Touro de Osborne preto de
Las Cabezas de San Juan
(
provincia de Sevilla
).
O
touro de Osborne
e un reclamo
publicitario
do
brandy
de
Xerez
Veterano
, en forma de silueta dun
touro de lida
. Tenen un tamano duns 14 metros de altura e estan situadas en outeiros a caron das
estradas
de
Espana
.
Ainda que a funcion inicial era publicitaria, co paso do tempo e o arraigo cultural foi mudando, traspasando os limites da marca comercial da empresa, nun simbolo cultural de Espana
[
1
]
[
2
]
. Existen reclamos similares, pero co nome do brandy Magno impreso sobre eles, nas estradas de
Mexico
[
3
]
. En
2011
colocouse o primeiro touro de Osborne en terras africanas, na cidade de
Melilla
, visible desde
Marrocos
[
4
]
.
En
1956
a axencia Azor Publicidad realiza, por encargo do Grupo Osborne, o deseno dun simbolo que servise para representar o brandy
Veterano
en vallas publicitarias de estrada. O artista
Manolo Prieto
, director da axencia, foi quen propuxo a figura do touro bravo
[
5
]
. Os primeiros carteis comezaron a colocarse en novembro de 1958. Estaban fabricados en
madeira
e median 4 metros de altura. Tinan os cornos pintados de branco e un rotulo que anunciaba a bebida. En
1961
os carteis comezaron a construirse en
metal
, xa que as condicions
meteoroloxicas
adversas danaban os de madeira. O seu tamano aumentou ate os 7 metros. En
1962
o seu tamano pasou aos 14 metros de altura, logo dun cambio na normativa dos carteis publicitarios de estrada.
En xullo de
1988
a Ley Xeral de Estradas obrigaba a retirar a publicidade de calquera lugar visible desde as estradas estatais. Poren, os touros de Osborne mantiveronse. En setembro de
1994
publicouse o Regulamento Xeral de Estradas, que ordenaba retirar estes reclamos. Varias
comunidades autonomas
, numerosos municipios, asociacions culturais, artistas, politicos e xornalistas pronunciaronse a favor do mantemento dos reclamos. A
Xunta de Andalucia
pediu a sua catalogacion como Ben Cultural e a
Comunidade Foral de Navarra
amparouse nunha Lei Foral para manter o touro existente no seu territorio. Nese mesmo ano foi declarado polo
Congreso dos Deputados
≪patrimonio cultural e artistico dos pobos de Espana≫.
[
2
]
. Isto provocou que en decembro de
1997
o
Tribunal Supremo
ditase sentenza a favor do mantemento dos touros de Osborne. Asi, desde
1998
o touro de Osborne deixou de ser un simbolo estritamente comercial.
Esta considerado un simbolo asociado ao
nacionalismo espanol
e a identidade de Espana, e recibe boicot por parte de movementos
nacionalistas
. Asi, o unico touro existente en
Cataluna
foi derrubado en numerosas ocasions
[
6
]
. En
2008
o touro existente en
Abavides
(
Trasmiras
) foi pintado de laranxa nunha accion contra a simboloxia espanola
[
7
]
.
Un dos cinco touros de Osborne de Galicia.
Numero de touros de Osborne por provincias.
En 2011 existian 91 touros de Osborne. Existe unha concentracion arredor do Marco de Xerez, nas provincias de
Cadiz
e
Sevilla
. O resto estan dispersados de forma non sistematica: asi, mentres que algunhas comunidades autonomas carecen deles (
Cantabria
,
Cataluna
,
Ceuta
e a
Rexion de Murcia
) ou tenen exclusivamente un (
Baleares
,
Canarias
,
Melilla
,
Navarra
e
Pais Vasco
), existen outras pequenas concentracions en torno a
Asturias
,
Zaragoza
ou
Alacant
.
En Galicia existen cinco touros de Osborne, situados en
Abavides
(
Trasmiras
) a caron da
N-525
e da
A-52
;
Feas
(
Aranga
) a caron da
N-VI
;
Petan
(
A Caniza
) xunto a
N-120
;
Ponte Sampaio
(
Pontevedra
) pegado a
N-550
; e
Cadoalla
(
Becerrea
) a caron da
N-VI
e da
A-6
.
A imaxe do touro de Osborne adoita aparecer noutros ambitos a marxe do publicitario: aparece en adhesivo en coches, en recordos de viaxe (camisetas, gorras, chaveiros, cinceiros, postais...). En ocasions aparece sobreimpreso na
bandeira espanola
a modo de
escudo
, e e portado por seareiros en eventos deportivos.
Propiedade industrial e intelectual
[
editar
|
editar a fonte
]
Dado que e un
logotipo
comercial, ningunha empresa allea ao Grupo Osborne pode reproducir a imaxe do touro sen unha autorizacion. En setembro de
2005
unha xuiz penal de Sevilla absolveu varios comerciantes acusados do seu uso ilegal en artigos de agasallo destinados a
persoas que ven na figura do touro un simbolo nacional e non a marca concreta dunha empresa
. Poren, a Audiencia Provincial de Sevilla revogou a primeira sentenza en xaneiro de 2006, condenando aos comerciantes, aclarando que a carga cultural e simbolica que o touro de Osborne indubidablemente ten, non podia implicar un desapoderamento dos
dereitos de autoria
sobre a imaxe.
- ↑
Rivera, J., Molero, V., Rivera Camino, J., Arellano Cueva, R. e Molero Ayala, V. C. (2009):
Conducta del consumidor: Estrategias y politicas aplicadas al marketing
. ESIC Editorial.
ISBN 9788473565936
(en
castelan
)
.
- ↑
2,0
2,1
Gran Enciclopedia de Espana
Enciclopedia de Espana, S.A. Zaragoza, 1990. 84-87544-01-0 (obra completa)
(en
castelan
)
.
- ↑
"El Toro de Osborne, de icono publicitario a simbolo de la Espana cani
, artigo en
El Mundo
, 23 de xaneiro de 2007
(en
castelan
)
.
- ↑
"El toro de Osborne cruza el charco para instalarse en Melilla"
, artigo en
El Mundo
, 7 de febreiro de 2011
(en
castelan
)
.
- ↑
Eguizabal, R. (2010): '
Industrias de la conciencia: Una historia social de la publicidad en Espana (1975-2009)
. Ediciones Peninsula.
ISBN 9788483079140
(en
castelan
)
.
- ↑
"Derribado el unico toro de Osborne que queda en Cataluna"
, noticia en
El Mundo
, 13 de outubro de 2002
(en
castelan
)
.
- ↑
"Pintam de laranja touro de osborne de Abavides"
, artigo na web de
AGAL
, 22 de xaneiro de 2008.