E unha escala logaritmica: a magnitude de Richter corresponde ao logaritmo da medida da amplitude das ondas sismicas de tipo P e S a 100?km do
epicentro
.
A formula utilizada e M
L
= logA - logA
0
onde A representa a amplitude maxima medida no sismografo e A
0
unha amplitude de referencia.
Asi, por exemplo, un sismo con magnitude 6 ten unha amplitude 10 veces maior que un sismo de magnitude 5. Con todo, o sismo de magnitude 6 libera preto de 31 veces mais enerxia que o de magnitude 5.
Na practica, a escala esta graduada de 1 a 9, mais teoricamente e ilimitada.
- 1. Detectado so por instrumentos cientificos.
- 2. Sentido por algunhas persoas e animais.
- 3. Sentido por moitas persoas.
- 4. Sentido por todas as persoas.
- 5. Destrue algunhas construcions
- 6. As estruturas balanceanse e as paredes comezan a caer.
- 7. Destrue moitas construcions e mata xente.
- 8. Un desastre.
- 9. Destrucion total. (Caos, morte e destrucion)
O sismo mais forte xamais rexistrado foi o
gran terremoto de Chile
, o
22 de maio
de
1960
, que acadou o valor de 9,5 nesta escala. Do outro lado da escala, a caida dunha tella dunha altura de 1 m. ten a magnitude -2.
Magnitude e intensidade
editar
A escala de Richter non permite avaliar a
intensidade sismica
dun sismo nun lugar determinado, e en particular en zonas urbanas. Para iso, utilizanse escalas de intensidade tales como a
escala de Mercalli
.
A magnitude e unica para cada sismo, mentres que a intensidade das ondas sismicas diminue conforme a distancia das rochas atravesadas polas ondas e as linas de falla.