한국   대만   중국   일본 
Canela Produci?ns > autores > CARPINTERO ARIAS, Pablo
The Wayback Machine - https://web.archive.org/web/20161114162610/http://www.editorialcanela.com/index.php/id/42/objeto/207
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si contin?a navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener m?s informaci?n, o bien conocer c?mo cambiar la configuraci?n, en nuestra Pol?tica de cookies cerrar

    autores canela

    Editorial Canela - CARPINTERO ARIAS, Pablo - Editorial Canela

    CARPINTERO ARIAS, Pablo

    01/06/2015

    (Castro de Carballedo, 1969)

    Pablo Carpintero Arias  é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe o Diploma de Estudos Avanzados en Historia da Música. Entre 2006 e 2010 traballou no proxecto Ronsel da Universidade de Vigo para a recuperación do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia e desde 2010 é consultor da UNESCO, sendo unha das persoas que evaluou a in-clusión das candidaturas nas listas de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade entre 2010 e 2013.

     

    É coautor das publicacións Catálogo de Músicos da Limia e Os Sons da Limia e ten editados varios capítulos de libros dedicados ao Patrimonio Cultural Inmaterial, así como numerosos artigos en revistas especilizadas, sendo a súa publicación máis destacada, Os instrumentos musicais na tradición Galega , que en 2009 recibíu o premio Antón Losada Diéguez 2009 na modalidade de investigación e ensaio. O seu traballo de investigación sobre a requinta da Ulla, unha frauta traveseira tradicional, valeulle tamén o premio Marqués de Lozoya do Ministerio de Cultura en 2013. En 2015 colabora con Editorial Canela na publicación do libro:  Desiderio Sampayo Rico, Siderio de Vilarmide .

     

    Pablo Carpintero é gaiteiro desde hai máis de 35 anos sendo, ademais, construtor de gaitas, requintas e percusión tradicional galega, dedicándose especialmente á reprodución de instrumentos musicais antigos. Ten realizado traballo de campo sobre a gaita de fol e a música tradicional en xeral por toda Galicia, Asturias, Zamora, O Bierzo e en todo Portugal.

     

    É membro da comisión permanente do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega e dirixe dous grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Ten editados once traballos discográficos e colabora semanal-mente nos programas Luar e Lume na Palleira da RTVG, realizando seccións dedicadas á música de tradición galego-portuguesa.

    Etiquetas del contenido

    autores