Jose Moreno Torres
,
Comandante Moreno
, nado na
Coruna
o
4 de marzo
de
1904
e finado en
1937
, foi un
sindicalista
e militar galego.
Naceu no barrio corunes de Viono, fillo do militante anarquista
Jose Moreno Bello
, fundador da
Union Campesina
. Comezou a sua militancia anarquista na emigracion en
Nova York
, en contacto coa colonia anarquista galega. Traballou na fabrica Singer. Coa proclamacion da
II Republica
, volveu da emigracion e comezou a militar na
CNT
galega, participando en mitins e ocupando cargos como o de secretario da Federacion Local Obrera da Coruna, membro do Comite Regional da organizacion, e director de
Solidaridad Obrera
. Panadeiro de oficio, foi un dos creadores da Federacion Regional de Industria del Ramo de la Alimentacion de la CNT. A partir de
1932
integrouse na faccion mais radical da CNT, responsable de varios intentos insurreccionais en 1933. Representou a sindicatos coruneses no Congreso de Zaragoza da CNT en maio de 1936.
Monumento en
Oza
os ocupantes da embarcacion "La Libertaria", obra de
Jorge Pastor
.
Co
golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
participou nos intentos de resistencia na Coruna, falou no mitin da praza de touros para organizar a resistencia e encabezou unha comision que se dirixiu ao Goberno Civil para pedir que os cuarteis foran asaltados antes de que os militares sairan as ruas. Cando A Coruna caeu nas mans dos sublevados escondeuse nos arredores, intentando coordinar os grupos de militantes dispersos que non foran capturados. Grazas a este traballo, en colaboracion cos militantes do Sindicato El Despertar Maritimo, logrou fuxir da Coruna a principios de xaneiro de
1937
, na
embarcacion La Libertaria
, coa que chegaron ao porto de
Xixon
o
7 de xaneiro
de
1937
.
En
Asturias
asumiu postos de responsabilidade a fronte dos anarquistas galegos, participando na fundacion da Agrupacion Confederal Galaica. En febreiro de 1937 ingresou no
Batallon Galicia
co rango de Tenente, e ascendeu posteriormente a Comandante, en substitucion de
Jose Penido
, en xullo de 1937. Foi ferido nun pe na ofensiva de febreiro de 1937.
Despois escapou cara Galicia cun grupo de dezaseis anarquistas do Batallon Galicia. A noite do 29 ao
30 de outubro
de 1937 chegaron ao porto do Acevo, nos limites de Asturias e Galicia. Ali fixeron noite en dous grupos en duas tabernas. O grupo de nove que durmia na taberna mais internada en Galicia foi sorprendido por falanxistas e gardas civis da zona, que os capturaron e executaron sumariamente. O outro grupo, alertado polos disparos, non foi sorprendido; enfrontaronse aos atacantes e mataron a un falanxista a unha da madrugada do dia 30 de outubro. Despois dun breve tiroteo, Moreno e o resto de componentes deste grupo escaparon pola parte posterior da casa e internaronse no monte.
Jose Moreno e outro dos membros do grupo retrocederon cara Asturias, refuxiandose dias despois nunha casa en Monteserin Pequeno, no concejo de
Grandas de Salime
. Ali foron capturados por falanxistas e gardas civis. Moreno foi conducido a taberna de Carolo da que escaparan, onde estivo detido ata a sua execucion. Desconecese a data exacta do seu asasinato, pero sabese que outros catro milicianos do Batallon Galicia, foron detidos e executados o domingo
31 de outubro
de 1937. Eran canteiros orixinarios de
Forcarei
, e un deles, Manuel Bugallo Lois, sobreviviu ata o 4 de novembro, cando foi enterrado no cemiterio da
Fonsagrada
.
-
Xulio Ferreiro
, alcalde da Coruna, na homenaxe os soldados de "La Libertaria".
-