Alexandre Campos Ramirez
, conecido como
Alexandre de Fisterra
, nado en
Fisterra
o
6 de maio
de
1919
e finado en
Zamora
o
9 de febreiro
de
2007
[
1
]
, foi un editor, escritor, inventor,
republicano
e
testamenteiro
de
Leon Felipe
. Foi o inventor do
futbolin
, version do futbol de mesa.
Alexandre foi un dos dez fillos de Manuel Campos Pedreira (
A Coruna
, 1882 -
Rio de Xaneiro
, 1977),
radiotelegrafista
de
Fisterra
, e de Josefa Francisca Ramirez Barreiro (nada na
Coruna
no 1885). Viviu nesa vila da
Costa da Morte
ata os cinco anos, para se trasladar despois a
Coruna
. Aos quince anos marchou estudar o bacharelato a
Madrid
.
Unha vez ali, a zapataria do seu pai quedou arruinada, polo que, ao non poder pagar o colexio privado no que estudaba, o director puxoo a corrixir os deberes dos parvulos pagando asi a matricula. Tamen traballou na construcion como peon de albanel, como bailarin de
claque
e despois nunha imprenta. Ademais foi nesta cidade onde coneceu a Leon Felipe (do que seria testamenteiro), que xunto con
Rafael Sanchez Ortega
, editaron o xornal
Paso a la juventud
para vendelo pola rua.
En novembro de
1936
quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a
Guerra civil espanola
. Primeiro levarono a
Valencia
pero como as suas feridas eran graves finalmente trasladarono a un hospital de
Monserrat
. Ali coneceu moitos nenos feridos coma el, incapaces de poder xogar ao
futbol
, e foi daquela cando pensou no
futbolin
inspirandose no
tenis de mesa
. Alexandre confioulle ao seu amigo
Francisco Xavier Altuna
, un
carpinteiro
vasco
, a fabricacion do primeiro futbolin seguindo as suas instrucions. Non obstante, non puido vender o invento a nivel industrial xa que todas as fabricas de xoguetes, a maioria en
Valencia
, estaban a fabricar armas de verdade por mor da guerra. Patentou a invencion en
Barcelona
en xaneiro de
1937
, ao igual que o primeiro pasafollas de partituras movido co pe que fixo para unha rapaza pianista da que estaba namorado. Non obstante, por mor do triunfo franquista na guerra, tivo que se exiliar a
Francia
cruzando a pe os
Pireneos
e debido a que estivo a chover durante dez dias, perdeu a patente que levaba no macuto.
Estando xa en
Paris
, no ano
1948
, e grazas a patente do pasafollas conseguiu ganar uns cartos cos que puido marchar a
Quito
(
Ecuador
) onde fundou a revista
Ecuador 0°, 0', 0"
coa que dedicaba cada numero a poetas dun pais. Mais tarde, en
1952
, foi a
Guatemala
, concretamente a
Cabo de Santa Maria
, e ali despois de mellorar o futbolin comezou a fabricalos, facendo un bo negocio. Ali foi ademais onde xogou partidas contra o
Che Guevara
. Isto aconteceria mentres habia democracia no pais, xa que tras o golpe de estado do coronel
Carlos Castillo Armas
, por mor da sua ideoloxia de esquerdas, foi roubado e secuestrado, quedando sen nada.
Axentes especiais espanois embarcarono pois nun avion en direccion a Espana, pero el puido escapar, refuxiouse nos lavabos do avion e construiu unha bomba ficticia envolvendo
xabron
con papel de aluminio. Con esa "bomba" ameazou a tripulacion e ganou o favor dos viaxeiros logo de dicirlles que era "un refuxiado espanol". O avion desviouse a
Panama
, no que foi un dos primeiros
secuestros
de avion.
Mais tarde marchou a
Mexico
onde atopou amigos poetas e escritores polo que permaneceu ali dedicandose as artes graficas e a editar. Asi fundou e presidiu a editorial chamada
Editorial Finisterre Impresora
dende a cal editou a revista do centro galego de Mexico e libros de variados poetas, entre os que se atopan
Leon Felipe
e
Juan Larrea
. Ademais foi redactor de
El Nacional
e editou un facsimile da revista
Galeuska
e o primeiro libro de poemas de
Ernesto Cardenal
.
Entre agosto de 1948 e mediados de 1954, cando ela faleceu, mantivo unha relacion afectiva con
Frida Kahlo
, con quen mantivo un intenso intercambio epistolar mentres el residiu en
Paris
,
Ecuador
e
Guatemala
. Ela legoulle parte dos seus bens
[
2
]
.
Cando volveu a
Espana
logo de morrer
Franco
sorprendeuse ao ver que o futbolin se estendera amplamente, malia que gran parte desta divulgacion se debera ao feito de que os fabricantes valencianos asumiran o xogo coma nacional. Convenceu a editorial Alianza para reimprimir as obras completas de Leon Felipe e traballou intensamente na divulgacion da obra deste poeta, de quen xestionaria a herdanza coma
testamenteiro
.
Residiu en
Aranda de Duero
(
provincia de Burgos
), e despois trasladariase a
Zamora
. onde faleceu, na sua casa do barrio de Pinilla a idade de 87 anos. As suas cinzas foron espalladas no
rio Douro
ao seu paso pola cidade de Zamora e no
Atlantico
en Fisterra.
Escribiu unhas memorias, perdidas e ineditas, que titulou
Bajo vientos, mareas y pechelingues
.
[
Compre referencia
]
Era membro correspondente da
Real Academia Galega
[
3
]
.
A sua primeira esposa foi Emilia de Roa Riaza, da familia do Marquesado de Piedra Blanca de Guana, con quen casou na igrexa de San Jeronimo el Real de Madrid en 1945, e con quen tivo un fillo, Alejandro, finado moi novo. A sua segunda muller foi a soprano de traxectoria internacional Maria Herrero Palacios, natural de
Banos de Valdearados
(
provincia de Burgos
).
[
Compre referencia
]
O grupo corunes
Os Diplomaticos de Monte Alto
compuxo unha cancion dedicada ao futbolin que comeza mencionando ao inventor:
Ano 37, guerra civil / Alexandre de Fisterra inventa o futbolin
.
[
4
]
A cancion fixose famosa ao ser parte do
videoclip
do contentor infantil da
Television de Galicia
Xabarin Club
.
Alessio Spataro
publicou unha banda desenada contando a sua vida.