina pro ano [ 49 ] .
  • En abril entra o albanil .
  • En abril, esparragos para min; en maio, para o meu amo [ 19 ] .
  • En abril, espigas mil [ 4 ] [ 15 ]
  • En abril, espigas mil, no maio todo espigado .
  • En abril esta a loba no cubil, en maio sae co pai o lado, en san Xoan atrevese co can, en Santa Marina xa colle a cabritina, en agosto sae co pai o rostro .
  • En abril, estou no cubil [ 4 ] .
  • En abril inda esta o porco no cubil [ 15 ] .
  • En abril mata o porco no cubil .
  • En abril, mata o porco no cubil, e en maio, matao dun ano [ 50 ] .
  • En abril metese a vella no cubil .
  • En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca [ 51 ] .
  • En abril non te descubras dun fio .
  • En abril, o salmon pra min, no maio pro criado, e no san Xoan pro can [ 52 ] .
  • En abril os esparragos pra min, i en maio pro meu amo [ 15 ] .
  • En abril ponte o capelo ruin [ 15 ] .
  • En abril ronca o porco no cubil [ 44 ] .
  • En abril sae o cuco do cubil [ 46 ] .
  • En abril, si por mal quere vir, nin as portas deixa abrir [ 46 ] .
  • En abril vai colle-la sardina polo rabo e deixaa ir .
  • En abril xa soio poda o labrego ruin .
  • En marzo saca a cabeza o lagarto, i en abril acaba de sair [ 27 ] .
  • En marzo, cada pingueira quita un carto; i en abril, cada pingueira da mil [ 27 ] .
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoan, xa fuxo do can; en santa Marina, xa pillo a galina; e en agosto, xa son bo raposo .
  • En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoan, xa fuxo o can; en Santa Marina, xa pillo a galina; e en agosto, xa son bo raposo [ 53 ] .</ref> [ 54 ] .
  • En marzo, se podas un cardo, naceranche catro, i en abril, se cortas catro naceranche mil .
  • Entre abril e maio, fai farina para o ano [ 19 ] [ 27 ] .
  • Entre marzo e abril o cuco ha de vir .
Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin
  • Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin .
  • Entre marzo e abril o cuco quere vir .
  • Entre marzo e abril o cuco ten que vir, e se o cuco faltara a fin do mundo volvera .
  • Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin .
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoan e a sega marcha o cuco para a sua terra .
  • Entre marzo e abril sae o cuco do cobil, pois coa neve non quer vir [ 55 ] .
  • Entre marzo e abril sae o cuco de cubil, que coa neve non quer vir [ 27 ] .
  • Entre marzo e abril, sai o cuco de cubil, que coa neve non quer vir [ 56 ] .
  • Entre marzo e abril, se non ven o cuco, quer vir a fin [ 15 ] .
  • Entre marzo e abril, se non ven o cuco quer vir o fin [ 4 ] .
  • Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quer vir a fin [ 55 ] .
  • Entroido, a raxeira; pascoa, a lareira [ 41 ] .
  • Espigas en marzo, catro; espigas en abril, mil [ 57 ] .
  • Falten augas mil e non falten en abril [ 4 ] [ 15 ] .
  • Febreirino curto, cos teus dias vinteoito, se duraras mais catro, non quedaba can nin gato; pois deixa, que agora ven meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil .
  • Febreiro curto, cos teus dias vinteoito, se duraras mais catro, non quedaba can nin gato. Pois deixa, que agora ven meu irmau abril que che ha de matar o porco dun ano no cubil [ 58 ] .
  • Febreiro molineiro, marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio garrido e fermoso [ 59 ] .
  • Garda do pan para maio e da lena para abril [ 19 ] .
  • Garda lena pra abril e pan pra maio .
  • Garda pan para maio e lena para abril .
  • Garda pan para maio e lena para abril, que che ha de cumprir [ 15 ] .
  • Leiracho lereu, por san Xurxo no centeu [ 60 ]
  • Maio airoso fai o pan garboso [ 61 ] .
  • Maio fai as apostas, e abril levallas as costas [ 62 ] .
  • Marzo amola, e abril esfola [ 27 ] .
  • Marzo e a porta e abril trai a chave, se esta posta [ 27 ] .
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoan segado [ 63 ] .
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, en maio granado, en San Xoan segado .
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoan segado, Santa Marina a airina [ 64 ] .
  • Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoan, curado. Na santa Marina, metelo na arquina [ 65 ]
  • Marzo espigarzo, abril penduril, maio granado, san Xoan curado, na santa Marina metelo na arquina .
  • Marzo, espigas catro; abril, espigas mil [ 27 ] .
  • Marzo louco, e abril non pouco [ 27 ] .
  • Marzo pardo, abril chuvioso e maio ventoso fan o ano fermoso [ 27 ] .
  • Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio frorido e fermoso [ 27 ] .
  • Marzo ventoso, abril chuvioso e maio pardo fan fermoso o ano [ 27 ] .
  • Na semana de Ramos lava os teus panos; que na de Pasion, ou poderas ou non [ 66 ] .
  • Neve en abril, cobras en marzo [ 15 ] .
  • Nin no abril nado, nin no maio plantado [ 67 ]
  • No abril, cada pingota de auga vale por mil [ 15 ] .
  • No abril, chuvia que encha o carro i o carril [ 15 ] .
  • No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo [ 15 ] .
  • No abril, mata o porco no cubil, e no maio matao dun ano [ 15 ] [ 68 ] .
  • No abril para min, no maio para o criado e no san Xoan o peixe para o can .
  • No abril sai o cuco do cubil [ 69 ] .
  • No mes de abril cada polbo bota mil [ 70 ] [ 71 ] .
  • No mes de abril fai queixos mil, e no de maio fai tres ou catro [ 72 ] .
  • No mes de abril fai queixos mil; no de maio, tres ou catro [ 15 ] .
  • No mes de abril fai queixos mil, no mes de maio fai tres ou catro .
  • No mes de marzo e abril o cuco ha de sair, se os tres meses non volveu e porque morreu .
  • Non se che fara a coresma larga, se debes algo pra a pascoa [ 7 ] .
  • O abril penduril .
  • O ano de abril enche o mandil [ 73 ] .
  • O cuco no abril vive, e no maio revive [ 55 ] .
  • O cuco no abril xa sai do cobil [ 55 ] .
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoan, pro can [ 74 ] .
  • O escacho, polo abril, non hai mais que lle pedir [ 75 ] .
  • O frio de abril mata o porco no cubil [ 76 ] .
  • O frio de abril mata o porco no seu cubil [ 15 ] .
  • 'O mes de xaneiro e o xeadeiro; febreiro, mulineiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoan, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor .
O millo polo san Marcos, nin nado nin no saco
  • O millo polo San Marcos nin nado, nin no saco [ 77 ] .
  • O millo por san Marcos nin no saco nin nado .
  • 'O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir [ 78 ]
  • O que en abril come sardina, ainda en agosto picalle a espina [ 79 ] .
  • O que en abril come sardina, inda en agosto lle pica a espina [ 80 ] .
  • O que en marzo non fende, en abril non estende [ 81 ] .
  • O que non garda lena pra abril, non sabe vivir [ 15 ] .
  • O queixo i o barbeito, en abril ou maio sexa feito [ 82 ] .
  • O salmon i o sermon, dispois da Pascoa non tenen sazon [ 83 ] .
  • O sermon, o sabalo e o salmon, na coresma tenen sazon, dispois non [ 84 ] .
  • O vento de abril i a lama de agosto, matan o vino anque sexa no mosto [ 85 ] .
  • O vino de abril, enche o carro e o carril .
  • O vino de abril non vai o funil .
  • Os aires de abril fan meter o porco no cubil .
  • Os comenzos de abril o cuco ten que vir, e se non volveu, ou prenderono ou morreu [ 55 ] .
  • Os escachos no abril, non hai mais que lle pedir [ 15 ] .
  • Pan pra maio e lena pra abril, e o millor cepon, pra marzo o compon [ 86 ] .
  • Pascoas, con que quixeres; entroidos, coas tuas mulleres [ 41 ] .
  • Pascuas enxoitas, nin poucas nin moitas .
  • Pascuas molladas, anadas dobladas .
  • Poeira en abril, lama en agosto [ 15 ] .
  • Polo abril que venan augas mil ou cantas queiran vir [ 15 ] .
  • Polo abril ronca o porco no cubil [ 15 ] .
  • Polo abril xa solo poda o labrego ruin [ 15 ] .
  • Polvo en abril, lama en agosto .
  • Por abril dorme o mozo ruin, e por maio, o mozo i o amo [ 15 ] .
  • Por abril ponte de codin; e se o pan ves verdegar, ponte a cantar [ 15 ] .
  • Por Pascoa de Resurreicion tres cousas non tenen sazon, sardinas salgadas, castanas asadas e predicacion [ 9 ] .
  • ¿Por que naciche tan ruin? Porque non me sementache en abril [ 87 ]
  • Que altas, que baixas, en abril son as Pascuas .
  • Que chova en abril e maio anque non chova en todo o ano .
  • Quen queira mal a unha vecina, dealle en abril sardina [ 88 ] [ 89 ] .
  • Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas .
  • San Marcos, sementa polos altos .
  • San Xurxo o larpeiro leva as uvas no pandeiro [ 90 ] .
  • Sardinas salgadas, castanas asadas e confesion, antes das Pascoas de Resurreccion [ 91 ] .
  • Se chora Marta, ri Lazaro; se Lazaro chora, Marta ri [ 92 ] .
  • Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a rulina non rulea, mala cosecha se espera .
  • Se en marzo ou abril o cuco non ven, quer vir a fin [ 93 ] .
  • Se entre marzo e abril o cuco non ven, e que o cuco e morto ou a fin quere vir [ 58 ] .
  • Se entre marzo e abril o cuco non veu e sinal que morreu ou e sinal do fin .
  • Se non houbera abril, non haberia ano ruin [ 15 ] .
  • Se non sal o cuco antes do trece de abril, ou morreu o cuco ou vira a fin .
  • Se non viche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou quer vir a fin [ 15 ] .
  • Se non vichelo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin [ 55 ] .
  • Se non viche-lo cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir o fin .
  • Se polo san Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [ 94 ] [ 95 ] .
  • Se por San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove [ 15 ] .
  • Se pra San Xurxo xea non colleras nin unha pera .
  • Se queres saber cando e abril a andurina viracho dicir .
  • Se tes pra Pascoa unha debeda, logo che se vai a coresma [ 9 ] .
  • Sol de abril, abrelle a man e deixao ir [ 96 ] .
  • Solla de abril, abre a man e deixaa fuxir [ 15 ] .
  • Solla de abril, abre as maos e deixaa ir .
  • Solla en abril, abre a man e deixaa ir [ 97 ] [ 98 ] .
  • Tal teno a Pascoa, cal tenas a casa [ 9 ] .
  • Tras de abril ven maio, e hai cereixas como punos .
  • Un dia de abril e outro de maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto como os bois e o carro [ 99 ] .
  • Val mais un torbon de abril que os bois e o carro i aquel que vai nil [ 15 ] .
  • Vale mais un turbon de abril que os bois e o carro e quen vai nil .
  • Vino de maio pouco e malo o de abril e xentil .
  • Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoan, claro, valen mais estos meses cas suas mulas co seu carro .
  • Xaneiro xiadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Xoan caloroso, que fai o ano formoso [ 100 ] .
  • Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado .

Cantigueiro [ editar | editar a fonte ]

  • Adios, martes de antroido,/ adios, meu amiguino,/ hastra o domingo de Pascoa/ xa non como mais toucino [ 101 ] .
  • As tellas do teu tellado/ non queren baixarme a abrir;/ baixa tu, rosa de maio,/ criada no mes de abril [ 102 ] .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Eladio Rodriguez Gongalez, s. v. fogo , s. v. lume .
  2. Citado por A. Fraguas, 85.
  3. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abella . No orixinal: i a ovella .
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 Real Academia Galega, s. v. abril .
  5. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril . No orixinal: i o carril .
  6. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. auga . No orixinal: i-auga, i o carril .
  7. 7,0 7,1 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. Coresma .
  8. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. linaza . San Marcos celebrase o 25 de abril.
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. Pascoa .
  10. 10,0 10,1 Lino Lema Bouzas, 2.
  11. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. sardina .
  12. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. solla .
  13. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. vina .
  14. Refraneiro do vino , 43. No orixinal: do bo amo .
  15. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 15,12 15,13 15,14 15,15 15,16 15,17 15,18 15,19 15,20 15,21 15,22 15,23 15,24 15,25 15,26 15,27 15,28 15,29 15,30 15,31 15,32 15,33 15,34 15,35 15,36 15,37 15,38 15,39 15,40 15,41 15,42 15,43 15,44 15,45 15,46 15,47 15,48 15,49 15,50 15,51 15,52 15,53 15,54 15,55 15,56 15,57 15,58 15,59 15,60 15,61 15,62 15,63 15,64 15,65 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril .
  16. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril . No orixinal: pras .
  17. Compogoso significa propicio, favorable, prospero. Quere dicir que a colleita nun ano asi sera abundante.
  18. Vozes gallegas , ed. de J. Leite de Vasconcellos, 1845. No orixinal: mayo , cayo .
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: mayo .
  20. Juan Sobreira Salgado: Papeletas .
  21. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: frio , para os meus dentes .
  22. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: frio .
  23. 23,0 23,1 Refraneiro do vino , 49.
  24. Refraneiro do vino , 23. No orixinal: pantrigo .
  25. Poias son bolos de pan, como tortas pequenas e aplastadas. En Verin pagabase con elas o forneiro.
  26. Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: mayo , mato .
  27. 27,00 27,01 27,02 27,03 27,04 27,05 27,06 27,07 27,08 27,09 27,10 27,11 27,12 27,13 27,14 27,15 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. marzo .
  28. 28,0 28,1 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. dia .
  29. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril . No orixinal: Pascoas .
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. auga .
  31. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pan .
  32. San Xurxo (ou Xorxe ) celebrase o 23 de abril.
  33. 33,0 33,1 33,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. chover .
  34. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. cebada .
  35. Marcial Valladares Nunez (1884). No orixinal: d’abril, henche .
  36. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril . No orixinal: o carro nin o carril .
  37. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. chuvia .
  38. Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define xarapada como chuvieira forte e fria.
  39. Refraneiro do vino , 51.
  40. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. podar .
  41. 41,0 41,1 41,2 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. Entroido .
  42. O libro do porco , 36. Explica que o de Domingo lardeiro lle ven de "lardo", polo moito que se come nese dia.
  43. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. maio .
  44. 44,0 44,1 O libro do porco , 36.
  45. Lino Lema Bouzas, 4.
  46. 46,0 46,1 46,2 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  47. Son as fases da vida do lobo.
  48. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: deixame , mayo , cayo .
  49. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. farina .
  50. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: mayo , matao , de un .
  51. Anibal Otero Alvarez (1977).
  52. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. salmon .
  53. Refirese as sucesivas idades do raposo. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. marzo . No orixinal: i en agosto .
  54. Real Academia Galega, s. v. ' agosto . No orixinal: mayo , ja sayo , San Juan , ja fuxo , ao can , ja pillo , ja son , bon .
  55. 55,0 55,1 55,2 55,3 55,4 55,5 Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. cuco .
  56. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: co’a .
  57. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. espiga .
  58. 58,0 58,1 Elixio Rivas Quintas (1978).
  59. Elixio Rivas Quintas (1978). Rivas Quintas define molineiro como tempo nubrado, no que chove pouco pero persistentemente.
  60. San Xurxo, 23 de abril. A fonte, Esmoris Recaman, describe o leiracho como a un paxaro parecido a rula, de penuxe amarela verduxa e carne moi estimada. Ben pode tratarse do ouriolo .
  61. Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: mayo , ayroso , fay , garvoso .
  62. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. maio .
  63. Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: mayo , San Joan .
  64. Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: Marzo espigarzo, abril pendoril, mayo granado, San Joan segado, Santa Marina a ayrina .
  65. Tamen corre como adivina, tendo como solucion o pan , e dicir, o trigo.
  66. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. semana .
  67. Refirese o horto das sandias.
  68. O libro do porco , 37.
  69. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril , s. v. cuco (no orixinal: cobil ).
  70. Lino Lema Bouzas, 6.
  71. Clodio Gonzalez Perez, 142.
  72. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. queixo .
  73. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. ano .
  74. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. enxame .
  75. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. escacho .
  76. O libro do porco , 38.
  77. San Marcos celebrase o 25 de abril.
  78. Elixio Rivbas Quintas (1978). Por Ourense, as bromas do dia dos inocentes non se celebran o 28 de decembro senon o primeiro de abril (Anton Fraguas, 102).
  79. Lino Lema Bouzas, 7.
  80. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. sardina .
  81. Quere dicir que se en marzo non se aran e se preparan ben as terras, cando chega o momento de sementa-lo millo, en abril, mal se podera facer este labor. Refran recollido en Meis . Fonte: Eugenio Reguera y Pardinas: Traduccion de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al castellano , ed. de J. L. Pensado ( Cadernos de Lingua , RAG, 1995).
  82. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. queixo . No orixinal: sea .
  83. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. salmon .
  84. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. Coresma . Na Voz de Galicia (5.07.1986) reproduceno con erros de transcricion: o sabado, tenen razon .
  85. Refraneiro do vino , 53. No orixinal: sea .
  86. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. pan .
  87. Pregunta o labrego o allo.
  88. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. sardina .
  89. Lino Lema Bouzas, 8.
  90. Sendo san Xurxo o 23 de abril, o refran alude as larpeiradas pascuais, despois da abstinencia da Coresma.
  91. Lino Lema Bouzas, 9. No orixinal: saladas .
  92. Santa Marta celebrase o 29 de xullo; San Lazaro, o domingo anterior a Ramos.
  93. Crese que se non ven o cuco nestes meses habera grandes desgracias. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. marzo .
  94. San Xurxo, 24 de abril.
  95. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. cereixa .
  96. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. sol .
  97. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. abril . No orixinal: folla .
  98. Real Academia Galega, s. v. abril . No orixinal: folla , erro por solla, deixa .
  99. Eladio Rodriguez Gonzalez, s. v. dia . No orixinal: comos .
  100. Juan Sobreira Salgado: Papeletas . No orixinal: Janeyro giadeyro, febreyro escarabanadeyro, marzo amoroso, abril chuvioso, mayo ventoso, San Joan caloroso, que fay o ano formoso .
  101. O libro do porco , 42.
  102. Xaquin Lorenzo Fernandez, 50.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]