한국   대만   중국   일본 
1933 Was a Bad Year - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

1933 Was a Bad Year

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

1933 Was a Bad Year
Autor/a John Fante
Orixe Estados Unidos
Lingua ingles
Xenero(s) Novela , Realismo sucio
Editorial Black Sparrow Press
Data de pub. 1985
Seguido por A irmandade da uva
editar datos en Wikidata  ]

1933 Was a Bad Year e unha novela do italo-americano John Fante , publicada de forma postuma en 1985 . Esta protagonizada por Dominic Molise, alter ego do autor.

Trama [ editar | editar a fonte ]

A obra esta ambientada no inverno de 1933 , durante a Gran Depresion . Dominic Molise e un mozo de 17 anos que vive en Ruper (trasunto literario de Boulder , Colorado ). Vive nunha situacion de pobreza, fillo dun albanel, e esta a piques de rematar o instituto.

Quere converterse en xogador profesional de beisbol , pois lanzador zurdo , e confia cegamente no seu brazo esquerdo. Sona con ir ate California para que o fiche algun equipo grande, pois durante o inverno os campos de xogo estan nevados e non pode xogar. Mais o seu pai quere que traballe con el como albanel, para levar cartos a casa.

Intenta convencer ao seu mellor amigo, Kenny Parrish para iren os dous a California. Entrementres, declaralle o seu amor a irma deste, Dorothy, estudante de psicoloxia . Para conseguir cartos para o autobus pensa en empenar unha formigoneira do seu pai. A sua avoa descobreo e criticao, mais segue adiante, pero ao pasar por diante da tumba do seu avo no camposanto, decide dar media volta. Dille ao seu pai que tina a idea de lle mercar outra maquina, mais este descobre o seu fillo que falsificara a cedula de propiedade.

Logo de lle dar un golpe no nariz, o pai sentese mal, e tras falaren tranquilamente, o pai dille que ha conseguir cartos para que vaia a California. Dalle 25 dolares , a metade do que precisa, e pensa en lle pedir a outra metade ao seu amigo, mais o pai deste dille que non vai permitir que Kenny marche. De regreso a casa descobre que o pai vendera a formigoneira para conseguir os cartos. Sorprendido, Dominic decide recomprala e quedar un ano mais en Ruper.

Estilo [ editar | editar a fonte ]

A obra esta narrada en primeira persoa . A trama desenvolvese en marzo de 1933 ( Franklin D. Roosevelt xa substituira a Herbert Clark Hoover na presidencia dos Estados Unidos de America ) e dura arredor dunha semana. Hai duas analepses : a nai explicalle como casou co pai, e o propio Dominic conta cando coneceu a Dorothy.

A accion desenvolvese en varios espazos da vila, entre eles o propio fogar familiar. Hai referencias espaciais a Torricella Peligna , a vila natal do pai de Fante nos Abruzos , que a avoa bota en falta.

Como noutras novelas de John Fante, entre os temas tratados estan o catolicismo (nun principio a novela ia chamarse The left-handed Virgin , "a Virxe zurda") [ 1 ] e a familia. O personaxe de Molise aparece tamen na novela A irmandade da uva . Se ben nas novelas que tenen por protagonista a Arturo Bandini a figura do pai e mais querida, nas que protagoniza Molise hai maior desapego paterno. Nesta ocasion aparece desenvolvido o papel da avoa paterna, que odia o estilo de vida estadounidense. O beisbol, que tamen aparece na novela Wait until Spring, Bandini , ten grande importancia, e aparecen nomeados equipos e xogadores da epoca, como Joe DiMaggio . Pola contra, en 1933 Was a Bad Year aparece pouco tratada a literatura ; so Dorothy esta interesada, especialmente en James Joyce .

Edicions e adaptacions [ editar | editar a fonte ]

Fante escribiu o libro entre finais da decada de 1950 e comezos da de 1960, mais deixou o libro sen rematar. A sua viuva, Joyce, mandoulle o manuscrito a John Martin , quen o publicou en 1985 na sua editorial Black Sparrow Press .

A obra foi traducida ao italiano por Alessandra Osti como Un anno terribile (1996) e ao castelan por Antonio-Prometeo Moya como Un ano pesimo (2005).

En xaneiro de 2001 estreouse en Denver a obra de teatro 1933 , dirixida por Randal Myler e Brockman Seawell.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Margaretto, E. (2014): John Fante, vidas y obra. Como un soneto sin estrambote . Editorial Alreves. P. 292. ISBN 9788415900559