Wikipedia : Como comezar a colaborar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Es novo na Wikipedia? Non sabes nin como nin por onde comezar? Pois por aqui, por exemplo!
Atallo :
WP:CCC

Se es novo e ainda non sabes que podes facer na Wikipedia e, o que e mais importante, como facelo, nesta paxina atoparas diversas ligazons moi utiles para iniciarte no conecemento basico do funcionamento da Wikipedia. Como descubriras, non e necesario ser un grande experto en informatica para editar aqui, abonda con conecer pequenas cousas que coa practica acaban por ser faciles de reter e lembrar.

O primeiro que conven saber e que a Wikipedia e un wiki, o que significa que calquera pode editala e cambiar os seus contidos en calquera momento. O segundo, por ser un wiki, que e adecuado seguir unhas pautas basicas de edicion para que o resultado sexa o mellor posible.

As seguintes duas paxinas son verdadeiramente utiles para empezar a comprender todo isto. Botalles unha ollada e logo volve aqui, que ainda hai mais!

Wikipedia:Introducion
Axuda:Introducion

Como xa liches antes, existen uns trucos para tratar o texto ao editares, a paxina que hai a continuacion ofrece alguns consellos dos mais elementais, neste caso, para a redaccion de bos contidos. Ademais, o seguilos e unha boa practica en canto que se consegue unha maior unificacion e homoxeneidade en todos os artigos.

Wikipedia:Libro de estilo

Vaites! Non marches ainda, agarda un momento! Neste lugar hai cinco normas basicas que todos debemos conecer e que constituen os chamados cinco piares da Wikipedia . Por suposto que existen mais ca estas regras, pero non e preciso que as saibas de memoria, volveriaste tolo! No canto disto, e recomendable a seguinte lectura, suficiente por hoxe:

Axuda:Introducion as politicas

O bo que ten isto e que vas aprendendo aos poucos e sempre hai outra xente disposta a axudar. Por certo, se queres preguntar calquera cousa, se tes calquera dubida e non sabes de o arranxar ti mesmo, deixa unha mensaxe na Taberna da Galipedia e axina habera alguen que cho poida solucionar.

Compre salientar que, como en todos os sitios, a Wikipedia desenvolveu unha xerga particular, e poida que alguns dos usuarios mais experimentados che falen con termos que non entendes. O glosario cos vocabulos mais comuns pode resolver a dubida. Non obstante, pregunta se segues sen comprender, que ninguen traba aos novatos!

E finalmente, por fin, se xa te sentes con gana de comezar o choio, aqui tes unha morea de cousas pendentes agardando a seren resoltas:

  • O portal da comunidade ten propostas de colaboracion e mais ligazons. Proba a comezar algun dos artigos solicitados que ali aparecen. Se es un bo fotografo, podes axudar cargando algunhas imaxes solicitadas que se mostran tamen nesa paxina.
  • Tamen existen duas listas con artigos que toda Wikipedia deberia ter e que a Galipedia deberia ter , onde hai alguns que non estaria mal crear, ampliar ou corrixir.
  • En temas de ampliacion, os bosquexos estan a espera de seren mais grandes, completos e mellores.
  • Ninguen e perfecto e todos cometemos erros de ortografia; as faltas ortograficas agochanse ben e poden pasar desapercibidas a vista dalguns: as tuas achegas tamen poden ser gramaticais, proba a mellorar a redaccion dos artigos.
  • Magoa, as paxinas orfas non tenen ligazons que apunten cara a elas e iso non e bo. E boa idea atopar paxinas relacionadas con elas e engadirlles ligazons para que mais lectores as atopen. De igual xeito, as paxinas mortas non levan a ningunha outra, ponlles algunha ligazon a outros artigos da enciclopedia para facilitar o acceso.
  • Emprega as paxinas de conversa dos artigos para solicitar axuda se te atopas con que un artigo necesita unha revision maior da que ti podes dar. Outro colaborador vera a nota nos cambios recentes e quizais el o poida mellorar nese aspecto.

As posibilidades son moitas, e cadaquen adoita especializarse na edicion de paxinas en concreto ou nunha tarefa especifica. Experimenta e descubre en que ambito da Wikipedia te encontras mais comodo e en que labor te divirtes mais. Lembra que o mellor e pasalo ben axudando ao espallamento da cultura en galego!


Frecha. Volver a paxina de axuda .