한국   대만   중국   일본 
Wenceslao Gonzalez Garra - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Wenceslao Gonzalez Garra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaWenceslao Gonzalez Garra

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 19 de xaneiro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcia de Arousa, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 16 de setembro de 1965 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vilagarcia de Arousa, Espana Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion empresario , politico Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Premios

Wenceslao Gonzalez Garra , nado en Vilagarcia de Arousa o 19 de xaneiro de 1888 e finado na mesma vila o 16 de setembro de 1965 , foi un navieiro e politico galego.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Wenceslao Gonzalez Jimeno e Camila Garra Castellanzuelo. Propietario da navieira Gonzalez Garra. [ 1 ] Foi consignatario e dono do Salto Electrico do Tambre que adquiriu en 1918, [ 2 ] e que foi xerme de Fenosa . Constituiu en 1918 a sociedade Fabricas Corunesas de Gas y Electricidad xunto con Ricardo Rodriguez Pastor . [ 3 ] Foi socio prioritario da Compania General de los Ferrocarriles de Galicia constituida en 1920 e principal accionista da Compania Minera de Linares en 1939. Encomendou ao seu amigo Antonio Palacios o proxecto de Ensanche de Vilagarcia de Arousa , cuxos planos se exhibiron na Casa do Concello. [ 4 ] Formou parte dos consellos de administracion de FENOSA e do Banco de Vigo .

Membro do Partido Conservador , foi elixido deputado polo distrito de Cambados nas eleccions de 1920 e volveu ser elixido deputado nas eleccions de 1923 . Na Republica integrouse no Partido Radical , despois pasou a militar na CEDA e presentouse na candidatura de dereitas as eleccions de febreiro de 1936 . [ 5 ] Amigo persoal do xeneral Emilio Mola , foi un dos empresarios que financiou a conspiracion que deu lugar ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 . En setembro de 1936 foi a Burgos e ao regreso trouxo a Consuelo Bascon, esposa de Mola, e a sua filla a pasar uns dias en Vilagarcia. [ 6 ] Tamen acompanou ao xeneral Cabanellas cando visitou Vilagarcia en outubro como inspector xeral do Exercito. [ 7 ] Acompanou a Francisco Franco na visita que este fixo a Vilagarcia en 1941.

Foi un gran amante do deporte da vela, ganador de trofeos patroneando os balandros de 6,5 metros Cisco e Folerpa. [ 8 ] [ 9 ]

Reconecementos [ editar | editar a fonte ]

  • Foi nomeado fillo predilecto de Vilagarcia de Arousa.
  • O 7 de setembro de 1953 foille imposta a Gran Cruz do Merito Naval.

Vida persoal [ editar | editar a fonte ]

Casou con Purificacion Rasilla Salgado

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Navieras 1928 Consultado o 28 de agosto de 2012.
  2. Gonzalez Perez, Claudio (4 de abril de 2009). "A catedral industrial galega" . GaliciaHoxe . Arquivado dende o orixinal o 29 de xuno de 2013 . Consultado o 28 de agosto de 2012 .  
  3. "Se constituyo el 1 de noviembre de 1918, con un capital social de 2.000.000 pts. De la empresa formaba parte la Cooperativa Electrica Corunesa, con una aportacion de 1.600.000 pts., y el grupo bancario formado por Ricardo Rodriguez Pastor y Wenceslao Gonzalez Garra, representando un capital de 400.000 pts."
    Citado en Miras Araujo, Jesus; Martinez Lopez, Alberte. "LA TRANSICION ENERGETICA EN LAS CIUDADES DE GALICIA. DEL GAS A LA ELECTRICIDAD, 1850-1936" (PDF) . webcache.googleusercontent.com . p. 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2019 . Consultado o 7 de xuno de 2019 .  
    .
  4. El tesoro de la costa vilagarciana - Faro de Vigo. Consultado o 28 de agosto de 2012.
  5. El Pueblo Gallego , 12-2-1936, p. 11.
  6. El Diario de Pontevedra , 7-9-1936, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego , 24-10-1936, p. 11.
  8. Ochenta anos de regatas . Faro de Vigo. Consultado 28 de agosto de 2012
  9. El blog de Arlillo Consultado o 28 de agosto de 2012.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]