Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo (ou seccion) esta desactualizado(a).
A informacion fornecida mudou ou e insuficiente.
|
Scrubs
e unha
serie de television
estadounidense
que comezou a emitirse o
2 de outubro
de
2001
pola
NBC
.
Creada por
Bill Lawrence
. a serie centrase na vida de varios empregado do hospital docente Sacred Heart, co doutor "J.D." Dorian como o protagonista principal, un neno grande que posue a particularidade de perderse nos seus pensamentos, retransmitidos pola sua voz interior, e de imaxinarse escenas inspiradas na realidade que se representan na pantalla, por veces no medio dunha discusion cos outros personaxes, que frecuentemente son lareteiros, brincadeiros; os dialogos son de ritmo rapido e surrealista. Durante a setima tempada, NBC anunciou que non renovaria o programa pero ABC mercou os dereitos e o
6 de xaneiro
de
2009
comezou a oitava tempada en
ABC
producida por
ABC Studios
.
Cada episodio estruturase arredor de historias tematicamente ligadas pola voz en off de J.D., que fai de narrador. Pese a que a serie e esencialmente comica, os episodios tenen pasaxes serias con temas como a enfermidade, a morte, o amor ou a amizade. No final da maioria dos episodios, J.D. resume a moral filosofica ou o tema do episodio.
O ultimo capitulo da oitava temporada, chamado
My Finale
, foi emitido o
6 de maio
de
2009
pola cadea
ABC
, e como confirmou Zach Braff (o protagonista) no seu MySpace
[
1
]
, habera unha novena tempada, mais xa con outros actores. El participara nos primeiros episodios para enlazar a historia, a igual que Sarah Chalke, e logo deixaran paso aos novos personaxes.
- Dr. John (J.D.) Dorian
(
Zach Braff
). Medico interno do hospital do
Sacred Heart
. "J.D." e o narrador dos episodios da serie. Ven sendo o mellor amigo de Turk, ao cal conece dende o instituto, co que leva unha relacion bastante sincera mais pueril, polos seus xogos particulares. Ten o habito de sonar esperto, imaxinandose situacions pouco realistas e moi histrionicas. A pesar dalguns defectos e de ser moi inseguro, e un doutor bastante competente e que lle gusta o seu traballo. Ten numerosos amorios, pero o mais destacabel e o que ten coa sua companeira Elliot, coa que mantivo unha relacion amorosa con moitos altibaixos. Acaba tendo un fillo coa
urologa
Kim Briggs, chamado Sam, na honra de seu pai, falecido. Posua unha nula cultura deportiva, ama o seu cabelo, o seu cu e os
appletinis
(un trago pouco masculino).
- Dra. Elliot Reid
(
Sarah Chalke
). Medica interna do hospital especializada en
endocrinoloxia
. Amiga intima de J.D. co cal tivo numerosas relacions ao longo da serie. Naceu en
Connecticut
, onde seu padre foi un importante xefe de medicina. E unha persoa algo hiperquinetica e con defectos: ten ataques de panico, e
claustrofobica
, ten
fobia
aos xermes e fobia as fobias, ainda que tamen e unha boa doutora. Levase ben cos demais medicos e con Carla, as cales son boas amigas, ainda que ao principio a relacion era dificil.
- Dr. Christopher "Turk" Duncan Turk
(
Donald Faison
). Un dos medicos cirurxians do hospital, que na oitava temporada e ascendido a xefe de cirurxia. E o mellor amigo de "J.D." dende o instituto, levando unha relacion dunha "adorabel parella gay interracial" (un chiste da serie). De natureza competitiva, sempre se obstina en ganar. Casa con Carla, coa cal ten unha nena (Izzy) e que esperan outro (oitava temporada). E un excelente bailarin e moi deportista, sae moitas veces xogando ao
baloncesto
nas aforas do hospital. Padece
diabetes
do tipo 2 e perdeu un testiculo debido a un golpe que lle deu sua filla, o que e motivo de constante mofa de "J.D.".
- Carla Espinosa Turk
(
Judy Reyes
). Enfermeira orixinaria da Republica Dominicana. Casa con Turk, con quen tivo un longo noivado ate que acabaron casando no final da terceira tempada. E amiga de J.D., a quen protexe e defende cando o Dr. Cox o molesta sen razon ningunha, e de Elliot, a pesar que nun principio a sua relacion non era moi boa. Tende a dicirlle as persoas os seus defectos e a darlles consellos sen que llos pidan. Non acepta de bo grado que lle fagan bromas, polo que ante estas adoita reaccionar esaxeradamente.
- Dr. Percival Ulysses "Perry" Cox
(
John C. McGinley
). Xefe de persoal do hospital, logo que o Dr. Robert Kelso deixara o cargo por retiro. Foi o xefe de medicina interna do hospital, tendo a cargo aos novos internos que chegaban a este. Foi asi como "J.D." viu nel un mentor, a pesar que Cox lle mostra sempre claramente o desagrado cara a sua persoa. E un medico orgulloso e bastante directo coa xente, e moi intelixente. A pesar do seu duro caracter, trata ben aos seus pacientes, mais ten sempre discusions cos seus superiores. Esta separado de Jordan Sullivan (coa que ten dous fillos), mais coa que leva unha estrana relacion amorosa que se basea en rivalidades e burlas.
- Dr. Robert "Bob" Kelso
(
Ken Jenkins
). Foi o xefe de persoal do
Sacred Heart
ate que se retirou na setima temporada porque Elliot, ao intentar festexarlle o seu aniversario numero 60 desvelou a sua verdadeira idade ao consello (cousa que mantina en segredo), e foi despedido por iso. E un home cruel, que aprecia maiormente o benestar economico do hospital por riba da saude dos seus pacientes, agas en casos de xente proxima a el. Traballaba moito con Ted, o avogado do nosocomio, ao cal humillaba constante. Ganouse unha racion vitalicia de panecillos, polo que visita regularmente o comedor do hospital. Esta casado cunha muller que el mesmo describe como
obesa morbida
e
neurotica
e ten un fillo
heavy
gay
.
- O celador
(
Neil Flynn
). E un dos conserxes do hospital, pero e o que mais aparece na serie. Debido a un incidente no primeiro dia como medico interno de J.D., ambos levan unha eterna rivalidade, onde o conserxe lle fai a vida imposibel a Dorian a base de bromas. Malia a sua mala relacion con J.D., levase moi ben con Elliot, da cal namorou durante un tempo. E un home moi raro e sabese moi pouco del: embalsama animais, fala arredor de 4 idiomas, unha vez deu a entender que actuara na pelicula
"O fuxitivo"
como policia. No ultimo capitulo da serie confesalle a Dorian o seu verdadeiro nome, Glenn Matthews, ainda que logo se refiren a el como "Tommy", ficando asi a incerteza de cal seria o seu nome real.
- Gary Busey
como el mesmo
- David Copperfield
como el mesmo (temporada 2, capitulo 9)
- Carrot Top
como el mesmo (temporada 3, capitulo 9)
- Colin Farrell
como Billy Callahan (temporada 4, capitulo 14)
- Michael J. Fox
como o doutor Kevin Casey (temporada 3, capitulos 16 e 17)
- Jaimie Foxx
como o irman de Turk
- Brendan Fraser
como Ben Sullivan (temporada 1, capitulos 22 e 23; temporada 3, capitulo 13)
- Heather Graham
como a doutora Molly Clock (temporada 4, capitulos 1-8 e 19)
- Heather Locklear
como Julie Keaton (temporada 2, capitulos 7 e 8)
- Mandy Moore
como Julie Quinn
- Matthew Perry
como Murray Marks (temporada 4, capitulo 11)
- Tara Reid
como Danni Sullivan (temporada 3, capitulos 7,8,9,10,11,13,19 e 20. temporada 4 capitulo 16)
- John Ritter
como Sam Dorian, pai de J.D. (temporada 1, capitulo 19)
- Dick Van Dyke
como Dr. Townshend (temporada 2, capitulo 14)
- Billy Dee Williams
como o padrino de July (temporada 5, capitulo 10)
- Bill Lawrence
(creador e produtor executivo da serie) como un xuiz de paz (temporada 8, capitulo 15) e como conserxe (temporada 8, capitulo 18)
- Courteney Cox
como a xefa de medicina na temporada 8.