Xose Gil Gil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJose Gil Gil
Biografia
Nacemento (es) Jose Gil y Gil Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1870
Rubios , As Neves
Morte 1 de xaneiro de 1937 (66 anos)
Vigo
Lugar de sepultura Cemiterio de Pereiro
Vigo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion fotografo e cineasta
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Conxuxe 1898, Trinidad Sarabia Gonzalez 1872-1954
Fillos Maria 1899-1918
Rosa 1902-1922
Jose 1904-1904
Josefa 1906-1924

IMDB: nm0317789 Find a Grave: 216022030 Editar o valor em Wikidata

Xose Gil Gil , nado en Barxa ( Rubios , As Neves ) o 3 de abril de 1870 e finado en Vigo o 1 de xaneiro de 1937 , foi un fotografo e director de cinema, a figura mais relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do seculo XX , debido o elevado numero de obras que realizou e polo caracter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para conece-la Galiza do momento. [ 1 ]

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estableceuse como fotografo en Mondariz . Dende 1899 residiu en Ourense , e desde 1905 en Vigo , primeiro na rua Carral e despois na rua do Principe. Formou parte da redaccion de Vida Gallega no momento da sua fundacion en 1909 e foi o seu director artistico. Foi un dos pioneiros do cinema galego, comezando a realizar filmes en 1907, primeiro simplemente para darlle publicidade o seu estudo fotografico, pero logo comezou a facer peliculas documentais centradas en Vigo. En 1911 pagou un anuncio na prensa viguesa no que se ofrecia para facer peliculas documentais en 24 horas. Tina un laboratorio do que podia sacar unha hora de pelicula revelada nun so dia. Tamen era representante en Vigo dos automobiles americanos Ford e organizou, na praza de touros de Pontevedra , unha corrida onde os coches eran os cabalos dos picadores; Gil fixolle chegar esta pelicula ao industrial americano Henry Ford que lle contestou cunha carta de felicitacion. Este home tan orixinal argallou un automobil equipado como un laboratorio para revelar a pelicula que filmaba en calquera cidade e proxectaba, pola noite, para os vecinos.

Gil tamen foi o primeiro que, en 1916 , filmou unha pelicula de ficcion en Galiza: Miss Ledya , cun argumento no que non faltaban espionaxes e persecucions. No filme, rodado na illa da Toxa , aparecia como figurante Castelao .

Gil inventou, ademais, o chamado cine de correspondencia, pois o cineasta comprendia a importancia das imaxes como correo visual entre Galiza e a emigracion. Utilizadas como se fosen cartas ou postais, as suas peliculas ian e vinan desde aqui ate Suramerica , para que as visen os emigrantes. Nuestras fiestas de alla e a mais conecida. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinegrafica que a partir de 1929 realizou o noticiario cinematografico Revista de Galicia . Estimase que realizou mais de 150 filmes.

Retrato en Vida Gallega .

As suas fillas enfermaron de tuberculose e trala morte de duas, intentando salvar a terceira, trasladouse por consello medico a Ponteareas , desatendendo os negocios. [ 1 ]

Morreu arruinado e esquecido en 1937 e esta soterrado no cemiterio de Pereiro , en Vigo, onde unha rua leva o seu nome. [ 2 ]

Galeria de imaxes [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Escultura en Luneda ( A Caniza ).
  1. 1,0 1,1 "Gil Gil, Jose". Gran Enciclopedia Galega . El Progreso . 2005. ISBN 84-87804-88-8 .  
  2. Vazquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardenoso , ed. As ruas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 175. ISBN   84-87379-47-8 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]