한국   대만   중국   일본 
+44 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

+44

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
+44
Orixe Os Anxeles , California ,
Periodo 2005 - 2009
Xenero(s) pop punk , rock alternativo , rock electronico
Selo(s) discografico(s) Interscope Records , Polydor Records
Membros Mark Hoppus
Travis Barker
Shane Gallagher
Craig Fairbaugh
Carol Heller
Artistas relacionados Blink-182 , Mercy Killers
Na rede
plusfortyfour.com
MySpace: plus44 Spotify: 7gkRNHOOt7QfhhXf0rEnmj Musicbrainz: c2a44e93-3a2b-44aa-bd8b-7a71bb76e3b5 Songkick: 278424 Discogs: 640496 Allmusic: mn0000484990 Deezer: 9141 Editar o valor em Wikidata

+44 ("Plus Forty Four") foi unha banda de pop punk formada polos antigos membros de blink-182 Mark Hoppus (voz e baixo) e Travis Barker (bateria, percusion e teclados). A banda completabase co antigo guitarrista de xira dos Transplants , Craig Fairbaugh, e o guitarrista de The Nervous Return, Shane Gallagher.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Formacion [ editar | editar a fonte ]

Orixinalmente +44 ia ser so un proxecto paralelo de Blink-182 cando Mark e Travis falaron sobre el na sua xira europea de finais do ano 2004 , pero enton notaron que Tom DeLonge actuaba de xeito distante e estaba perdendo interese con respecto a banda. Os feitos ocorridos en febreiro do 2005 fixeron que +44 se convertese no foco principal de Mark e Travis en vez dun proxecto paralelo. O proxecto tina elementos non habituais nos traballos de Blink-182 , como baterias electronicas, teclados e gravacions computarizadas. Barker comentou posteriormente que os elementos electronicos da banda derivaron de "155", o primeiro tema que el e Hoppus escribiron como banda.

Mentres o traballo continuaba con demos, a vocalista de Get the Girl Carol Heller foi convidado por Hoppus e Barker a unha audicion da sua voz. A actuacion de Heller foi o suficientemente boa para a banda e como resultado os tres seguiron traballando xuntos en mais cancions. A formacion cambiou novamente a principios do 2006 , coa entrada do guitarrista Shane Gallagher.

Co obxectivo de avanzar coas demos, Barker e Hoppus conseguiron un estudio. A banda comezou enton a traballar nel ensaiando como unha banda normal.

O son do grupo ten un toque electronico que co tempo se fixo menos evidente, pero que ainda permanece como un sinal de identidade. Debido a isto, Heller atopou que non era compatible coa direccion da banda e, xunto co seu desexo de formar unha familia, deixou a banda. O traballo de voces de Heller esta ainda presente nos temas "Make You Smile", "Weatherman", e nas primeiras mesturas de "No, It Isn't". Despois diso, Hoppus, Barker e Gallagher buscaron un novo corista e o guitarrista Craig Fairbaugh de Mercy Killers uniuse a banda.

When Your Heart Stops Beating [ editar | editar a fonte ]

A medida que se achegaba a data de edicion proxectada, comezaron a circular rumores sobre o titulo do album. Nun principio pensouse que se chamaria Little Death e apareceu asi na revista AP. Posteriormente revelouse que ese seria un dos temas incluidos. Hoppus finalmente decidiuse por When Your Heart Stops Beating . A cancion "Lycanthrope" lanzouse na paxina web de +44 a principios de setembro do 2006 .

Mais tarde, nese mesmo mes, a emisora KROQ-FM anunciou o titulo dos temas do album. A banda realizou o seu primeiro concerto o 7 de setembro do 2006 no Roxy Theatre en Hollywood; esa foi a primeira actuacion que facia Hoppus en dous anos. O seguinte concerto foi no Reino Unido, no London Astoria. Ambos os concertos provocaron unha reaccion moi boa dos fans, tendo en conta que ata ese momneto so se escoitara o tema "When Your Heart Stops Beating" .

O album editariase o 11 de novembro en Australia, o dia 13 en Europa e o 14 en Norteamerica.

Durante a rodaxe do video para "When Your Heart Stops Beating", Travis Barker feriuse nun brazo. A lesion descubriuna semanas mais tarde, despois da xira europea de promocion. Isto obrigono a non poder tocar nas xiras por Australia e Europa que virian a contunuacion. Gil Sharone substituiriao neses concertos.

+44 enton versionou o tema de The Smashing Pumpkins "I Am One" para un trubuto en MySpace para a banda de Chicago , e tamen participou no EP iTunes Foreign Exchange . Para este versionaron o tema de Wir sind Helden "Guten Tag" traducido ao ingles e Wir sind Helden versionou o seu tema "When Your Heart Stops Beating" en aleman, titulado "Wenn Dein Herz zu Schlagen Aufhort".

No ano 2007 +44 sumouse a Honda Civic Tour xunto con Fall Out Boy , The Academy Is... , Paul Wall e Cobra Starship . Durante a xira gravaronse eles mesmos tocando para o videoclip do seu seguinte sinxelo, "155". Nesa xira comezaron a versionar os temas de blinl-182 "Dammit", "The Rock Show" e "What's My Age Again?".

Cancelacion do segundo album de estudio e parentese [ editar | editar a fonte ]

O 23 de outubro do 2007 Hoppus anunciou que +44 asinara un contrato coa Interscope para comezar a gravar o segundo album da banda. O 9 de abril dixo que o atraso do traballo se debia a falta de financiamento do selo, e o 25 de maio anunciaria que o album estaba en preproducion. Considerouse a posibilidade de editar os temas na sua web, pero o selo poderia interpor unha demanda por ese feito.

O 15 de setembro do 2008 Hoppus fixo publico un video seu tocando un tema novo e o 18 de setembro Chris Holmes fixo o mesmo cun segundo video na sua paxina de YouTube de Hoppus tocando outra cancion.

O 19 de setembro Travis Barker resultou ferido nun accidente aereo en Columbia, Carolina do Sur , do que se recuperou completamente.

Nunha entrevista na MTV o 19 de xaneiro de 2009 , Hoppus afirmou estar traballando nun album en solitario. Durante a entrevista nin confirmou nin negou que +44 se separase. O 8 de febreiro anunciouse que a antiga banda de Hoppus e Barker, Blink-182 se reformara.

En varias entrevistas concedidas entre febreiro e marzo do 2009 Hoppus afirmou que fora unha boa experiencia tocar cos seus companeiros de +44, pero que a partir de enton centraria todos os seus esforzosn en blink-182.

Discografia [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]