Xerarquia dos xeneros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escena de xenero . Louis Le Nain , Familia campesina , tamen chamado De volta do bautizo , 1642 , oleo sobre lenzo , Museo do Louvre , Paris .
Retrato . Piero della Francesca , Diptico do duque de Urbino , h. 1465 - 1470 , Tempera sobre taboa , Galeria Uffizi , Florencia .
Paisaxe . Jan Vermeer , Vista de Delft , h. 1660 - 1661 , oleo sobre lenzo , Mauritshuis , A Haia .
Bodegon . Juan Sanchez Cotan , Bodegon do cardo , 1602 , oleo sobre lenzo , Museo do Prado , Madrid .

Unha xerarquia dos xeneros e calquera formalizacion que ordena segundo o seu valor ou categoria diferentes tipos de xeneros artisticos. As xerarquias mais conecidas son sustentadas polas academias europeas entre o seculo XVII e a Idade Moderna , e delas a xerarquia que para os xeneros pictoricos sostivo a Academia francesa que desempenou un papel central na arte academica .

Descricion [ editar | editar a fonte ]

O debate sobre a estetica da pintura , que continuou obtendo adhesions dende o Renacemento , radicou na importancia da alegoria : empregabanse elementos pictoricos como a lina e a cor para transmitir unha idea ou tema unificador ultimo. Por esta razon adoptouse na arte o idealismo , de xeito que as formas naturais xeneralizarianse, e a sua vez subordinarianse a unidade da obra de arte. O obxectivo era transmitir unha verdade universal a traves da imitacion de la belle nature . Moitos teoricos da epoca disentian, como Gotthold Ephraim Lessing , que sostivo que a alegoria era imperfecta e baseabase nunha analoxia equivocada entre as artes plasticas e a poesia que afundia as suas raices no devandito horaciano ut pictura poesis (≪como a pintura asi e a poesia≫).

O ano 1667 , Andre Felibien historiografo, arquitecto e teorico do clasicismo frances nun prologo das Conferencias da Academia codifica a pintura clasica por temas pictoricos: ≪a historia, o retrato , a paisaxe , as marinas , as flores e os froitos ≫. A pintura de historia era considerada un grande genre e incluia as pinturas con temas relixiosos, mitoloxicos, historicos, literarios ou alegoricos. Encarnaban algunha interpretacion da vida ou portaban unha mensaxe intelectual ou moral. Os deuses e as deusas das mitoloxias antigas representaban diferentes aspectos do psiquismo humano, as figuras relixiosas representaban diferentes ideas, e a historia, como as demais fontes, representaban unha dialectica ou xogo de ideas. Durante longo tempo, especialmente durante a Revolucion francesa , a pintura de historia a miudo centrabase na representacion dun espido masculino heroico; ainda que isto decaeu no seculo XIX .

Tomando como base aquela xerarquia clasificase de mais a menos nobre os seguintes xeneros:

Segundo a Academia, os retratos , paisaxes e bodegons eran inferiores porque eran sinxelas representacions de obxectos externos, sen forza moral ou imaxinacion artistica. A pintura de xenero -nin ideal en estilo, nin elevada no tema- foi admirada pola sua habilidade, inxenuidade e mesmo o seu humor, pero nunca se confundiu coa grande arte. A xerarquia dos xeneros tamen tivo unha correspondencia coa xerarquia dos formatos: formato grande para a pintura de historia, pequeno para os bodegons.

Felibien argumentou que o pintor debia imitar a Deus, cuxa obra mais perfecta e o home, e mostra grupos de figuras humanas e elixia temas da historia e a fabula. ≪Debe≫, escribe Felibien, ≪como os historiadores, representar grandes acontecementos, ou como os poetas, suxeitos que agradaran; e subindo ainda mais alto, ser habil para ocultar baixo o veo da fabula as virtudes dos grandes homes e os misterios mais exaltados≫.

O pintor britanico sir Joshua Reynolds nos seus Discourses dos anos 1770 e 1780 , reiterou o argumento de que o bodegon tina a posicion inferior na xerarquia dos xeneros baseandose en que interferia co acceso do pintor as formas centrais, aqueles produtos dos poderes generalizadores da mente. No cume reinaba a pintura de historia, centrada no corpo humano: a familiaridade coas formas do corpo permitia a mente do pintor, ao comparar innumerables exemplos da forma humana, abstraer daqueles os trazos centrais ou tipicos que representan a esencia ou ideal do corpo.

Malia estar Reynolds de acordo con Felibien sobre a orde natural dos xeneros, sostina que unha obra importante de calquera xenero pictorico podia producirse en mans dun xenio: ≪Sexa a figura humana, un animal ou mesmo obxectos inanimados, non hai nada, non importa cuan pouco prometedor en aparencia, que non poida alzarse a dignidade, transmitir sentimento e producir emocion, en mans dun pintor de xenio. O que se dicia de Virxilio , que mesmo o esterco tirabao ao chan con dignidade, pode aplicarse a Tiziano ; calquera cousa que tocaba, non importa cuan humilde por natureza, e habitualmente familiar, por unha especie de maxia, el investiao de grandeza e importancia≫.

Ainda que as academias europeas normalmente insistian estritamente nesta xerarquia, nos seus dominios, moitos artistas foron capaces de inventar xeneros novos e unicos que acadaban os temas mais baixos a importancia da pintura de historia. O propio Reynolds logrou isto ao inventar un estilo de retrato que se chamou Grand Manner ( Grande estilo ) onde halagaba aos seus modelos ao asemellalos a personaxes mitoloxicos. Jean-Antoine Watteau inventou un xenero que se chamou fetes galantes ( festas galantes ) onde amosaria escenas de entretementos cortesans en ambientacions arcadicas ; estas a miudo tinan unha calidade alegorica e poetica que se consideraba que as ennobrecia. Claudio de Lorena practicou un xenero chamado o paisaxe ideal , onde unha composicion baseariase vagamente na natureza e dotabaa de ruinas clasicas como unha ambientacion dun tema historico ou biblico. Combinaba artisticamente paisaxe e pintura de historia, deste xeito lexitimaba o primeiro. E sinonimo do termo paisaxe historica que recibiu reconecemento oficial na Academia Francesa cando se estableceu un Premio de Roma para este xenero en 1817. Finalmente, Jean Simeon Chardin foi capaz de crear bodegons considerados con tanto encanto e beleza como para ser colocados xunto aos mellores temas alegoricos. Con todo, consciente desta xerarquia, Chardin comezou a incluir figuras na sua obra ao redor de 1730, principalmente mulleres e nenos.

Estes xeneros menores foron o campo no que destacaron as mulleres pintoras, pois ate mediados do seculo XIX , foron incapaces en gran medida de pintar cadros de historia. Isto ocorria asi porque a Academia, para protexer a sua modestia, non lles permitia participar no proceso final da formacion artistica, a do pintar do natural. Podian traballar a partir de relevos, laminas, moldes e dos antigos mestres, pero non cun modelo espido. Por iso, en lugar diso, animouselles a participar nas formas inferiores de pintura como o retrato, a paisaxe e as escenas de xenero. Considerabanse xeneros mais femininos por considerar que chamaban mais a atencion da vista que da mente.

Esta xerarquia sobre todo tina sentido para a Academia. Os particulares preocupabanse basicamente de facer pintar o seu retrato. No seculo XIX , pintores e criticos comezaron a rebelarse contra numerosas normas da Academia Francesa, entre elas, a preferencia pola pintura de historia. Entre os novos estilos como o realismo ou o impresionismo buscaron representar o momento actual e a vida cotia como o ollo a via, e desprendida de significados historicos. Triunfou a paisaxe, mesmo nos encargos oficiais. En 1850 , a ≪paisaxe campestre≫ (escena natural que suscita unha emocion no artista, e este quere transmitila ao espectador) volvese preponderante en relacion coa ≪paisaxe heroica≫ (no cal se desenvolve unha escena historica ou mitoloxica). Os realistas a miudo escolleron a pintura de xenero e os bodegons, mentres que os impresionistas con maior frecuencia centraronse nas paisaxes. A pintura de historia obtivo menos favor cando se puxo de moda en Europa a arte e a cultura xaponeses , na forma de Xaponismo no Xapon dabase unha importancia significativa a obxectos de laca e porcelana.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]