한국   대만   중국   일본 
Vulcano (planeta hipotetico) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vulcano (planeta hipotetico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vulcan nun diagrama do Sistema Solar fabricado para diversas escolas en 1846, pouco antes do descubrimento de Neptuno pola mesma persoa que o teorizou: Urbain Le Verrier. [ 1 ]

O Planeta Vulcano foi un hipotetico planeta intramercurial proposto en setembro do 1859 polo matematico e astronomo frances Urbain Le Verrier .

Argumentos da sua existencia [ editar | editar a fonte ]

No 1840 , o director do Observatorio de Paris; Francois Arago, e o matematico frances Urbain Jean Joseph Le Verrier trataron de explicar a variacion de 43 segundos de arco que se detectou no perihelio do planeta Mercurio . O seu estudo construiuse baseandose na Lei da Gravitacion Universal de Isaac Newton .

En 1843 , Le Verrier publicou a sua teoria na que proponia a existencia dun pequeno planeta que perturbaba a orbita de Mercurio, do mesmo xeito que a orbita de Urano se ve perturbada pola orbita de Neptuno , tal e como el mesmo predixera con anterioridade.

Procura de Vulcano [ editar | editar a fonte ]

Tras a publicacion da hipotese de Le Verrier, numerosos astronomos afeccionados e mesmo profesionais afirmaron velo. Entre 1826 e 1843 o astronomo afeccionado Heinrich Schwabe, farmaceutico de profesion, tentou atopar o planeta observando os arredores do Sol sen obter ningun resultado. Poren, Schwabe descobre o ciclo decenal das manchas solares que se facian visibles baixo a fotosfera solar, mentres buscaba infrutuosamente o hipotetico planeta Vulcano.

Debido a sua proximidade ao Sol , mais reducida que a de Mercurio, Vulcano era invisible practicamente todo o tempo. So durante as eclipses solares podia tentarse a sua procura.

Malia o prestixio de Urbain Le Verrier era, no momento, considerable, poucos astronomos crian seriamente na existencia do devandito planeta. Tras a eclipse total de xullo no 1860 observada desde Espana , non foi posible enxergar a Vulcano ,a pesar das melloras instrumentais e fotograficas. O astronomo aleman Christian Heinrich Friedrich Peters confesou a prensa: “Non penso ser como un parrulo salvaxe, que voa detras dos paxaros miticos de Le Verrier”. [ Compre referencia ] Tras o falecemento deste, o 23 de setembro de 1877 , a existencia de Vulcano corria perigo, ao perder un apoio tan importante.

O climax da sua baldia busca chegou coa eclipse total de sol do 29 de xullo de 1878 , visible nos Estados Unidos . Gran numero de astronomos norteamericanos desprazaron os seus instrumentos, reloxos e camaras fotograficas por boa parte da xeografia nacional, para faceren un varrido sistematico das inmediacions solares. Nunha das principais expedicions, dirixida polo astronomo James Craig Watson na cidade de Rawlins ( Wyoming ), estivo o propio Thomas Alva Edison non so para asistir ao evento senon para probar un dos seus novos inventos, un termometro moi sensible a calor solar. Outro equipo non menos importante, dirixido por Simon Newcomb, instalouse en Separtion (Wyoming), preto do equipo anterior. Ainda que as observacions non foron definitivas nin estaban claras, por mor da extensa coroa solar, Watson estivo convencido o resto da sua vida de observar non un, senon dous planetas intramercuriales. Peters criticou estas observacions tras asegurar que so se trataban das estrelas. [ Compre referencia ]

Durante a seguinte expedicion a unha nova eclipse solar total, en 1883 , o astronomo Edward S. Holden, sucesor de Watson, efectuou novamente delicadas observacions das inmediacions solares. Tampouco tivo exito na sua procura, a pesar das melloras instrumentais.

Fin da procura [ editar | editar a fonte ]

No 1877 , Le Verrier faleceu convencido de que descubrira outro planeta, ainda que a procura de Vulcano finalizou ao demostrarse erronea a sua hipotese.

Finalmente, no 1915 , Einstein explicou a orixe do corremento perihelico de Mercurio utilizando a sua teoria da relatividade xeral . As variacions na orbita producianse como subproduto da forza gravitacional do Sol . As suas ecuacions predixeron a orbita de Mercurio, asi como as do resto dos planetas, cunha precision sen precedentes.

Dende enton, quedou descartada a hipotese da existencia do planeta Vulcano.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "LOC file of the solar system, as seen in 1846" . Consultado o 2 de enero de 2019 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]