Tres Reinos de Corea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Tres Reinos de Corea
Mapa Tří království Koreje na konci 5. století
Mapa T?i kralovstvi Koreje na konci 5. stoleti
Mapa dos Tres Reinos de Corea,
o fin do seculo V
Nome coreano
Romanizacion Revisada de Corea Samguk
McCune-Reischauer Samguk
Hangul 三國
Hanja 三國

Os Tres Reinos de Corea foron os reinos de Goguryeo , Baekje e Silla , que ocuparon a Peninsula de Corea e Manchuria , entre o S. I a.C. do S.VII d.C .. Outros pequenos reinos e estados tribais existiron antes e durante dito periodo, incluindo Gaya , Dongye , Okjeo , Buyeo , Usan , Tamna etc.

Tradicionalmente, o periodo faise coincidir co 57 a.C. , cando o reino Saro (despois Silla) no sueste da peninsula obtivo a autonomia da China , no imperio da dinastia Han . No norte Goguryeo e no sur o rio Yalu (Rio Amnok en coreano) tiveron a independencia no 37 a.C. No 18 a.C. , dous principes Goguryeo mantiveron unha disputa sobre a sucesion e estableceron Beaekje no suroeste da peninsula (hoxe Seul ), con capital en Ungjin (hoxe Gongju ou Chongju) e despois en Sabi (hoxe Puyo) no suroeste de Seul. O reino Gaya foi separado de Beakje no S.I .

O final da dinastia Han , o comezo do S.III , deixou o desenvolvemento dos tres reinos liberado. Os tres tinan a mesma cultura. O Confucianismo era a expresion da alta sociedade coreana dende o S.I a.C. Despois foi totalmente desprazado polo Budismo .

Goguryeo, O maior dos tres, tina das capitais alternativas. Nangnang (hoxe Pyongyang ) e Kungae sobre o rio Yalu. O comezo, o estado situado sobre o bordo da China conquistou pouco a pouco vastos territorios de Manchuria , e finalmente chineses dende Nangnang no 313 . A influencia cultural chinesa permaneceu, de xeito que o budismo foi a relixion oficial dende 372 .

No S.IV , Baekje foi moi prospero e dominou polo menos a metade da peninsula, a sua parte sur.

Renomeado Silla no 503 , o conecido como reino de Silla absorbeu o reino de Kaya ou Gaya dentro das suas fronteiras na metade do S.IV. A capital de Silla era Gumsong (hoxe Gyeongju ou Kyongju ). O budismo foi relixion oficial a partir de 528 .

Aliado con China , dinastia Tang , Silla conquistou Goguryeo no 668 , tras telo feito con Baekje no 660 , pasando o periodo de unificacion de Silla e ponendo fin o periodo dos Tres Reinos.

O nome "Samguk", ou "Tres Reinos" foi usado nos titulos dos clasicos coreanos Samguk Sagi e Samguk Yusa .