Transmutacion das especies

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Transmutacion das especies e un termo utilizado na historia da bioloxia , para describir o cambio dunha especie noutra. A terminoloxia era habitualmente utilizada en tempos predarwinianos, noutras "hipoteses do desenvolvemento" (un dos termos utilizados por Darwin ) e na "teoria de gradacion regular", utilizada por William Chilton o xornal The Oracle or Reason. "Transformacion" e outra palabra utilizada, neste contexto, en lugar de "transmutacion".

Os pensadores preevolucionistas dos seculos XVIII e XIX tiveron que crear os termos para expresar as suas ideas, e a terminoloxia non quedou uniformada ate un tempo despois da publicacion da orixe das especies. A palabra " evolucion " foi un concepto posterior, podese atopar na obra de 1851 de Herbert Spencer Social Statistics e noutra anterior, pero non tivo uso estendido ate entre os anos 1865 e 1870.