한국   대만   중국   일본 
Aage Berntsen - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Aage Berntsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAage Berntsen
Biografia
Nacemento 16 de maio de 1885 Editar o valor em Wikidata
Særslev, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte 16 de abril de 1952 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Copenhague, Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residencia Særslev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pais de nacionalidade Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Copenhague Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion esgrimista , pintor , poeta Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportiva Dinamarca Editar o valor em Wikidata
Deporte esgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1920 Xogos Olimpicos de 1920 Editar o valor em Wikidata
Familia
Pai Klaus Berntsen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Irmans Oluf Berntsen (en) Traducir e Anny Christiane Millior Berntsen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 46ed18b7-1507-4c47-902d-743cdaebb68d IMSLP: Category:Berntsen,_Aage Editar o valor em Wikidata

Aage Berntsen , nado en Særslev o 16 de maio de 1885 e finado en Copenhague o 16 de abril de 1952 , foi un medico, pintor, poeta [ 1 ] e tirador de esgrima danes .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Aage Berntsen era o fillo do politico Klaus Berntsen , que anos despois seria primeiro ministro. Aage realizou o bacharalato na Borgerdydskolen en Copenhague, e tras graduarse en 1903 pasou a Universidade de Copenhaguen para estudar medicina ata a sua licenciatura en 1911 . Foi o xefe do servizo de ambulancias danesas en Paris entre 1918 e 1919 , foi axudante de cirurxia no Rigshopitalet de Copenhague (1921-1923) e foi Korps-læge (equivalente a tenente ) do corpo medico do exercito en 1922 . En 1925 leu a sua tese de doutoramento sobre as varices nas pernas , titulada en danes Om Varicer paa Underextremiteterne . A partir de 1927 especializouse en cirurxia, ortopedia e flebectasia . Publicou tamen os manuais medicos Lærebog i Orto­pædi e Ortopædisk Operationslære en 1934 e 1948 respectivamente. [ 1 ]

Vida artistica e deportiva [ editar | editar a fonte ]

Como escritor publicou a sua primeira coleccion de poemas en 1908 co titulo de Digte , seguido en 1910 por Fiol og Sækkepibe e Klinten og Hveden en 1914. Pero o seu poema mais conecido e Fynsk Foraar que forma parte de Den milde Dag er lys og lang [ 2 ] obra coa que Aage ganou unha competicion en 1917 organizada pola Dansk Korforening (Sociedade Coral Danesa) para unha obra relacionada coa historia ou a cultura danesa que habia ser musicada polo compositor Carl Nielsen e que tivo a sua estrea en 1922. En 1923 publicou Ungkarlens Visebog e en 1929 Den kostelige Gave i 1929. [ 3 ] Entre os premios que recibiu estan o Holger Drachmann-legatet en 1941 e a Aarestrup-medaljen en 1950 . [ 4 ]

Como pintor expuxo na Exhibicion de Arte de Autono de Copenhaguen en 1941 . [ 1 ]

Destacado tirador de esgrima, Bernsten pertencia ao Akademisk Fægteklub e participou nos Xogos Olimpicos de 1920 nas tres armas individuais, e tamen en sabre e espada na competicion por equipos, mais non obtivo medalla. [ 5 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 Krak bla bog
  2. Georg Metz (2008). Min danske sang . People'sPress . ISBN   978-87-7055-308-7 .  
  3. "Aage Berntsen, Dansk Biografisk Leksikon" . Gyldendal .  
  4. "Aage Berntsen (1885-1952)" . Litteraturpriser .  
  5. "Aage Berntsen" . Sports-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012 . Consultado o 12 de agosto de 2013 .