Wikipedia : Canle de IRC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo :
WP:IRC
Referencia rapida
Rede : Libera.chat
Servidor : irc.libera.chat
Canle : #wikipedia-gl
( ligazon directa )

Esta paxina intenta explicar como podes conectarte a canle de IRC da Wikipedia en galego para poder participar mais activamente na Wikipedia e que outros wikipedistas poidan solucionarche os problemas que poidas atopar.

Sobre IRC [ editar a fonte ]

Chamaselle IRC (Internet Relay Chat) a unha rede de comunicacion en tempo real na que podes falar cun grupo de usuarios ao mesmo tempo. Estes grupos de usuarios estan conectados a unha das redes de IRC. A rede Libera.chat [1] (previamente Freenode ) inclue grupos de usuarios e canles que tratan sobre proxectos de software libre .

Os grupos de usuarios concentranse en canles; estas sempre levan o signo # diante do nome da canle. Por exemplo, a nosa canle chamase #wikipedia-gl e esta dentro da rede Libera.chat , cuxa direccion e irc.libera.chat .

Tamen podes conectarte a traves do navegador de Internet dende esta ligazon .

Obter un cliente IRC [ editar a fonte ]

Para poder participar nunha canle de IRC o primeiro que necesitas e un cliente IRC, que simplemente e un programa co cal conectarse a unha destas redes.

Hai moitos clientes, alguns mais complicados de utilizar que outros pero con mais caracteristicas. Os mais interesantes son X-Chat , Pidgin , e mirC - IRcap , todos libres, moi sinxelos de usar e con versions para os sistemas operativos mais comuns.

Rexistrar o teu nome e identificarte [ editar a fonte ]

Se te conectas habitualmente a rede, deberias rexistrar o teu nome de usuario do mesmo xeito que o fas na Wikipedia para que os demais usuarios poidan identificarte e ninguen poida usurpar a tua personalidade. Ademais, isto permitirache enviar mensaxes privadas a outros usuarios, que segundo a configuracion de Libera.chat, estan deshabilitados para usuarios non rexistrados. Existen canles na que e un requisito estar rexistrado para poder falar, pero ese non e o noso caso.

Comandos [ editar a fonte ]

Podes empregar estes comandos para cambiar de nick, rexistralo, identificarte ou recuperalo. Lembrate de facelo sempre na venta que pon "irc.libera.chat" e non na do canle, para que outros usuarios non poidan ver o teu contrasinal.

  • /nick ****

Serve para cambiar de nick. Substitue os **** polo nick que queiras.

  • /msg nickserv register ****

Cando tenas posto o teu nick, escribe este comando para rexistralo, ponendo o contrasinal que queiras en vez de ****. So fai falla rexistrar o nick a primeira vez que te conectes. O contrasinal que empreges deberia ser diferente ao que utilizas na Wikipedia porque poderias escribir por erro o contrasinal na canle e poderiano ler todos os usuarios, ainda que non e habitual porque a maioria dos clientes permiten identificarte automaticamente.

  • /msg nickserv identify ****

Cada vez que entres no chat podes identificar o teu nick con este comando. Non e obrigatorio, mais si recomendable.

  • /msg nickserv set password ****

Serve para cambiar de contrasinal. Substitue os **** polo novo contrasinal que queiras poner.

Que son eses caracteres raros que vexo? (problemas con UTF-8) [ editar a fonte ]

No IRC utilizamos a codificacion UTF-8 para charlar (a mesma que utiliza a Wikipedia ).

Na actualidade, a maioria dos clientes poden interpretar correctamente a codificacion UTF-8, asi que se ves caracteres estranos e moi probable que o teu cliente estea desactualizado ou mal configurado. Para solucionar iso hai moitos parches ou tI mesmo podes configuralo.

Usuarios do IRC [ editar a fonte ]

:-) Este usuario conectase a Canle de IRC da Galipedia #wikipedia-gl .
O seu nick e exemplo .

Se es un usuario habitual do canle IRC da Galipedia podes engadir na tua paxina o marcador {{Usuario IRC|nome}} para que o resto dos usuarios poidan identificarte coma tal.

A canle #wikipedia-gl e a wikipedia [ editar a fonte ]

A canle #wikipedia-gl en Libera.chat e un lugar non oficial no que os colaboradores conversan mediante IRC. No que fai respecto a sua relacion coa Wikipedia, o IRC e o equivalente a unha mensaxe por correo electronico ou a parolar nun bar: son conversas privadas que, normalmente, non tenen influencia sobre como se debe desenvolver a Galipedia.

Alguns usuarios conectanse mentres traballan na Galipedia e observan as discusions de cando en vez para ver de que se esta a falar ou para participar. Alguns programas alertan cando se produce actividade na canle para que os colaboradores non perdan nada. Frecuentemente, os usuarios acoden a #wikipedia-gl para realizar consultas rapidas ou para chamar a atencion dos demais sobre algo en particular.

Para debates oficiais, o lugar apropiado e A Taberna .