한국   대만   중국   일본 
Zafarraya - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Zafarraya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZafarraya
Imaxe

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  36°58′25″N 4°08′29″O  /  36.973611111111, -4.1413888888889 Coordenadas : 36°58′25″N 4°08′29″O  /  36.973611111111, -4.1413888888889
Estado Espana
Comunidade autonoma Andalucia
Provincia Provincia de Granada Editar o valor em Wikidata
Capital Zafarraya Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 2.157 (2023) Editar o valor em Wikidata (37,19 hab./km² )
Xeografia
Parte de
Superficie 58 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude 893 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Codigo postal 18128 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Codigo INE 18192 Editar o valor em Wikidata

Paxina web zafarraya.es Editar o valor em Wikidata
BNE: XX450890

Zafarraya e un municipio andaluz situado o sur do Poniente Granadino ( provincia de Granada ), no sueste de Espana . Limita cos concellos granadinos de Loja e Alhama de Granada e cos concellos malaguenos de Periana e Alfarnate . O concello esta situado no Campo de Zafarraya , que constitue o maior polje da Peninsula Iberica .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Vista de Zafarraya desde unha montana proxima.

Segundo a maioria dos historiadores, "Zafarraya" procede do arabe " Faha-al-ra iyya " que significa "campo de pastores", ainda que hai quen defende que deriva mais ben de Saiarraya que pode traducirse por "limite de territorio". De calquera xeito, este lugar foi asentamento humano dende o Neanderthal como demostran os restos do chamado ‘ Home de Zafarraya ’, datados en 30.000 anos, [ 1 ] atopados na Cova do Boquete de Zafarraya . No segundo milenio antes de Cristo asentouse a cultura de El Argar , con poboados en lugares de facil defensa. Mais tarde houbo campamentos fenicios e romanos e a mediados do seculo VIII chegaron os musulmans, da man do principe Omeia Abd al-Rahman I . Durante seculos foi paso obrigado para tropas e caravanas no camino ata Velez , Alhama e Loja. Trala reconquista cristia pasou a depender de Velez-Malaga e Alhama de Granada iniciou con ela un longuisimo preito que durou varios centos de anos e que finalmente ganouno a cidade de Velez-Malaga. O 11 de outubro de 1815 Zafarraya constituiuse como vila independente mediante unha Real Cedula concedida polo rei Fernando VII e pouco despois como municipio . [ 2 ] Isto provocou graves enfrontamentos coa vecina Alhama de Granada polo aproveitamento de Jurtiga e a serra de Loja , que finalmente quedaron en mans de Zafarraya. [ 2 ]

Estes conflitos foron recollidos pola prensa da epoca:

Souben coa maior dor que a xente de Alhama, capitaneada por individuos do seu Concello entrou a sangue e lume no llano de Zafarraya e incendiado non so as mieses, parvas carretas e arbores, senon tamen ponendo lume a poboacion chamada Chozas do Almendral, sen perdoar nin a inocencia dos nenos, nin as canas dos ancians, nin a debilidade do belo sexo, nin ainda os clamores dos desgraciados enfermos e impedidos que ali pereceron. [ 3 ]
El Espectador , agosto de 1821

En 1833 , coa ordenacion provincial que realizou Javier de Burgos , pasou a formar parte da provincia de Granada .

No ano 1850 a raina Isabel II accedeu a segregar a vila a efectos administrativos e de xulgados de Alhama de Granada , quedando asi agregada a Loja . No ano 1871 , chegouse ao primeiro acordo do deslinde do concello de Zafarraya co de Alhama de Granada. [ 3 ]

Durante a decada de 1870 Zafarraya foi o pobo mais emprendedor e crecente de toda a comarca, e menos de cen anos despois, converteuse no segundo mais importante despois da vecina Alhama , chegando a ter mais de 3000 habitantes a finais de seculo. [ 3 ]

O dia de Nadal de 1884 , a vila de Zafarraya foi azoutada por un terremoto con epicentro entre Ventas de Zafarraya e Arenas del Rey . Houbo 25 mortos e 75 feridos, colapsando o 30 % dos edificios, entre eles a antiga Igrexa da cal se conservan os restos. A cidade reedificouse nun 80 % seguindo os planos urbanistas, convertendo a localidade nun espazo de ruas rectas e ordenadas.

Xeoloxia [ editar | editar a fonte ]

Panel informativo sobre o Polje de Zafarraya

O Polje de Zafarraya e unha formacion xeoloxica cunha complexa morfoloxia interna. Pertence ao grupo de estruturas imbricadas formadas por escamas de modo que a depresion formada, inscribese na escama de Zafarraya, que esta imbricada entre a vertente sur das calcarias xurasicas do vasto domo anticlinal da Serra Gorda de Loja e a escama de calcarias xurasicas da Serra de Alhama . Este polje, esta limitado ao leste por unha falla meridiana e esta interceptado cara ao sur por uns flyschs que se apoian na escama de Alhama . A natureza dos materiais karsticos , de idade xurasica , que na sua maior proporcion constituen a sua base, condicionan o funcionamento hidroxeoloxico do acuifero .

O acuifero karstico do Polje de Zafarraya e unha depresion pechada que forma parte do extenso macizo carbonatado de Serra Gorda que e o de maior entidade hidroxeoloxica. Ocupa unha area ovalada duns 300 km² e esta rodeado e selado nos seus bordos por materiais de baixa permeabilidade. O polje de Zafarraya, dunhas dimensions de 10 km de lonxitude por 3,5 km de anchura maxima, esta comprendido nunha cunca hidrografica pechada de 151 km² dos cales o 65 % o forman materiais karsticos carbonatados de Serra Gorda.

Ofrece un exemplo claro do papel da neotectonica; a estrutura de escamas e antiga, posto que un brazo de mar totoniense invadiu a depresion e as molasas depositadas, fosilizaronse arredor dos 1200 m elaborando na sua prolongacion un aplanamento parcial nas calcarias xurasicas de Serra Gorda. Despois da retirada do mar, as molasas sufriron un importante desmontamento grazas ao encaixamento dunha rede hidrografica que debia franquear a Serra de Alahama pola incisura do Boquete de Zafarraya , situado no municipio de Ventas de Zafarraya .

Ao mesmo tempo, as augas deberon filtrarse, exercendo unha corrosion quimica e unha abrasion mecanica, grazas as areas que lle subministraron as molasas. O desenvolvemento do endokarst terminou por desviar no seu proveito todas as augas e claramente as do Arroio da Madre , que atravesa a depresion de leste a oeste e que sumese por este ponor e os adxacentes que son os que drenan a maior parte do seu leito.

Estes ponors son chamados do Porteno e do Cortijo Sabanillas. A area dos sumidoiros da parte occidental do polje coincide coa zona mais baixa de tres cuncas fluviais:

  • Cunca do Arroio da Madre
  • Cunca do Arroio Hediondo
  • Cunca Sur do Pico Montoso

Politica [ editar | editar a fonte ]

Vista parcial de Zafarraya e da Igrexa da Inmaculada Concepcion.

Os resultados en Zafarraya das ultimas eleccions municipais , celebradas en maio de 2019 , foron: [ 4 ]

Eleccions Municipais - Zafarraya (2019)

Partido politico Votos % Validos Concelleiros
Partido Socialista Obrero Espanol (PSOE)
720
64,17%
8
Partido Popular (PP)
309
27,54%
3
Adelante Andalucia (Adelante)
89
7,93%
0

Monumentos [ editar | editar a fonte ]

Interior da Ermida do Cristo das Tres Marias.
  • Igrexa da Inmaculada Concepcion . Edificada tralo terremoto de 1884 , na Praza da Liberdade
  • Ermida do Cristo das Tres Marias . Ermida onde reside o patron da vila de Zafarraya, unha pintura sobre cristal de orixe anonimo e lendario.

Festas e eventos [ editar | editar a fonte ]

  • Festas na honra do Senor das tres Marias Cada 1 e 3 de maio , o patron de Zafarraya xunto a Virxe de Monsalud, patroa da localidade, baixan o 1 e soben o 3 da Ermida a Igrexa da Asuncion respectivamente.
  • Feira de Zafarraya

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Historia" . zafarraya.es (en castelan) . Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2016 . Consultado o 12 de xuno de 2018 .   Arquivado 29 de xullo de 2016 en Wayback Machine .
  2. 2,0 2,1 http://alhama.com/digital/comarca/zafarraya/5114-el-inicio-de-los-actos-del-bicentenario-de-zafarraya-pasados-por-agua
  3. 3,0 3,1 3,2 "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019 . Consultado o 10 de febreiro de 2015 .  
  4. "Resultado de las Elecciones Municipales en: Zafarraya" . ABC (en castelan) . 26 de maio de 2019 . Consultado o 2 de xuno de 2019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]