Harry S. Truman , nado en Lamar ( Missouri ) o 8 de maio de 1884 e finado en Kansas City o 26 de xaneiro de 1972 , foi presidente dos Estados Unidos polo Partido Democrata dende 1945 ata 1953 .
As estatisticas mostran que Truman e o "presidente do seculo", pola sua aceptacion, popularidade entre a clase media americana e o bo recordo que deixou o seu mandato. Chegou a presidente por ser o vicepresidente de Franklin Roosevelt , que morreu no exercicio do cargo. No veran de 1945 aprobou o emprego de armas atomicas contra o Xapon en duas ocasions (en Hiroshima e Nagasaki) dando fin a segunda guerra mundial . Durante o seu mandato tivo lugar a guerra de Corea , antesala da longa loita que terian os EUA contra o comunismo no curso da guerra fria . Sucedeuno o heroe de guerra Dwight D. Eisenhower , que fora Comandante Supremo do Exercito Aliado en Europa.