한국   대만   중국   일본 
.cat - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

.cat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
.cat
Ano de creacion 2005
En servizo desde 2006
Tipo dominio patrocinado
Estado activo
Rexistrador Fundacion PuntCat
Patrocinador Fundacion PuntCat
Finalidade Webs de Cataluna
Pais Cataluna , Espana
Web domini.cat
editar datos en Wikidata  ]

O dominio .cat e un dominio de Internet de primeiro nivel xenerico que forma parte do sistema de dominios de Internet patrocinados ( sponsored TLD en ingles ) para a lingua catala e a sua cultura. Foi aprobado oficialmente o 15 de setembro do 2005 pola ICANN . Esta xestionado pola Fundacion puntCat .

O dominio .cat e o primeiro que se concede a unha comunidade linguistica. Os criterios para que un sitio web tena o dominio .cat son que estean en catalan ou que estea relacionada coa cultura catala. A ICANN prohibiu expresamente que se utilice o dominio .cat para paxinas de gatos ( cat en ingles), a non ser que estean en catalan ou tena que ver coa cultura catala.

O alfabeto catalan nos nomes de dominio [ editar | editar a fonte ]

Desde o seu inicio, o dominio .cat pon en funcionamento a especificacion IDN ( Internationalized Domain Names , nomes de dominio internacionalizados), permitindo a utilizacion de caracteres de linguas diferentes ao ingles. Deste xeito, os nomes de dominios .cat poden levar calquera caracter do alfabeto catalan, a excepcion do apostrofo. Isto inclue nomes de dominio con tiles , o punto medio , a dierese ou a cedilla . O dominio .cat e un dos primeiros dominios en poner en funcionamento IDN, xunto co de Chile ( .cl ).

Rexistro progresivo [ editar | editar a fonte ]

O dominio .cat tivo un calendario de rexistro en tres fases:

  • A primeira fase de rexistro abriuse o 13 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril . Esta fase estivo restrinxida as entidades que tivesen unha especial vocacion coa promocion da lingua e a cultura catalas.
  • A segunda fase de rexistro aberta a todo o mundo, empezou o 20 de febreiro de 2006 e durou ata o 21 de abril . Reservouse a entidades de todo tipos con presenza en catalan en Internet.
  • A terceira fase , comezou o 27 de febreiro ata o 21 de abril de 2006 , en paralelo a segunda, e reservouse as mais de 68 000 persoas, entidades e empresas que se achegaron a campana de apoio a candidatura do .cat.

Historia [ editar | editar a fonte ]

En 1996 creouse a Asociacion en Defensa do Dominio .ct ( ADD.CT ). Esta peticion implicaba a homologacion do codigo territorial de duas letras para Cataluna na norma ISO 3166-1 . Aprobouse unha proposicion non de lei no Parlamento de Cataluna que instaba a Generalitat de Cataluna a lograr esta homologacion. En 2001 creouse a Asociacion puntCAT, na cal participa ADD.CT, para conseguir un dominio, agora de tres letras e referido a comunidade linguistica e cultural de lingua catala, aproveitando as posibilidades dos novos dominios patrocinados . O 16 de marzo de 2004 a Asociacion puntCAT presentou a candidatura do dominio .cat ante a ICANN. A candidatura recibiu o apoio de 68 000 persoas, empresas e entidades, numero nunca logrado por outra candidatura.

O 15 de setembro de 2005 o dominio foi aprobado oficialmente.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]