Anodo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O anodo e un electrodo no que se produce unha reaccion de oxidacion , mediante a cal un material, ao perder electrons , incrementa o seu estado de oxidacion .

Etimoloxia [ editar | editar a fonte ]

Michael Faraday (na serie VII das Experimental Researches in Electricity ) utilizou por primeira vez o termo, co significado de "camino ascendente" ou "de entrada" [do grego αν? (ana): cara a arriba, e οδ?? (odos): camino], pero referido exclusivamente ao electrolito dunha cela electroquimica . A sua vinculacion ao polo positivo do correspondente xerador implica o transito da corrente electrica polo circuito exterior dende o polo positivo ata o negativo; e dicir, transportada por cargas positivas.

A polaridade do anodo, positiva ou negativa, depende do tipo de dispositivo e, as veces, do modo como opera, pois se establece segundo a direccion da corrente electrica, atendendo a definicion universal deste fenomeno.

Pareceria loxico definir o sentido da corrente electrica como o sentido do movemento das cargas ceibes. Poren, se o condutor non e metalico, tamen hai cargas positivas en movemento polo condutor externo (o electrolito da cela), e calquera que sexa o sentido conveniente existirian cargas movendose en sentidos opostos. Polo tanto adoptase o convenio de que a sua definicion do sentido da corrente sexa "o percorrido polas cargas positivas ( cations ), e que en consecuencia e do positivo ao negativo: anodo → catodo .

No caso de valvulas termoionicas , fontes electricas , pilas etcetera, o anodo e o electrodo ou terminal de maior potencial. Nunha reaccion redox corresponde ao elemento que se oxidara.

Valvulas termoionicas [ editar | editar a fonte ]

O anodo das valvulas termoionicas recibe a maior parte dos electrons emitidos polo catodo. Cando se trata de tubos amplificadores ( triodos , tetrodos ou pentodos ) e sobre todo se son valvulas de potencia, este electrodo xera a calor que ocorre no tubo, a cal debe disiparse. Para iso existen dous procedementos, segundo os casos de:

  • Gran potencia. O anodo acoplase termicamente a un disipador no exterior da valvula , que se refrixera mediante a circulacion de aire, vapor, aceite etcetera.
  • Menor potencia. Neste caso os anodos son grandes, cunha ampla superficie cara ao exterior, de modo que disipan por radiacion .

A orixe desta calor esta na enerxia que adquiren os electrons ao seren sometidos a diferenza de tension entre ambos os electrodos. Ao impactaren contra o anodo cedenlle a este a sua enerxia, que se disipa por calor.

Anodos especiais [ editar | editar a fonte ]

Certas valvulas contenen anodos epeciais, como no caso dos tubos de raios X (tubo Rontgen ). Os raios X xeranse ao incidiren electrons de grande enerxia contra os atomos do anodo, comunmente de volframio ou de molibdeno . A enerxia destes electrons, ademais de emitirse en forma de raios X, quenta enormemente o anodo. Por iso esta provido de disipadores, por aire ou por auga. Adoitan ser rotatorios, cun motor que os impulsa para repartir a incidencia dos electrons por unha superficie vasta.

Nos tubos de raios catodicos o anodo envolve a pantalla. Esta conetado a ela por unha fina capa de aluminio depositada sobre o tubo. O anodo dos magnetrons adoita adoptar forma de cavidades resoantes a frecuencia de funcionamento .

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]