한국   대만   중국   일본 
Abel Tasman - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Abel Tasman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAbel Tasman

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal (nl) Abel Janszoon Tasman Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 1603 Editar o valor em Wikidata
Lutjegast (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 10 de outubro de 1659 Editar o valor em Wikidata (55/56 anos)
Iacarta Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Provincias Unidas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballo Navegante e explorador Editar o valor em Wikidata
Ocupacion explorador , navegante Editar o valor em Wikidata
Periodo de actividade 1632 Editar o valor em Wikidata - 1659 Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua inglesa e lingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe valor desconecido
valor desconecido , morte

BNE: XX4681951 WikiTree: Tasman-3
Rutas de Tasman

Abel Janszoon Tasman , nado na vila de Lutjegast , provincia de Groninga en 1603 e finado en 1659 , foi un explorador holandes famoso polas suas viaxes realizadas entre 1642 e 1644, ao servizo da Vereenigde Oostindische Compagnie (VOC - Compania Holandesa das Indias Orientais).

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Foi o primeiro europeo que chegou xunto a sua expedicion a illa de Van Diemen , hoxe conecida como Tasmania , e a Nova Zelandia . Ademais trazou mapas dunha gran parte das costas de Australia . O seu traballo foi investigar o territorio conecido como "Nova Holanda", hoxe Australia, da que os holandeses descubriran a costa oeste e debian determinar se a zona pertencia a Terra Australis . A VOC esperaba que Tasman puidese localizar un novo e inexplorado continente con fins comerciais.

Para facer isto, entre 1642 e 1643, navegou por primeira vez, partindo do porto de Iacarta (antes conecido como Batavia) o 14 de agosto de 1642 , con dous pequenos barcos chamados "Heemskerck" e "Zeehaen" ( galo do mar ), primeiro ata a illa Mauricio (onde permaneceu por dous meses), e logo con rumbo leste, mais alo das latitudes que foran exploradas polos holandeses. Por este camino, pasou de longo o continente australiano, pero, finalmente, o 24 de novembro de 1642 , descubriu a illa de Tasmania , a que chamou "Terra de Van Diemen"; posteriormente os colonizadores britanicos cambiaronlle o nome. Logo de investigar a zona, embarcouse e navegou mais cara ao leste, descubrindo Nova Zelandia , a cal chamou "Staten Landt", coa teoria de que estaba conectada con algunha parte da Illa dos Estados , ao sur da Arxentina . Logo navegou cara ao norte seguindo a costa da Illa Sur , ancorando os seus barcos na baia Golden. Ali atopouse cun grupo de maoris, quen asasinaron a 4 dos seus marineiros; por iso chamou ao lugar "Baia dos asasinos". Saiu da illa e navegou cara ao norte, cruzando o Estreito de Cook que a separaba da Illa Norte . Tasman estaba convencido de que Nova Zelandia era parte da Terra Australis . No seu regreso a Batavia, descubriu o arquipelago de Tonga , o 21 de xaneiro de 1643 .

Na sua segunda viaxe, en 1644, seguiu a costa sur de Nova Guinea , cara ao leste. Atravesou o Estreito de Torres que a separa de Australia e continuou a sua viaxe ao longo das costas australianas. Nesta viaxe trazou un primeiro mapa costeiro desta zona.

Desde o punto de vista da VOC , as exploracions de Tasman foron decepcionantes, xa que non atopara unha area promisoria para o comercio nin unha ruta maritima nova. Por mais dun seculo, ata a era de James Cook , Tasmania e Nova Zelandia, non foron visitadas novamente polos europeos. Australia foi visitada pero xeralmente por accidente.

Abel Tasman faleceu en 1659 en Batavia (hoxe Iacarta), deixando a sua esposa Jannetje e a sua filla Claesgen, do seu primeiro matrimonio.

Honras [ editar | editar a fonte ]

Como moitos outros exploradores, o nome de Tasman foi honrado en moitos lugares. Entre eles: