한국   대만   중국   일본 
Optica - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Optica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A optica (do latin medieval opticus, relativo a vision , e do grego clasico ?πτικ?? , optikos ) e unha rama da fisica que describe o comportamento e propiedades da luz e a interaccion desta coa materia , asi como a construcion de instrumentos que se serven dela ou a detectan . [ 1 ] Asi, a optica procura explicar, e proporcionar o xeito adecuado de dominar os fenomenos nos que interven a luz ou fenomenos opticos .

O campo da optica abrangue usualmente a descricion do comportamento da luz visible , infravermella e ultravioleta ; poren, como a luz e unha onda electromagnetica , fenomenos analogos suceden nos raios X , microondas , radioondas e outras formas de radiacion electromagnetica . A optica pode contemplarse como un subcampo do electromagnetismo . Algun fenomeno optico depende da natureza cuantica da luz e algunhas areas da optica estan tamen relacionadas coa mecanica cuantica .

A optica e moitas veces considerada moi separada doutras partes da fisica. Ten a sua propia identidade. Os aspectos puramente cientificos son con frecuencia chamados Ciencia Optica ou Optica Fisica.

A optica aplicada e a miudo chamada Enxenaria Optica. Incluso aplicacions desta enxenaria como as relacionadas cos sistemas de iluminacion son chamadas enxenaria luminica, e o mesmo ocorre coa vision artificial e moitos outros campos. Cada unha destas disciplinas tende a ser abondo diferente nas suas aplicacions, condicions tecnicas, focalizacion e afiliacion profesional.

Pola sua ampla aplicacion como ciencia da luz nas aplicacions do mundo real, a area da optica tende a ser interdisciplinar e transversal a outras disciplinas, afectando de xeito moi importante partes non so da fisica e a tecnoloxia, senon tamen da psicoloxia, a medicina etc.

Optica clasica [ editar | editar a fonte ]

A optica clasica comprende por unha banda a optica xeometrica, as veces chamada optica de raios que e a rama da optica que describe a propagacion da luz en termos de raios; e por outra banda a optica ondulatoria que considera a luz como unha onda a se propagar.

  • Na optica xeometrica, os raios son desviados na interfase (ou fronteira) entre dous medios homoxeneos diferentes; poden ser curvados nun medio heteroxeneo no que o indice de refraccion e funcion da posicion. A luz segue traxectorias entre dous puntos dados que minimizan o tempo empregado, en cumprimento do principio de Fermat , asi a caracteristica do medio que afecta a propagacion e a velocidade da luz no mesmo (e dicir, o indice de refraccion ). Coa optica xeometrica podense abordar problemas habituais de instrumentacion optica relacionados coa obtencion da imaxe.
  • Na optica ondulatoria, a luz componse de ondas esfericas procedentes de fontes puntuais que en conxunto conforman unha fronte de ondas. A grandes distancias da fonte esta fronte podese considerar plana. Esta aproximacion a propagacion da luz permite explicar fenomenos opticos como a difraccion , a interferencia , a cor etc.

A conexion entre ambas perspectivas atopase no feito de que o raio da optica xeometrica e perpendicular a fronte de onda considerada na Optica fisica ou Optica Ondulatoria .

Optica moderna [ editar | editar a fonte ]

Optica moderna e un termo usado para describir as areas da ciencia optica e a enxenaria que acadaron popularidade no seculo XX. Estas areas da optica refirense de xeito directo a propiedades electromagneticas ou cuanticas da luz, mais incluen outros temas.

Principais campos de investigacion e aplicacion [ editar | editar a fonte ]

A continuacion oferecese unha lista cos principais campos de actividade en optica na actualidade. Alguns deles son realmente subcampos doutros, pero cunha relevancia propia importante.

En xeral, podese atopar a investigacion e desenvolvemento en optica como parte de case todos os campos da I+D tecnoloxica. E moi raro atopar calquera tipo de instrumento industrial complexo que non leve algun tipo de tecnoloxia optica suceptibel de ser mellorado.

Optica diaria [ editar | editar a fonte ]

A Optica e parte da vida diaria tamen e principalmente na natureza. O Arco da vella , os espellismos ou o raio verde son exemplos de fenomenos opticos .

Artigo principal : Optica atmosferica .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. McGraw-Hill Encyclopedia of Science and Technology (5ª ed.). McGraw-Hill. 1993.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]