한국   대만   중국   일본 
Xerez Club Deportivo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Xerez Club Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xerez
Nome Xerez Club Deportivo, S.A.D.
Alcume(s) Azulinos
La buleria mecanica
[ 1 ]
Fundacion 1907 , como Xerez FC
1933 , refundacion
1947 , como Jerez CD
Estadio Municipal de Chapin
Xerez da Fronteira , Espana
Inauguracion 1988
Capacidade 20.523
Presidente España Juan Luis Gil "Tintin"
Adestrador España Francisco Higuera
Liga Terceira RFEF
2013?14 19º ( 3ª ? Grupo 10 )
Vestimenta Joma
Na rede
http://www.xerezcd.com/
Twitter: XerezCD_OFICIAL Instagram: xerezcd_oficial Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Xerez Club Deportivo [ 2 ] e un club de futbol espanol , con sede na cidade de Xerez da Fronteira ( Cadiz , Andalucia ). Foi refundado o 24 de setembro de 1947 .

Durante a tempada 2008 - 09 , na que contou co apoio de 9.656 abonados, militou na Segunda Division de Espana e logrou o ascenso a Primeira Division por primeira vez na sua historia, ao que se sumou o titulo de campion da categoria de prata. Actualmente conta con 16.216 abonados. [ 3 ] Nesa tempada quedou 20º e volveu descender a Segunda Division .

Denominacion [ editar | editar a fonte ]

Cando o Reino de Castela tomou Xerez o 9 de outubro de 1264 aos musulmans no periodo conecido como a Reconquista , a cidade pasa a denominarse Xerez , representando o fonema /x/ (iota) co pictograma X, como era regra na epoca. Outros casos similares son Mexico e Texas . A que se lle engadiria ao pouco tempo de la Frontera , ao atoparse na Fronteira co Reino de Granada , e ser escenario habitual de escaramuzas e enfrontamentos entre ambos reinos. Mais de dous seculos mais tarde, trala conquista de Granada en 1492 , Xerez perde a sua condicion de cidade fronteiriza definitivamente, pero non perde tal denominacion.

O primeiro club de futbol existente na cidade (de 1907 ao 1911 , segundo fontes), o Xerez Futbol Club, recupera o pictograma clasico "X" en lugar de utilizar a "J" moderna. Con todo, a pronunciacion e a mesma. O Jerez Club Deportivo, descendente directo do anterior decide renderlle homenaxe a instancia do expresidente Pablo Porro Guerrero , a traves de duas medidas. A primeira delas foi o cambio de camiseta a usada polo primeiro club, pasando de camiseta de raias branca e azuis verticais a unha lisa azul. Este equipamento e o actual, diferenciandose unicamente da do Xerez Futbol Club en que este utilizaba medias negras. A segunda medida tomada foi a recuperacion do pictograma "X", pasando a ser Xerez Club Deportivo. O 29 de setembro de 1992 o club transformase nunha Sociedade Anonima Deportiva, pasando a denominacion definitiva actual: Xerez Club Deportivo Sociedad Anonima Deportiva .

Uniforme [ editar | editar a fonte ]

Pretemporada 2009/10.
  • Uniforme titular : Camiseta azul, pantalon branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo : Camiseta branca, pantalon azul e medias brancas.
  • Terceiro uniforme : Camiseta laranxa, pantalon laranxa e medias laranxas.
Titular


Alternativo


Terceiro


Estadio [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Estadio Municipal de Chapin .

Estadio de Chapín.

Estadio de Chapin.

O Xerez xoga os seus partidos no Estadio Municipal de Chapin , cunha capacidade para 20.523 espectadores e cunhas dimensions de 105 x 68 metros. Foi inaugurado en 1988 , coa intencion de substituir o antigo Estadio Domecq que foi derribado. En 2002 foi reformazado completamente para albergar os Xogos Ecuestres Mundiais do mesmo ano.

Datos do club [ editar | editar a fonte ]

Partidos historicos en Primeira Division [ editar | editar a fonte ]

Tempada Local Resultado Visitante Estadio Notas
2009-10 Xerez 2-1 Villarreal Chapin 0-1 min 17.
2009-10 Xerez 2-1 Mallorca Chapin 0-1 min 23.
2009-10 Malaga 2-4 Xerez La Rosaleda 0-1 min 5. 2-1 min 55.
2009-10 Xerez 3-0 Valladolid Chapin
2009-10 Atletico de Madrid 1-2 Xerez Vicente Calderon
2009-10 Xerez 2-1 Almeria Chapin
2009-10 Xerez 3-2 Zaragoza Chapin

Palmares [ editar | editar a fonte ]

Torneos nacionais [ editar | editar a fonte ]

Filial [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Xerez Club Deportivo B .

O Xerez Club Deportivo B , fundado en 1957 , milita actualmente en Primeira Division Andaluza . O equipo filial disputa os seus partidos no Estadio de la Juventud , e e onde se forman as novas promesas do Xerez CD.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. La 'Buleria Mecanica' de Esteban, ante su barrera
  2. A pronunciacion correcta e [xe'reθ] (como Jerez en castelan ), non [?e'reθ] , que e a forma literal que moitas persoas tenden a lelo. O club decidiu recuperar o arcaismo e substituir a letra "J" por unha "X" pero a pronunciacion segue sendo a mesma.
  3. Xerez CD. "O Xerez conta con 16.216 abonados" . Consultado o 27 de outubro de 2009 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]