Terraza fluvial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As terrazas fluviais [ 1 ] [ 2 ] son terrazas ou bandas de terreo alongadas que flanquean os lados dunha chaira de inundacion ou val fluvial creadas de forma natural pola erosion dos rios. Non hai que confundilas coas construcions artificiais reforzadas por muros de uso agricola para realizar cultivos en bancais en zonas con moita pendente, chamadas socalcos . [ 3 ]

As terrazas fluviais consisten en bandas de terreo situadas a un mesmo nivel relativo, separadas dunha chaira fluvial adxacente, doutra terraza fluvial situada a outro nivel, ou de elevacions de maior pendente. As terrazas discorren paralelamente e a maior nivel que o leito do rio e a sua chaira de inundacion. Debido a maneira en que se forman, as terrazas fluviais normalmente tenen debaixo sedimentos fluviais ( aluvions ) de grosor moi variable, [ 4 ] [ 5 ] ainda que nalguns casos o rio pode formar terrazas no leito de rocha do fondo do val.

As terrazas fluviais son os restos que quedan de antigas chairas de inundacion que existian cando o rio fluia a unha maior altura antes de que a canle do rio as erosionase e crease unha nova chaira de inundacion a menor altura. Estes cambios de elevacion altitudinal adoitan deberse a cambios no nivel de base do rio do sistema fluvial (elevacion do punto mais baixo do sistema fluvial, xeralmente da cunca hidrografica ), o que orixina unha erosion en direccion a cabeceira do rio ao longo de toda a lonxitude do rio, rebaixando asi gradualmente a sua elevacion. Pode deberse a unha diminucion do nivel do mar ou elevacion do terreo. A erosion profundizando o seu leito feita por un rio principal, pode causar un aumento da velocidade dun afluente, o que fai que este erosione en direccion a sua cabeceira. As terrazas poden tamen orixinarse cando o volume do fluxo fluvial declina debido a cambios no clima , tipico de areas que estan cubertas de xeo durante periodos de glaciacion e as suas cuncas hidrograficas adxacentes. [ 5 ] [ 6 ]

Tipos [ editar | editar a fonte ]

Hai dous tipos basicos de terrazas fluviais, as terrazas deposicionais e as terrazas erosivas de val . As terrazas deposicionais dividense as veces en aninadas e de incision . Ambas poden ser emparelladas ou desemparelladas baseandose nas elevacions relativas da superficie desas terrazas en cada ribeira do rio. [ 7 ] [ 8 ]

Recheo aluvial erosionado de 18 m de grosor en Kanab Creek, Kane County, Utah . En 1884 o rio discorria na parte superior da terraza. Foto de 1939 do Servizo Xeoloxico dos Estados Unidos .

Terrazas deposicionais ou de agradacion. As terrazas deposicionais ( fill terraces na literatura inglesa) son o resultado do recheo dun val por aluvions e sua posterior erosion. O val pode encherse de aluvions por moitas razons, como o fluxo de carga de fondo debido a unha glaciacion ou cambios na potencia da corrente, que causan que o val, que foi modelado pola erosion dun rio, se encha de depositos. O rio continua depositando material ata que se chega a un equilibrio e pode transportar o material en vez de depositalo. Este equilibrio pode durar un breve periodo de tempo, como despois dunha galciacion, ou un longo periodo de tempo se as condicions non cambian. A terraza de recheo crease cando as condicions cambian de novo e o rio xa non deposita nin transporta, senon que empeza a erosionar no material que el mesmo depositara no val. [ 9 ] Unha vez que isto ocorre formanse bancais compostos completamente de aluvions a cada lado do val. Os bancais superiores son as terrazas deposicionais. A medida que o rio segue profundizando nos aluvions estas terrazas quedan nun nivel superior sobre o leito do rio (as veces a 100 m ou mais). A terraza deposicional e so a terraza mais alta resultante do episodio deposicional, se despois se forman multiples terrazas debaixo da terraza deposicional estas denominanse terazas de incision. [ 9 ]

Corte transversal dun val hipotetico que ilustra unha complexa secuencia de terrazas de agradacion (recheo ou deposicion) e degradacion (de incision e de val). ct = terraza de incision, ft = terraza deposicional, ft(b) = terraza deposicional soterrada, fp = chara aluvial activa, e st = terraza de val.

Terrazas de incision ( cut terraces ). As terrazas de incision, tamen chamadas "de incision no recheo" ( cut-in-fill ), son similares as terazas deposicionais mencionadas antes, pero son de orixe erosiva . Unha vez que se depositou o aluvion no val o rio empezou a erosionalo e formaronse primeiro as terrazas deposicionais ao longo das ladeiras do val, e seguidamente poden formarse tamen terrazas de incision baixo as terrazas deposicionais. A medida que o rio segue incidindo no material depositado, poden formarse multiples niveis de terrazas. A superior e a teraza deposicional e as restantes a nivel inferior son terrazas de incision. [ 9 ]

Terrazas de incision aninadas ( nested fill terraces ). Son o resultado de que nun val que estivo cheo de aluvions, que despois foron en parte erosionados, producese unha nova deposicions de aluvions pero a un nivel inferior ao anterior. A terraza que resulta do segundo recheo e unha terraza aninada porque foi “incrustada ou aninada” dentro do aluvion orixinal e creou unha terraza, que ´sua vez e erosionada. Estas terrazas son de orixe deposicional e poden ser identificadas por un subito cambio nas caracteristicas do aluvion, como un material mais fino, por exemplo. [ 9 ]

Terrazas erosivas de val ( strath terraces ). Son o resultado de que o rio erosiona o leito de rocha do val (non os aluvions). A medida que continua escavando o seu leito, pode producirse un periodo de ensanchamento do val, que se fai mais largo. Isto pode ocorrer debido a un equilibrio ao que se chega no sistema fluvial como resultado de: unha elevacion do tereo mais lenta ou detida, un cambio climatico, ou un cambio no tipo de leito rochoso polo que pasa o rio. Unha vez que continua a incision, o achaiado fondo do val composto de rochas (as veces cubertas cunha posible capa delgada de aluvions) queda por riba do nivel do leito do rio. Estas terrazas rochosas son as terrazas de val ( strath terraces ), que son de natureza erosiva. [ 10 ]

Terrazas fluviais desemparelladas en South Fork do rio Shoshone , Park County, Wyoming , 1923. O rio a esquerda atopouse cunha formacion de brechas volcanicas resistentes a erosion, o que fixo que erosionase mais rapidamente a parte dereita, deixando terrazas de diferentes elevacions.

Terrazas emparelladas ou desemparelladas . As terrazas da mesma elevacion a cada lado dun rio denominanse terrazas emparelladas . Aparecen cando o rio erosiona uniformemente a ambos os lados do rio, formando terrazas a cada lado do rio que se corresponden en altura. As terazas emparelladas orixinase polo rexuvenecemento do rio. Ao contrario, as terrazas desemparelladas aparecen cando un rio atopa material nunha das suas ribeiras que resiste a erosion, deixando unha soa teraza nun dos lados e sen terraza correspondente no outro lado mais resistente. [ 6 ]

Aplicacions [ editar | editar a fonte ]

As terazas fluviais poden utilizarse para medir a velocidade coa que un rio esta encaixandose no seu val. Usando varios metodos de datacion, pode determinarse unha idade para a deposicion dunha terraza. Usando os datos resultantes e a altura sobre o seu nivel actual, pode determinarse unha velocidade aproximada de incision no seu leito do rio. [ 10 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Xeoloxia" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
  2. Lexico de xeografia . Universidade de Santiago de Compostela, 1996
  3. Definicions no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para socalco .
  4. Fairbridge, R. W., 1968, Encyclopedia of Geomorphology. Reinhold Book Company, New York.
  5. 5,0 5,1 Blum, M., and T.E. Tonqvist, 2000, Fluvial responses to climate and sea-level change, a review and look forward. Sedimentology. v. 47 suppl. 1, pp. 2-48.
  6. 6,0 6,1 Leet, L.D., S. Judson, and M.E. Kauffman, 1982, Physical Geology , 6th Edition. Englewood Cliffs, NJ: Prentice-Hall. ISBN 0-13-669762-3
  7. Pazzaglia, Frank J., in press, 9.2.3 Fluvial Terraces, Arquivado 01 de agosto de 2010 en Wayback Machine . in Wohl, E., ed., Treatise of Geomorphology. New York, NY: Elsevier.
  8. Morfologia y geometria de los depositos fluviales. Terrazas fluviales
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Easterbrook, Don J., 1999, Surface Processes and Landforms, 2nd Edition. Upper Saddle River, NJ: Prentice Hall. ISBN 0-13-860958-6
  10. 10,0 10,1 Burbank, D.W., and R.S. Anderson, Robert, 2001, Tectonic Geomorphology, Malden, MA: Blackwell Publishing ISBN 0-632-04386-5

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]