한국   대만   중국   일본 
Tratado de Passarowitz - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tratado de Passarowitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A rexion do Banato en 1718.

O Tratado de Passarowitz , ou Paz de Passarowitz ou Po?arevac , asinouse o 21 de xullo de 1718 e supuxo o fin da guerra Austro-Turca (1716-1718) .

Historia e caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Baixo a mediacion de Inglaterra e das Provincias Unidas , os representantes do Sacro Imperio Romano Xermanico ( Austria ), da Republica de Venecia e do Imperio Otoman reunironse en Passarowitz (Po?arevac, ao sueste de Belgrado ) en maio de 1718. [ 1 ]

Polo Tratado de Passarowitz, Venecia confirmaba a posesion de Dalmacia , as illas Xonicas e as cidades de Preveza e Arta , pero perdia Morea e Creta (que recuperara no anterior Tratado de Karlowitz , 1699).

O Emperador de Austria retina as suas adquisicions: o Banato de Temesvar , o oeste de Valaquia ( Oltenia ) e un extenso territorio en torno a Belgrado (aproximadamente a metade de Serbia ).

En Bosnia e Croacia , os rios rio Sava e o rio Una utilizaronse para fixar as fronteiras. [ 2 ]

Como consecuencia do tratado, confirmouse a preponderancia de Austria nos Balcans e a rexion do Danubio , marcando o final da hexemonia turca, que fora indiscutibel no periodo anterior (ate o sitio de Viena de 1683).

O tratado significou a fixacion dun equilibrio duradeiro entre as potencias da rexion, que non se rompeu ate o seculo XIX ainda que a delimitacion territorial variou no Tratado de Belgrado (1739), que devolveu aos turcos o norte de Bosnia , a zona de Belgrado e Oltenia.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Hochedlinger, Michael. Austria's wars of emergence 1683-1797 . Ed. Pearson Education, 2003 pax. 195
  2. Hochedlinger, Michael. Austria's wars of emergence 1683-1797 . Ed. Pearson Education, 2003, pax. 195

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • The Times History of Europe , Times Books, Londres, 2002.

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]