Vicente Alvarez Areces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVicente Alvarez Areces

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 4 de agosto de 1943 Editar o valor em Wikidata
Xixon, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 17 de xaneiro de 2019 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Xixon, Espana Editar o valor em Wikidata
Causa da morte Infarto cerebral (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Senador de Espana
13 de decembro de 2011 ? 16 de xaneiro de 2019
Presidente do Principado de Asturias
20 de xullo de 1999 ? 15 de xullo de 2011
←  Sergio Marques ? Francisco Alvarez-Cascos  →
Alcalde de Xixon
30 de xuno de 1987 ? 3 de xullo de 1999
←  Jose Manuel Palacio (en) Traducir ? Paz Fernandez Felgueroso  → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Educacion Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion politico , matematico Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Socialista Obrero Espanol (1983?2019)
Partido Comunista de Asturias (1962?1978) Editar o valor em Wikidata
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Premios

Vicente Alberto Alvarez Areces , nado en Xixon o 4 de agosto de 1943 e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 2019 , foi un politico asturiano do PSOE . Foi alcade da sua vila natal e dende 1999 ate 2011 foi o presidente do Principado de Asturias . Diplomouse en 1964 como enxeneiro tecnico industrial pola Universidade de Xixon . Casado, tivo dous fillos.

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Naceu en Xixon o 4 de agosto de 1943 . En 1964 , terminou os seus estudos como perito industrial, na rama electrica, na Escola de Xixon, traballando como profesor de Topografia e Construcion en dita escola, e ao ano seguinte empeza a estudar matematicas en Santiago de Compostela , licenciandose en 1973 . Foi profesor titular de Estatistica na Universidade de Oviedo . En 1962 ingresou no PCE , onde estivo ate marzo de 1978 . Como membro do Comite Central do PCE, ao que pertence desde 1969 ate 1977 , organizou e presidiu a I Conferencia Rexional do PCE de Asturias. Horacio Fernandez Inguanzo relevouno na secretaria politica na II Conferencia Rexional debido as discrepancias dentro da direccion e con Comisiones Obreras (CC.OO.) . Tras as primeiras eleccions xerais dese ano adoptou unha postura critica coa direccion, que se foi agravando co tempo, ate que abandonou o partido tras a III Conferencia Rexional ( Perlora , marzo de 1978 ), xunto a outros 112 delegados. En 1983 foi nomeado Director Provincial do Ministerio de Educacion e Ciencia, e en 1985 , Xefe do Servizo de Inspeccion Tecnica de Educacion no Ministerio de Educacion e Ciencia, en Madrid, con categoria de Subdirector Xeral, ate o ano 1987 , cando comezou a sua carreira politica en Asturias .

Nas eleccions municipais de 1987 , encabezou a candidatura do PSOE ao concello de Xixon , resultando ganador e investido Alcalde en substitucion de Jose Manuel Palacio . Repetiu candidatura e triunfo nas eleccions de 1991 e 1995 .

En 1998 , co Partido Popular gobernando o Principado de Asturias , fi designado candidato do PSOE a presidencia do Principado de Asturias , tras ter ganado as primarias. Concorreu, polo tanto, como cabeza de lista da candidatura socialista nas eleccions autonomicas de xuno de 1999 a Xunta Xeral do Principado , pola circunscricion central . A candidatura resultou ganadora por maioria absoluta e Areces foi investido Presidente do Principado de Asturias o 20 de xullo.

Nas eleccions autonomicas do 2003 , repetiu como cabeza de lista e revalidou a vitoria, esta vez sen maioria absoluta. Foi investido de novo Presidente co apoio dos Deputados de Izquierda Unida con quen o PSOE fixo un pacto de goberno para a lexislatura.

Revalidou a sua vitoria nas eleccions de 2007 , ainda que o PSOE quedou unicamente un escano por riba do PP . Areces iniciou a sua terceira lexislatura como Presidente co unico apoio do seu Grupo Parlamentario. Finalmente, en 2008 , PSOE e IU alcanzaron un novo pacto e formaron un goberno de coalicion.

O 8 de xullo de 2010 , anunciou que non se presentaria a reeleccion nas eleccions autonomicas que se celebrarian en 2011 , tras tres lexislaturas a fronte do Goberno Autonomico. [ 1 ]

Foi candidato nas eleccions xerais do 20 de novembro de 2011 presentandose para o Senado de Espana polo PSOE na circunscricion electoral de Asturias , obtendo finalmente o escano.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Areces no repetira como candidato y despeja el camino a Javier Fernandez .El Comercio Digital. [1]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]