한국   대만   중국   일본 
The Sims 4 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

The Sims 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Sims 4
Desenvolvedor(es) The Sims Studio
EA Salt Lake
Maxis Label
Distribuidora(s) Electronic Arts
Director(es) Rachel Franklin
Lucy Bradshaw
Produtor(es) Lyndsay Pearson
Shannon Copur
Desenador(es) Ray Mazza
Motor The Sims 4 Engine
Lanzamento 2 de setembro do 2014 ( America )
4 de setembro do 2014 ( Europa )
17 de febreiro do 2015 ( OS X )
14 de novembro do 2017 ( Xbox One e PS4 )
Xenero Simulacion de vida , Simulacion social
Modos de xogo videoxogo para un xogador
Clasificacion PEGI
USK [ 1 ]
Plataforma(s) PC , [ 2 ] OS X e Xbox One
Formato(s) Distribucion dixital , DVD
Controis Teclado , Rato , GamePad
Serie The Sims (saga)
Na rede
https://www.ea.com/games/the-sims/the-sims-4
IMDB: tt4109630 Facebook: TheSims Twitter: thesimsrussia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

The Sims 4 e un videoxogo de simulacion social e de vida . E a cuarta entrega da serie The Sims . Electronic Arts anunciou o xogo o 6 de maio do 2013, [ 2 ] e lanzouse ao mercado para Microsoft Windows o 1 de setembro do 2014 en Estados Unidos e o 17 de febreiro do 2015 para OS X . Mais tarde en xullo do 2017 anunciouse que The Sims 4 chegaria a Xbox One e a PlayStation 4 o 17 de novembro do mesmo ano.

Sistema de xogo [ editar | editar a fonte ]

Creacion dun Sim [ editar | editar a fonte ]

E o apartado que sufriu a maior renovacion tecnoloxica respecto a entregas anteriores. Por primeira vez permitese modelar o Sim como se fose unha figura de arxila, facendo clic sobre calquera zona do corpo que se quere cambiar e arrastrando o rato para modificala ao gusto. Practicamente calquera zona do corpo pode modificarse desta forma, dende as orellas e o tamano da testa ata o tamano dos pes. Tenen, ademais, dous controis basicos, un que define o tamano muscular, axustandose automaticamente a masa e ao marcado abdominal do Sim e outro que define a sua graxa corporal. E tamen hai unha serie de configuracions corporais predefinidas que se poden escoller como en entregas anteriores. Pero desaparecen opcions presentes na entrega anterior, como a posibilidade de configurar libremente a cor da roupa, o cabelo ou os ollos, volvendo a ter que escoller entre unha coleccion limitada de cores para cada caso.

Na roupa, no momento do lanzamento podianse definir as vestimentas informal, para roupa cotia; formal, roupa de etiqueta; deportiva, roupa para facer exercicio; para durmir, roupa interior e pixamas; de festa, roupa que se utilizara para sair de noite, mais desenfadada que a de etiqueta pero mais elegante que a cotia. Co parche posterior no que se engadiron ao xogo as piscinas, engadiuse o traxe de bano como roupa elixible.

Nos trazos de personalidade, debe escollerse unha aspiracion vital entre a variedade disponible, e esta colocara un trazo automatico de personalidade, e despois hai que escoller outros tres trazos mais da variedade disponible, que definiran a personalidade, o comportamento e as emocions do Sim. Tamen sera posible personalizar a voz e a forma predeterminada de caminar do Sim. [ 3 ]

Xogo no barrio [ editar | editar a fonte ]

O sistema de xogo recupera certos trazos dos Sims 2, como a carga entre distintas unidades domesticas e a imposibilidade de ver o barrio enteiro como un todo. Dividense os barrios en distintas zonas, cada unha delas con varias unidades domesticas. Un Sim de determinada zona podera pasear libremente pola rua no barrio que corresponde a esa zona, pero se quere pasar a unha das unidades domesticas desa zona (ou volver a propia tras unha visita) ou quere pasear pola rua doutra zona distinta, o xogo tera que facer unha carga. Cando se lanzou o xogo, este non incorporaba a "etapa de vida" infantes, creando queixas dos afeccionados, [ 4 ] ainda que en xaneiro de 2017 foi engadido mediante unha actualizacion gratuita. [ 5 ]

A hora de construir as casas mostrase tamen unha interface renovada respecto a entregas anteriores. As habitacions convertense en entidades independentes dentro das casas, e e posible redimensionalas, cambialas de sitio, crealas ou destruilas de forma independente e sen que afecte ao resto da casa, existindo ademais unha coleccion de habitacions predesenadas que se poden colocar e redimensionar ao gusto, acelerando desta forma a construcion de casas. Foi criticada no momento do lanzamento a imposibilidade inicial de colocar piscinas nas casas, [ 4 ] ainda que esta caracteristica se engadiu nun parche dous meses despois do lanzamento do xogo.

No control do personaxe, simplificase a interface de usuario. As necesidades reducense a so seis: Vexiga, Fame, Enerxia, Diversion, Interaccion social e Hixiene, e o motor do xogo trasladase ao novo sistema de emocions, que e a novidade principal da entrega. Dende esta entrega, o comportamento do Sim vese influenciado directamente pola emocion que estea vivindo en cada momento. Seguen presentes os estados de humor que debutaron en The Sims 3 , pero agora son eles os que influen directamente nas emocions. Tamen o nivel das necesidades influe directamente nas emocions. Hai dous tipos de emocions, positivas ou negativas. Entre as positivas encontranse entre outras Contento, Coqueto, Centrado, Seguro, Inspirado, Vigorizado ou Bromista, e entre as negativas encontranse Triste, Avergonado, Confundido, Tenso, Enfadado, Incomodo ou Aburrido. Cada unha destas emocions pode estar presente ata en tres graos de intensidade. Tamen esta o estado de emocion Normal, que e a ausencia dunha emocion determinada e que non ten efectos sobre o Sim.

Cando un Sim esta vivindo unha emocion pode realizar diversas accions con maior ou menor dificultade o aproveitamento. Por exemplo, un Sim coqueto tera mais facil iniciar interaccions sentimentais con outro Sim que un enfadado. Ademais, a forma de moverse e interactuar do Sim cambia segundo a emocion, por exemplo un Sim tenso tendera a pechar a porta da neveira dun golpe, caminar grunindo e falar con outros Sims de forma malhumorada. Os trazos de personalidade dun Sim influiran directamente na suas emocions, por exemplo un Sim co trazo Alegre pasara automaticamente a emocion Contento con maior frecuencia e un Sim co trazo melancolico pasara automaticamente a emocion Triste. Ao realizar accions no xogo, como comer ou tomar unha ducha, os Sims poden obter estados de humor, que a sua vez influen directamente nas emocions e poden aumentar ou diminuir a sua intensidade ou cambialas. O nivel de necesidades do Sim pode xerar estados de humor e estes a sua vez influir nas emocions. Por exemplo, un Sim coa necesidade de Vexiga baixa adquirira o estado de ganas de ir ao bano, que a sua vez o fara adquirir a emocion Incomodo.

No control do Sim incluese a posibilidade de que o Sim poida realizar ata tres accions compatibles ao mesmo tempo, por exemplo pode estar comendo mentres ve a tele no sofa e esta falando cun Sim sentado ao seu lado. E incluese a novidade dos eventos sociais, distintas situacions como pedir unha cita a un Sim ou celebrar un aniversario, unha voda ou unha festa xenerica que inician un minixogo no que e necesario realizar, a modo de misions, as distintas accions que nos suxire a interface para ganar puntos no evento e obter medallas que daran recompensas ao Sim ou a familia. Por exemplo, nunha cita pedirase ao Sim que interactue sentado nun banco coa parella ou que lle dea un bico, ou lle conte un chiste etc., ou nunha voda pedirase, obviamente, que os Sims casen, falar cos invitados, cortar unha torta de vodas, bailar etc. Todo nun prazo de tempo predeterminado ao termo do cal o evento social rematara e recibirase ou non a recompensa. Ademais, como en entregas anteriores, os Sims teran unha serie de desexos que cumprir. Nesta entrega son tres desexos. O primeiro deles depende da emocion que tena nese momento, e os outros dous decidense segundo a sua interaccion co medio. Un Sim contento tera, por exemplo, como primeiro desexo darlle unha aperta a alguen e os outros dous desexos poden ser dar un bico a un Sim que tena cerca ou facer exercicio por ser un do seus trazos Activo. Cumprir os desexos dara puntos de recompensa que se poden cambiar por obxectos ou trazos exclusivos dun catalogo.

A aspiracion vital do Sim determinara asi unha serie de misions que cumprir ao longo da sua vida. Cada aspiracion ten catro niveis, cada un cunha serie de misions a cumprir para superalos, e ao superar o cuarto nivel obtera un trazo de personalidade exclusivo non elixible ao crear un Sim, e podera ademais escoller unha nova aspiracion vital para volver a cumprila e obter un novo trazo de personalidade extra se o consegue, e asi sucesivamente, non tendo limitacion o numero de trazos entre os catro basicos e os exclusivos que pode ter un Sim. Por exemplo, un Sim coa aspiracion "Alma xemelga" tera no primeiro nivel que ter duas citas e ter mozo, mentres que un Sim coa aspiracion Sim do Renacemento, no primeiro nivel tera que aprender un determinado numero de habilidades ata un nivel determinado. Ir superando cada nivel, ademais, ira outorgando puntos de recompensa.

As profesions cambian respecto a entregas anteriores e funcionan cun sistema similar ao das aspiracions vitais. Para ascender nunha profesion sera necesario cumprir unha serie de obxectivos. O primeiro deles aumentar o rendemento ao maximo, e despois ?dependendo da profesion? habera que cumprir outros obxectivos. Para aumentar o rendemento mais rapido sera necesario acudir ao traballo con determinada emocion e realizar unha determinada tarefa diaria segundo a profesion durante un tempo determinado, por exemplo un deportista tera que facer exercicio durante un tempo e rendera mellor se acode ao traballo coa emocion Vigorizado, e un Sim informatico tera que practicar programacion no ordenador un tempo determinado e acudir ao traballo coa emocion Centrado. E entre os obxectivos estara o chegar a determinado nivel dunha habilidade ou realizar determinada accion un numero de veces. Cando todos os obxectivos estean cumpridos, o Sim ascendera ao seguinte nivel de profesion. Como na entrega anterior, a lista de habilidades e dinamica e vanse presentando ao Sim segundo as vai aprendendo ao longo da sua vida interactuando co medio. A novidade e que os Sims ao aprenderen a habilidade adquirena directamente no rango 1 en lugar de 0, e poden mellorala ata chegar ao 10.

Desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

O 25 de abril de 2013, filtraronse na paxina web persoal dun desenvolvedor do videoxogo algunhas capturas de pantalla de prototipos de interface de usuario, destapando de maneira oficiosa o desenvolvemento da cuarta entrega de The Sims.

O 3 de maio de 2013, Electronic Arts enviou un correo electronico a alguns sitios web indicando que haberia un gran anuncio o 6 de maio de 2013, sobre o cal varias personalidades da comunidade especularon que se trataria de The Sims 4 . E finalmente, asi sucedeu: ese mesmo dia, EA publicou un primeiro logotipo oficial e unha imaxe previa do xogo. O dominio do sitio TheSims4.com foi activado e redireccionado ao sitio oficial de The Sims . [ 6 ]

O videoxogo foi desenvolvido por The Sims Studio , dentro do selo Maxis de EA. O selo Maxis ( Maxis Label ) formouse en 2012 para englobar as franquias The Sims e SimCity, e nomeouse a Lucy Bradshaw como directora xeral de dita division.

O desenvolvemento principal de The Sims 4 tivo lugar na sede de EA en Redwood Shores, mentres que durante alguns meses de 2013 e principios de 2014, tiveron a asistencia do equipo secundario de The Sims en Salt Lake City. The Sims Studio en Redwood Shores esta dirixido por Rachel Franklin, maxima responsable do proxecto de The Sims 4.

Cabe sinalar que, ainda que The Sims Studio se encontra dentro da marca Maxis, este non debe ser confundido con Maxis Emeryville, creadores de SimCity, Spore e The Sims 1 e 2, entre outros xogos. Por outro lado, e certo que a directora da division, Lucy Bradshaw, e unha veterana de Maxis que traballou con Will Wright , creador das tres sagas anteriormente mencionadas. Tamen hai certos desenvolvedores que traballaron en ambos os equipos para diferentes xogos.

The Sims 4 foi descrito como un videoxogo onde as opinions da comunidade teran maior relevancia. Tanto e asi que o estudio desenvolvedor formou un grupo de afeccionados especial chamado "YibSims" (≪mellores amigos≫ en simlish ), integrado por alguns dos maiores afeccionados a franquia. Este grupo de afeccionados recibe invitacions a eventos para conecer de primeira man os contidos de futuros xogos de The Sims .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

  • Novos Sims : Podese crear e controlar Sims mais intelixentes, relacionables e emocionalmente diversos.
  • Intelixencia : Os Sims moven e actuan mais naturalmente que antes, dende facer multitarefa ata expresar as suas emocions pola sua forma de caminar. Podese elixir os seus trazos de personalidade e as suas aspiracions, e explorar a profundidade dos seus desexos de toda a vida a traves dos pensamentos, sociabilidade, carreira e recordos.
  • Profundidade emotiva : Por primeira vez, os Sims senten e expresan emocions, e poden experimentar un alcance e profundidade emotiva e ser influenciados por outros Sims, por outras accions, eventos, recordos ou incluso a roupa e obxectos que se elixan.
  • Ferramentas creativas novas: Redisenaronse as ferramentas Crear Un Sim e o Modo Construir . Agora e posible modelar aos Sims de forma tactil, e construir mais intuitivamente habitacions nos fogares.
  • Barrios vibrantes : Novos efectos visuais para a vecinanza dos Sims.
  • Recompensas : Ao completar eventos e posible ganar obxectos, traxes e trazos novos, descubrir coleccionables e desbloquear premios.
  • Compartir creacions : E posible compartir as unidades domesticas con amigos e a comunidade, e descargar as creacions doutros.

Avance [ editar | editar a fonte ]

O avance foi mostrado por primeira vez o 20 de agosto de 2013 no evento e feira Gamescom en Alemana, concretamente en Colonia. Pero tamen e visible na paxina web de YouTube . Nun mostrouse "A chegada" e noutro mostrouse como son os novos Sims, como son as suas ferramentas creativas e como e a vida neles.

Paquetes de expansion [ editar | editar a fonte ]

Get to Work [ editar | editar a fonte ]

O 4 de febreiro do 2015 foi anunciada a primeira expansion para The Sims 4 , chamada Get to Work [ 7 ] que foi publicada o 31 de marzo en Latinoamerica e o 1 de abril en Espana. [ 8 ]

Esta expansion introduce:

  • Profesions activas: medico, policia e cientifico
  • Negocios personalizables
  • Novas habilidades: Fotografia e reposteria
  • Nova forma de vida: Extraterrestres
  • Novo barrio: Magnolia Promenade

Get Together [ editar | editar a fonte ]

O 5 de agosto de 2015 , durante a Gamescom , foi anunciada a segunda expansion para The Sims 4 , chamada Get Together que se lanzou o 10 de decembro do 2015. [ 9 ]

Esta expansion introduce:

  • Unha nova cidade: Winderburg
  • Clubs
  • Novas habilidades: Baile e mesturas musicais
  • Novos lotes comunitarios: Discotecas, cafeterias e piscinas publicas

City Living [ editar | editar a fonte ]

O 3 de novembro de 2016 puxose a venda a terceira expansion, City Living . Esta expansion centrase na vida nunha cidade cosmopolita e inclue as seguintes novidades: [ 10 ] [ 11 ]

  • A cidade San Myshuno
  • Un novo tipo de festa: os festivais
  • Apartamentos en edificios que contaran con trazos propios
  • Habilidade canto
  • Novas profesions: Politico, critico e xestor de redes sociais

Cats & Dogs [ editar | editar a fonte ]

O 10 de novembro de 2017 puxose a venda a cuarta expansion para The Sims 4, Cats & Dogs . Con esta expansion podense engadir cans e gatos as unidades domesticas. Tamen foron agregados como animais do medio aves, mapaches e raposos. [ 12 ]

Tamen inclue as seguintes novidades:

  • Nova cidade: Brindleton Bay
  • Nova carreira profesional: Veterinaria

Paquetes de contido [ editar | editar a fonte ]

Outdoor Retreat [ editar | editar a fonte ]

Outdoor Retreat ( en espanol: De acampada ): E o primeiro paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 13 de xaneiro de 2015. Nel incluese un novo destino, Granite Falls , obxectos, vestiario novo e novas interaccions e habilidades. [ 13 ]

Spa Day [ editar | editar a fonte ]

Spa Day ( en espanol: Dia de spa ): E o segundo paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 14 de xullo de 2015. Nel incluese novas pezas de roupa e novo material para construir un spa , como a cadeira de masaxes e banos de barro. Tamen engade a habilidade Benestar que se mellora dando masaxes, facendo ioga ou meditando. [ 14 ]

Dine Out [ editar | editar a fonte ]

Dine Out ( en espanol: Escapada gourmet ): E o terceiro paquete de contido para The Sims 4 e foi lanzado o 7 de xuno do 2016. Con el podense dirixir e visitar restaurantes. [ 15 ]

Vampires [ editar | editar a fonte ]

Vampires ( en espanol: Vampiros ): E o cuarto paquete de contido, a sua data de lanzamento foi o 24 de xaneiro do 2017. Os Sims poderan converterse en vampiros con novas pezas de roupa, peiteados, cairos e maquillaxe e alternar entre a sua forma vampirica e normal. O paquete tamen inclue unha nova cidade, Forgotten Hollow , e novos mobles como un organo e cadaleitos . [ 16 ]

Parenthood [ editar | editar a fonte ]

Parenthood ( en espanol: Papas y Mamas ): E o quinto paquete de contido de The Sims 4. A sua data de lanzamento foi o 30 de maio do 2017. Con este paquete introducese a habilidade "Aptitude parental" que permite aos sims adultos interactuar cos infantes, nenos e adolescentes de maneiras que influen no seu crecemento, isto vese reflectido nunha seccion do menu chamada "Forxa do caracter". O paquete tamen inclue novos obxectos e vestiario. [ 17 ]

Paquetes de accesorios [ editar | editar a fonte ]

Luxury Party [ editar | editar a fonte ]

Luxury Party [ 18 ] ( en espanol: Fiesta glamurosa ): E o primeiro paquete de accesorios para The Sims 4 e foi lanzado o 19 de maio de 2015 . Este paquete centrase na realizacion de festas engadindo varios vestidos, traxes e maquillaxe asi como mobiliario. Incorpora a "mesa de banquetes" xa vista en anteriores entregas. [ 19 ]

Perfect Patio [ editar | editar a fonte ]

Perfect Patio [ 20 ] ( en espanol: Patio de ensueno ): E o segundo paquete de accesorios para The Sims 4 e foi lanzado o 16 de xuno de 2015 . Inclue baneiras de hidromasaxe, que por primeira vez na saga de The Sims poden ser utilizadas polos nenos, tamen inclue unha nova grella e unha nova barra asi como mobles e roupa para realizar festas no patio dunha casa. [ 21 ] [ 22 ]

Cool Kitchen [ editar | editar a fonte ]

Cool Kitchen ( en espanol: Cocina divina ): E o terceiro paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 11 de agosto de 2015 . Na actualizacion gratuita anterior xa se incluia unha lavalouza e co paquete de accesorios introducese unha maquina coa que se poden facer 30 sabores de xeados, tamen distintos accesorios e electrodomesticos para facer a cocina. Hai peiteados e pezas de roupa para que se vexan xeniais coa cocina. [ 23 ]

Spooky Stuff [ editar | editar a fonte ]

Spooky Stuff ( en espanol: Escalofriante ): E o cuarto paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 29 de setembro de 2015 . Trae un novo tipo de festa no que se pode gozar da travesa fonte de lambetadas terrorifica ao igual que novos traxes como pirata, ninja, superllama ou fada, entre moitas outras cousas que poderas gozar deste pack de accesorios. [ 24 ]

Movie Hangout [ editar | editar a fonte ]

Movie Hangout ( en espanol: Noche de cine ): E o quinto paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 12 de xaneiro de 2016 . Inclue unha pantalla de proxeccions e unha maquina de flocos de millo entre as suas novidades, asi como novas pezas de roupa e peiteados. Para os que querian ver peliculas en The Sims 4, este paquete trae 10 peliculas orixinais. [ 25 ]

Romantic Garden [ editar | editar a fonte ]

Romantic Garden [ 26 ] ( en espanol: Jardin romantico ): E o sexto paquete de accesorios para The Sims 4, foi lanzado o 9 de febreiro de 2016 , inclue o pozo dos desexos "Sonos Murmurados", o parque "Xardins Perdidos da Curacion", que ten un contorno romantico e unha nova emisora de radio de estilo barroco . [ 27 ]

Kids room stuff [ editar | editar a fonte ]

Kids room stuff ( en espanol: Cuarto de ninos ): E o setimo paquete de accesorios de The Sims 4. Foi lanzado o 28 de xuno de 2016 e inclue, entre outras cousas, unha nova videoconsola, unha coleccion de cartas infantis, un teatro de marionetas, e roupa e peiteados novos. [ 28 ] [ 29 ]

Backyard stuff [ editar | editar a fonte ]

Backyard stuff ( en espanol: Diversion en el patio ): E o oitavo paquete de accesorios de The Sims 4. O seu lanzamento foi o 19 de xullo do 2016 e entre outras cousas inclue novos obxectos decorativos, pezas de roupa e material de xogo como un escorregadoiro de piscinas ou unha caseta de paxaros. [ 30 ] [ 31 ]

Vintage Glamour [ editar | editar a fonte ]

Vintage Glamour ( titulo en espanol: Glamour Vintage ): E o noveno paquete de accesorios de The Sims 4. Estreouse o 6 de decembro do 2016. Este paquete inclue roupa e accesorios da epoca dourada de Hollywood (entre os anos 30 e 50 ), un moble bar, un toucador e a posibilidade de contratar un mordomo . [ 32 ] [ 33 ]

Bowling Night Stuff [ editar | editar a fonte ]

Bowling Night Stuff ( en espanol: Noche de bolos ): E o decimo paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 29 de marzo de 2017 . Con el podense engadir pistas de birlos e outros obxectos relacionados coa tematica. Tamen engade unha nova habilidade relacionada cos birlos, unha emisora de radio e novos peiteados e pezas de roupa. [ 34 ] [ 35 ]

Fitness [ editar | editar a fonte ]

Fitness : E o undecimo paquete de accesorios para The Sims 4 que foi lanzado o 20 de xuno de 2017 . Inclue novos artigos como a maquina de exercicio "escalada infinita", videos de adestramento e auriculares. Tamen se inclue roupa e accesorios de fitness . [ 36 ]

Toddler [ editar | editar a fonte ]

Toddler ( en espanol: Infantes ): E o duodecimo paquete de accesorios para The Sims 4, foi lanzado o 24 de agosto de 2017 . Engade novos obxectos, pezas de roupa e peiteados para os infantes, asi como un novo evento: "Quedadas para xogar". [ 37 ] [ 38 ]

Edicion de consola [ editar | editar a fonte ]

O 26 de xullo do 2017 confirmouse que The Sims 4 saltaria as consolas unha vez mais, da man de Xbox One e de Playstation 4, traendo como novidade a integracion de expansions como a sua version de ordenadores. Sairia a venda o 14 de novembro do mesmo ano para os usuarios que sexan membros de EA Access.

The Sims estara desenvolvido por outra empresa polo que non interferira coa version de PC, este tera disponible a version de pre-orde: Deluxe Party Edition , a cal inclue gratis un paquete de expansion e os contidos dixitais incluidos na version Deluxe de Origin.

EA confirmou que esta version sera exactamente igual a de ordenador, sendo esta a primeira vez que isto pasa, posto que as versions de consola acostuman a ser moderadamente ou en ocasions na sua totalidade diferentes.

The Sims 4 para consola inclue de forma predeterminada todas as actualizacions e e fusionado coa expansion "Get To Work", a diferenza da version de PC non se incluen as profesions interactivas e tampouco se poderan utilizar contidos personalizados.

Contido adicional descargable [ editar | editar a fonte ]

Nome Data de saida Descricion
Recompensas NA  : 2 de setembro do 2014
EU  : 4 de setembro do 2014
Contido de bonificacion para os propietarios dos paquetes de expansion de The Sims 3 .
Digital Deluxe Life of the Party ( en espanol: Alma de la fiesta ) NA  : 2 de setembro do 2014
EU  : 4 de setembro do 2014
Incluidos na Edicion Deluxe en adiante. Engade a Barra Tiki flamexante e traxes adicionais.
Awesome Animal Hats ( en espanol: Sombreros impresionantes de animales ) Incluidos na Edicion Deluxe en adiante. Engade unha coleccion de sombreiros de animais.
Up All Night ( en espanol: Para arriba toda la noche ) Incluidos na Edicion Deluxe en adiante. Engade o espectaculo de luz laser, pintura da cara, decoracions de festa e traxes adicionais, dous tipos novos de festa, e novas receitas de cocina.
Holiday Celebration Pack ( en espanol: Celebracion de fiesta Pack ) WW : 16 de decembro do 2014 Un paquete de contido descargable gratuito. Engade decoracions de inverno e traxes.
Grim's Ghoulish Guitar ( en espanol: Guitarra Melodias Macabras ) [ 39 ] WW : 17 de agosto do 2016 Contido de bonificacion por rexistrar o correo electronico.

Recepcion [ editar | editar a fonte ]

O xogo foi recibido con diversas opinions por parte da critica, obtendo unha puntuacion de 71 sobre 100 [ 40 ] e 69,37% [ 41 ] nos agregadores de opinions Metacritic e GameRankings , respectivamente.

Recepcion
Puntuacions agregadas
Agregador Puntuacion
GameRankings 68.65% [ 42 ]
Metacritic 70/100 [ 43 ]
Puntuacions
Publicacion Puntuacion
Eurogamer 7/10 [ 44 ]
Game Informer 6.75/10 [ 45 ]
Game Revolution 3.5/5 estrelas[ 47 ]
GameSpot 6/10 [ 52 ]
GamesRadar+ 3/5 estrelas[ 46 ]
GameTrailers 6.5/10 [ 48 ]
IGN 7.5/10 [ 49 ]
Joystiq 3.5/5 estrelas[ 50 ]
Maximum PC 8/10
PC Gamer (US) 79/100 [ 51 ]
Polygon 6.5/10 [ 53 ]
Hardcore Gamer 2.5/5 [ 54 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "The Sims 4" . Electronic Arts . Consultado o 3 de febreiro do 2014 .  
  2. 2,0 2,1 "Maxis Unveils The Sims 4" . ea.com. 6 de maio do 2013 . Consultado o 6 de maio do 2013 .  
  3. Analises de The Sims 4 en Meristation (en espanol)
  4. 4,0 4,1 S.L., MERISTATION MAGAZINE, (8 de xullo do 2014). "EA responde as queixas por quitar piscinas en The Sims 4" . Meristation (en castelan ) . Consultado o 14 de xaneiro do 2017 .  
  5. "The Sims - Unha gran "pequeactualizacion": ¡The Sims 4 xa ten infantes! - Sitio oficial" . Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2017 . Consultado o 14 de xaneiro do 2017 .  
  6. "The Sims 4" . Electronic Arts . Consultado o 6 de maio do 2013 .  
  7. "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017 . Consultado o 14 de decembro de 2017 .  
  8. "The Sims 4: Get to Work - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015 . Consultado o 9 de xullo do 2016 .  
  9. "Los Sims 4 ¿Quedamos?: todo lo que debes saber" . pekesims.com (en espanol) .  
  10. "Los Sims 4: Urbanitas ? Toda la Informacion" (en espanol) . 13 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2016 . Consultado o 27 de setembro de 2016 .  
  11. "Los Sims - ¡Los Sims 4 Urbanitas esta al caer! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2017 . Consultado o 27 de setembro do 2016 .  
  12. "Los Sims - ¡Los Sims 4 Perros y Gatos llega en noviembre! - Sitio oficial" (en castelan ) . Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017 . Consultado o 14 de outubro de 2017 .  
  13. "Los Sims™ 4 De Acampada (en espanol)" . Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015 . Consultado o 14 de decembro de 2017 .  
  14. "Los Sims - Detalles del producto - Los Sims™ 4 Dia de Spa - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2015 . Consultado o 15 de xullo do 2015 .  
  15. "Los Sims - Construid, abrid y dirigid restaurantes en Los Sims 4 Escapada Gourmet Pack de Contenido - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016 . Consultado o 9 de xullo do 2016 .  
  16. "Los Sims - ¡Vivid eternamente con Los Sims 4 Vampiros Pack de Contenido! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2017 . Consultado o 13 de xaneiro de 2017 .  
  17. "Toda la informacion sobre Los Sims 4: Papas y Mamas" (en espanol) . 16 de maio do 2017. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2017 . Consultado o 5 de xuno do 2017 .  
  18. "The Sims 4 Luxury Party Stuff: New Details" . Sims VIP (en ingles) . Consultado o 17 de maio do 2015 .  
  19. "¡La proxima semana llega Los Sims 4 Fiesta Glamurosa y estais todos cordialmente invitados!" (en espanol) . 13 de maio do 2015. Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2016 . Consultado o 17 de maio do 2015 .  
  20. "The Sims 4 Perfect Patio Stuff: Details" . Sims VIP (en ingles) . Consultado o 13 de xuno do 2015 .  
  21. "Los Sims - ¡A la banera de hidromasaje! La semana que viene llega Los Sims 4 Patio de Ensueno Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016 . Consultado o 22 de xuno do 2015 .  
  22. "Los Sims - Ocho razones que hacen alucinantes las baneras de hidromasaje de Los Sims 4 Patio de Ensueno Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2015 . Consultado o 22 de xuno do 2015 .  
  23. "Los Sims - ¡Alegria, fans de la gastronomia! ¡Los Sims 4 Cocina Divina Pack de Accesorios esta a la vuelta de la esquina!" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2016 . Consultado o 30 de xullo do 2015 .  
  24. "Los Sims - Preparaos para pasarlo de miedo en Los Sims 4 Escalofriante Pack de Accesorios,disponible proximamente¡" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2017 . Consultado o 23 de setembro do 2015 .  
  25. "Los Sims - ¡Hora de ver una peli! La semana que viene llega Los Sims 4 Noche de Cine Pack de Accesorios de miedo en Los Sims 4" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2016 . Consultado o 7 de xaneiro de 2016 .  
  26. "The Sims 4 Romantic Garden Stuff Game Guide" . SimsVIP (en ingles) . Consultado o 30 de agosto do 2017 .  
  27. "Los Sims - El amor esta en el aire con Los Sims 4 Jardin Romantico Pack de Accesorios" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2017 . Consultado o 6 de febreiro do 2016 .  
  28. "Los Sims - ¿Llevais un nino dentro? ¡Echad un vistazo a Los Sims 4 Cuarto de Ninos Pack de Accesorios! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2016 . Consultado o 17 de xullo do 2016 .  
  29. Alfonso. "Los Sims 4 Cuarto de Ninos: todo lo que debes saber" (en espanol) . Consultado o 17 de xullo do 2016 .  
  30. "Los Sims - Disfrutad al sol con Los Sims 4 Diversion en el Patio Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2016 . Consultado o 17 de xullo do 2016 .  
  31. "Toda la informacion: Los Sims 4 Diversion en el Patio" . Rincon del Simmer (en espanol) . 13 de xullo do 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2019 . Consultado o 17 de xullo do 2016 .  
  32. "Los Sims - Vuelve a lo clasico con Los Sims 4 Glamour Vintage Pack de Accesorios - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2016 . Consultado o 30 de novembro do 2016 .  
  33. "Los Sims 4: Glamour Vintage ? Toda la informacion" (en espanol) . 30 de novembro do 2016. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2017 . Consultado o 30 de novembro do 2016 .  
  34. "Los Sims - ¡Acudid a las pistas con Los Sims 4 Noche de Bolos Pack de Accesorios! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2017 . Consultado o 4 de abril do 2017 .  
  35. "Toda la informacion sobre Los Sims 4: Noche de Bolos" (en espanol) . 22 de marzo do 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2017 . Consultado o 4 de abril do 2017 .  
  36. "Los Sims - ¡Haceos ya con Los Sims 4 Fitness Pack de Accesorios y preparaos para sudar! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017 . Consultado o 20 de xuno do 2017 .  
  37. "Toda la informacion sobre Los Sims 4: Infantes Pack de Accesorios" (en espanol) . 15 de agosto do 2017. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017 . Consultado o 14 de outubro do 2017 .  
  38. "Los Sims - ¡Se avecinan mas momentos adorables con Los Sims 4 Infantes Pack de Accesorios, disponible proximamente! - Sitio oficial" (en espanol) . Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017 . Consultado o 14 de outubro do 2017 .  
  39. "Los Sims - ¿Quereis marcaros un rock con la guitarra melodias macabras? - Sitio oficial" (en espanol) . 18 de agosto do 2016 . Consultado o 15 de decembro do 2017 .  
  40. "The Sims 4 at Metacritic" . Metacritic (en ingles) . Consultado o 10 de setembro do 2010 .  
  41. "The Sims 4 at Metacritic" . GameRankings (en ingles) . Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014 . Consultado o 10 de setembro do 2010 .  
  42. "The Sims 4" . GameRankings.com . Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2014 . Consultado o 7 de setembro de 2014 .  
  43. "The Sims 4" . Metacritic .  
  44. Paul, Dean (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 Review: Same as it ever was?" . Eurogamer . Consultado o 10 de setembro do 2014 .  
  45. Wallace, Kimberley (5 de setembro do 2014). "The Sims 4" . Game Informer . Consultado o 7 de setembro do 2014 .  
  46. "The Sims 4 Review:" . GamesRadar . 9 de setembro do 2014 . Consultado o 9 de setembro do 2014 .  
  47. "The Sims 4 Review" . GameRevolution . Consultado o 7 de setembro do 2014 .  
  48. "The Sims 4 Review:" . GameTrailers . 9 de setembro do 2014 . Consultado o 9 de setembro do 2014 .  
  49. "The Sims 4 - La nuova famiglia" . IGN Italia . 8 de setembro do 2014 . Consultado o 9 de setembro do 2014 .  
  50. "The Sims 4 Review:" . Joystiq . 9 de setembro do 2014. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2014 . Consultado o 9 de setembro do 2014 .  
  51. Thursten, Chris (9 de setembro do 2014). "The Sims 4 review" . PC Gamer . Consultado o 9 de setembro do 2014 .  
  52. VanOrd, Kevin (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 review" . GameSpot . Consultado o 10 de setembro do 2014 .  
  53. VanOrd, Kevin (10 de setembro do 2014). "The Sims 4 review: Skin Deep" . Polygon . Consultado o 10 de setembro do 2014 .  
  54. Cooper, Lee (3 de setembro do 2014). "Review: The Sims 4" . Hardcore Gamer . Hardcore Gamer . Consultado o 29 de setembro do 2014 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]