한국   대만   중국   일본 
O Pazo Provincial de Pontevedra acolleu o 3 de xuno unha charla semipresencial sobre o papel das mulleres na ciencia dentro do ciclo Aida Fernandez Rios | ragc

A especialista en estudos de xenero Xoana Pintos, a investigadora cientifica do Instituto de Investigacions Marinas do CSIC en Vigo, Carmen Gonzalez Sotelo, e o catedratico da Universidade de Vigo, Gabriel Roson, impartiron a sesion

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputacion de Pontevedra continuaron o pasado 3 de xuno coa celebracion do “II Ciclo de Conferencias Aida Fernandez Rios”, unha actividade gratuita destinada a espertar o interese do gran publico sobre temas de actualidade cientifica con repercusion social e impulsar o enorme labor cientifico levado a cabo en Galicia.

A deputada de Novas Tecnoloxias e Desenvolvemento Empresarial da Deputacion de Pontevedra, Ana M.ª Mejias , inaugurou esta cuarta xornada do ciclo, moderada pola vicepresidenta da RAGC e coordinadora do ciclo, Alicia Estevez , que se celebrou presencialmente cno salon de plenos do Pazo Provincial de Pontevedra, ademais de emitirse por streaming.

A primeira charla, titulada “Mulleres na ciencia, mulleres na sombra” , estivo impartida pola doutora en Bioloxia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e especialista en estudos de xenero e na presenza da muller no eido cientifico, Xoana Pintos . A experta indica que a presenza das mulleres na producion do conecemento foi mais numerosa do que se pensa e destaca que a sua invisibilidade non foi unha coincidencia nin se produciu por falta de meritos pola sua parte. “A historia e a construcion da ciencia moderna fundamentouse nos piares da inxustiza, da desvalorizacion e da ocultacion dun grande numero de mulleres cientificas. Esta historia incompleta debe ser revisada, debendo sair a luz as achegas nas diferentes disciplinas cientificas, nun traballo de visibilizacion” ?sinala?.

Na sua intervencion, Xoana Pintos fixo un repaso a presenza feminina nos ambitos cientificos, con especial enfase nas universitarias, revisando o papel das mulleres galegas desde o momento no que se permitiu o seu acceso aos estudos superiores, no pasado seculo. Destacou a figura da medica, docente e xenetista, Jimena Fernandez de la Vega, nomeada Cientifica Galega do Ano 2021 pola RAGC. Finalmente, analizou en que forma persiste esta discriminacion no seculo XXI, nunha sociedade democratica.

Semblanza de Aida Fernandez Rios

A segunda charla da xornada tratou sobre “Aida: mais que Ciencia” . Os dous relatores ? Carmen Gonzalez Sotelo , investigadora cientifica do Instituto de Investigacions Marinas (IIM) do Consejo Superior de Investigaciones Cientificas (CSIC) de Vigo, e Gabriel Roson , catedratico da Area de Fisica da Terra da Universidade de Vigo (UVigo)? fixeron unha semblanza de Aida Fernandez Rios, tanto desde o punto de vista persoal como cientifico, sobre todo en temas relativos a acidificacion oceanica.

Aida Fernandez Rios (Vigo, 4 de marzo de 1947 ? Moana, 22 de diciembre de 2015) foi unha cientifica, doutora en Bioloxia e oceanografa. Estudaba Peritaxe Mercantil cando unha companeira cientifica animouna a presentarse as oposicions a axudante de laboratorio do CSIC en Vigo. Obtivo a praza e con 25 anos comezou a traballar como auxiliar de laboratorio. Ao mesmo tempo comezou os seus estudos de Bioloxia na UVigo e defende a sua tese doutoral en 1992 USC titulada “O fitoplancton na ria de Vigo e as suas condicions ambientais”.

Con esforzo e superacion, foi avanzando na sua carreira investigadora como cientifica climatica e biologa marina especializada no estudo do oceano Atlantico. O seu principal interese cientifico centrouse nos cambios fisico-quimicos que se producen nos oceanos e que repercuten no futuro do planeta Terra.

Aida esta considerada unha das principais expertas de Europa na relacion entre as emisions de dioxido de carbono de orixe antropoxenico e o aumento da acidez na auga do mar, principalmente no Atlantico. Participou en mais de 50 proxectos de investigacion en todo o mundo e en 30 campanas oceanograficas realizadas nos oceanos Atlantico e Indico e na Antartida, das que foi xefa cientifica en cinco delas. Autora de mais dun centenar de traballos de investigacion en revistas internacionais, promocionou na sua carreira investigadora ata o grao mais alto, o de profesora de investigacion, e foi a primeira muller en dirixir o IIM-CSIC entre 2006 a 2011. En 2001, foi galardoada co premio Galega Destacada e converteuse na terceira muller en ingresar na RAGC o 6 de xuno de 2015.

Carmen Gonzalez Sotelo traballou con Aida durante o periodo no que fora directora do IIM, tendo un trato moi proximo con ela en temas relacionados coa xestion da ciencia. Na sua intervencion, falou da sua relacion profesional e persoal con Aida, repasando brevemente a sua traxectoria laboral, sobre todo no momento en que a conece en profundidade ao traballar con ela como vicedirectora do IIM. Finalmente, fixo un resumo dos seus valores persoais.

Pola sua parte, Gabriel Roson fixo a sua primeira campana transoceanica con Aida nun dos primeiros cruceiros do Hesperides en 1992 e traballaron conxuntamente no ambito cientifico establecendo un trato de amizade moi forte. “A mina relacion persoal e profesional con Aida estendeuse durante 26 anos. Comezou en xaneiro de 1989 cando cheguei como becario predoutoral ao Instituto de Investigacions Marinas de Vigo. Foi unha das persoas que mellor me acolleu no seo do Grupo de investigacion de Oceanoloxia, e aprendin moito dos seus valiosos consellos, tanto desde o punto de vista humano como cientifico” ?manifesta?.

En 1992, Gabriel Roson comeza a traballar como profesor na UVigo, pero a relacion entre ambos segue a ser moi estreita, mesmo participando en numerosos proxectos de investigacion que involucraron longas campanas en buques oceanograficos, onde tiveron a oportunidade de traballar cobado con cobado e fortalecer a sua relacion. “Estas actividades servironme para apreciar a gran calidade humana e profesional de Aida” ?asegura?.

O II Ciclo de Conferencias Aida Fernandez Rios consta de dous bloques, un primeiro con dez relatorios impartidos por once reconecidos expertos entre abril e xullo, e un segundo bloque con cinco conferencias presenciais en institutos de Secundaria e Bacharelato durante o inicio do curso academico 2021-2022 ?de setembro a decembro?.