Tratado de Niza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Union Europea

Este artigo forma parte da serie:
Politica e goberno
da Union Europea


Tratados
Bruxelas   · Roma   · Maastricht   ·
Acta Unica Europea
Amsterdan   · Niza   · Lisboa
Institucions
Comision

Presidente da Comision Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Union Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Union Europea
Banco Central Europeo   · Consello Europeo

Outros
Membros   · Alongamento   · Lei   · Euro
Relacions internacionais   · Corpos   · Axencias

Conecese como Tratado de Niza o tratado discutido e acordado polo Consello de Europa entre os dias 7 e 9 de decembro de 2000 e asinado o 26 de febreiro de 2001 , para modificar os tratados vixentes. Entrou en vigor o 1 de febreiro de 2003 tras ser ratificado polos 15 estados membros segundo o previsto nas suas respectivas normativas constitucionais .

Contidos [ editar | editar a fonte ]

O proposito primario do tratado de Niza era reformar a estrutura institucional para afrontar a ampliacion da Union Europea , unha tarefa que teria que ter levado a cabo a Conferencia intergobernamental do Tratado de Amsterdan , que non obstante, non puido resolver en case ningun punto.

O Tratado adoptado polo Consello Europeo de Niza foi moi criticado [ Compre referencia ] . Alemana esixira ter maior peso no voto por mor da sua maior poboacion, ao cal se opuxo Francia que insistiu en que se mantivese a tradicional paridade entre Francia e Alemana [ Compre referencia ] . Unha proposta que simplificaria moito o sistema actual seria a de introducir a dobre maioria de Estados membros e poboacion para substituir o sistema actual de maioria cualificada, ao cal tamen se opuxo Francia por razons semellantes. Finalmente acadouse un compromiso que consistia nunha dobre maioria de estados membros e votos. Ademais un Estado membro poderia solicitar opcionalmente que se verificase que os paises de voto afirmativo representaban unha proporcion suficiente da poboacion da Union.

O Tratado estableceu que se aumentase o numero de escanos no Parlamento Europeo ata alcanzar os 732, o que excedia o disposto no Tratado de Amsterdam. A cuestion da reducion do tamano da Comision Europea resolveuse establecendo que, unha vez que o numero de Estados membros chegase a 27, o numero de comisarios nomeados na seguinte Comision seria reducido por baixo dos 27 polo Consello, sen chegar a especificar como se realizaria esa reducion [ Compre referencia ] . Como medida transitoria especifica que despois do 1 de xaneiro de 2005, Alemana, Francia, o Reino Unido , Italia e Espana renunciarian ao seu segundo comisario.

O Tratado establecia a creacion de tribunais subsidiarios de rango inferior ao Tribunal de Xustiza da Union Europea e o Tribunal de Primeira Instancia para as areas xuridicas de especial interese como a de patentes [ Compre referencia ] .

O Tratado de Niza creou novas normas para regular unha colaboracion mais estreita, xa que considera inaplicables as normas introducidas no Tratado de Amsterdam e destacou que estas normas ainda non foron empregadas. En resposta as fracasadas sancions contra Austria , impostas despois de que unha coalicion que incluia ao partido de Jorg Haider chegase ao goberno, e a causa do temor de que os novos Estados membros puidesen no futuro por en perigo a estabilidade da Union, o Tratado de Niza adoptou por primeira vez normas formais para aplicar sancions a un Estado membro [ Compre referencia ] .

O Tratado tamen estableceu disposicions sobre as consecuencias financeiras da expiracion do Tratado de Paris ou da Comunidade Europea do Carbon e do Aceiro [ Compre referencia ] .

Considerouse que o Tratado de Niza non tratara a cuestion basica da reforma institucional [ Compre referencia ] , xa que as institucions da Union Europea seguian sendo demasiado complexas, polo que en Niza acordouse o establecemento da Convencion Europea que conduciria a unha Conferencia Intergobernamental en 2004 .

A Comision e o Parlamento Europeo mostraron a sua decepcion polo feito de que a Conferencia Intergobernamental de Niza non adoptou moitas das suas propostas no que respecta a reforma da estrutura institucional ou a introducion de novos poderes [ Compre referencia ] , como o nomeamento do Fiscal Europeo. O Parlamento Europeo ameazou con aprobar unha resolucion contra o Tratado, ainda que non ten capacidade formal de veto . Ademais o Parlamento italiano ameazou con non ratificalo [ Compre referencia ] , se o Tratado non contaba co apoio do Parlamento Europeo. Con todo, nada disto chegou a suceder e o Parlamento Europeo aprobou o Tratado.

Moitos argumentan que a estrutura de piares, que se mantivo no Tratado, e demasiado complicada, que os diferentes tratados deberian fusionarse nun, que o tres (agora dous) personalidades legais das Comunidades deberian fusionarse e que a Comunidade Europea e a Union Europea deberian fusionarse nunha unica Union Europea cunha unica personalidade xuridica. As rexions alemas tamen demandaron unha separacion de poderes clara entre a Union e os Estados membros.

Por outra banda, o Tratado de Niza tampouco incorpora a Carta de Dereitos Fundamentais, xa que este aspecto tamen quedou para a Conferencia Intergobernamental de 2004 tras a oposicion do Reino Unido.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artgigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]

  • EUABC - online dictionary on the EU, includes "Reader-friendly EU Constititution" (in European languages, you may contribute too)
  • EUobserver - observing the EU, news, comments, sources, newsletter by e-mail (english)