Xerardo Estevez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXerardo Estevez
Biografia
Nacemento 25 de maio de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Santiago de Compostela, Espana Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de xuno de 1993 ? 19 de setembro de 1995 ? Jesus Diaz Fornas  →

Circunscricion electoral: Circunscricion electoral da Coruna

Alcalde de Santiago de Compostela
1987 ? 1998
←  Ernesto Vieitez Cortizo ? Xose Antonio Sanchez Bugallo  →
Alcalde de Santiago de Compostela
1983 ? 1986
←  Marcial Castro Guerra ? Ernesto Vieitez Cortizo  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade Politecnica de Cataluna Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico , arquitecto Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Socialista Obrero Espanol Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua galega e lingua castela Editar o valor em Wikidata
Premios

Xerardo Denis Felipe Estevez Fernandez , nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela , e un arquitecto e politico galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Estudou na Escola Tecnica Superior de Arquitectura de Barcelona , especializandose en urbanismo. Establecido en 1972 en Compostela, exerceu como arquitecto e urbanista formando con outros profesionais o equipo Oikos, e realizou traballos de investigacion sobre arquitectura, planeamento e patrimonio.

Como alcalde de Santiago de Compostela nos periodos 1983-1986 e 1987-1998, aplicou a sua formacion a fomentar a conservacion e a transformacion da cidade a traves do planeamento, a arquitectura e a cultura [ 1 ] . Promoveu a inclusion da cidade e do Camino de Santiago na lista do Patrimonio Mundial , e a eleccion como unha das Cidades Europeas da Cultura no ano 2000.

Durante o seu mandato Compostela recibiu numerosos galardons, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Historica. Impulsou o Real Padroado de Santiago de Compostela e a creacion do Consorcio de Santiago , organo no que as administracions local, autonomica e estatal cooperan nas politicas urbanas e na conservacion do conxunto historico. [ 2 ]

Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia entre os anos 1981 e 1983, e membro do Congreso dos Deputados de Espana entre 1993 e 1995.

En 1999 reincorporouse a practica da arquitectura, que compaxina coa actividade como conferenciante e escritor , profesor de cursos de urbanismo e patrimonio, e co asesoramento a administracions e institucions. Colabora habitualmente nas paxinas de opinion de La Voz de Galicia .

Entre outras distincions, esta en posesion do titulo de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de Espana .

Obra [ editar | editar a fonte ]

  • Compostela, vanguardia y sosiego (2000). Con Xurxo Lobato e Manuel Rivas .
  • Santiago de Compostela. Planeamiento y gestion (2000). En J. Maderuelo (Ed.) Arte publico: Naturaleza y Ciudad .
  • Santiago de Compostela, Spain (2001). En R. Pickard (Ed.) Management of Historic Centres .
  • Educacion e urbanismo. A cidade como proxecto civico (2001). En M. A. Santos Rego e M. M. Lorenzo Moledo (Eds.) A construccion educativa da cidade. Unha perspectiva transversal .
  • Opinion y practica en la ciudad historica (2004). Quintana, revista de estudios de Historia da Arte , 3.
  • Paisajes urbanos con-texto y sin-texto (2007). En J. Nogue (Ed.) La construccion social del paisaje .
  • Paisajes y Palabras (2012).
  • Galicia. Del paisatge rururba al megaterritori antropitzat (2012). En Franges. Els paisatges de la periferia .
  • Compostela, ayer y hoy (2013). En Arqueologia de la memoria reciente. Construccion de la ciudad y el territorio en Espana 1986-2012 .
  • Ciudad historica: lugar de culto vs. espacio politico (2013). Encuentro Internacional de Arquitectura Contemporanea en Ciudades Historicas, Sevilla.
  • Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura a cidade (2019). Con C. Garcia Brana, M. X. Fernandez Cervino e A. Alonso Lorenzo.
  • La Catedral de la Arquitectura (2022). Ed., con M. X. Fernandez Cervino e A. Martin Prieto.
  • Compostela como desexo (2022). Con A. Baamonde, F. Barros, A. Salgado e X. M. Villanueva.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "La Espana fea, por cutre |Juli Capella (AxA)" . arqxarq (en catalan ) . 2022-05-05 . Consultado o 2022-05-07 .  
  2. Rubio, Andres (2022-04-13). "Espanoles, esto es indigno de Espana" . El Pais (en castelan ) . Consultado o 2022-07-28 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Castro, X. e Villalain D. (1993) Entrevista con Xerardo Estevez. Grial, 119, pp. 325-340.
  • Alvarez Pousa, L. (1998) Xerardo Estevez, paixon de arquitecto. Tempos Novos, 14, pp. 34-40.
  • Beramendi, J. (2003) Santiago, caput Gallaeciae. En E. Portela Silva (Coord.) Historia da cidade de Santiago de Compostela. Concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago, pp. 599-606
  • Hernandez Soriano, R. (2016) Santiago de Compostela, historia y progreso. El xacobeo como instrumento de transformacion urbana. En La Cultura y la Ciudad. Granada: Universidad de Granada, pp. 1.005-1.012.
  • Rubio, A. (2022) Espana fea. El caos urbano, el mayor fracaso de la democracia. Debate.

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]


Predecesor:
Marcial Castro Guerra
 
Alcalde de Santiago
 
1983 - 1986
Sucesor:
Ernesto Vieitez Cortizo
Predecesor:
Ernesto Vieitez Cortizo
 
Alcalde de Santiago
 
1987 - 1998
Sucesor:
Xose Sanchez Bugallo