한국   대만   중국   일본 
Terceira via - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Terceira via

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hillary Clinton e Tony Blair en febreiro de 2009

A terceira via e unha corrente da ideoloxia social-democrata en voga a partir da decada de 1990. Tenta reconciliar a dereita e a esquerda , a traves dunha politica economica conservadora e dunha politica social progresista. A primeira vista, semella ser unha corrente que presenta unha conciliacion entre capitalismo de libre mercado e o socialismo democratico . Xa que os defensores da terceira via a ven como algo alen do capitalismo de libre mercado e do socialismo democratico. Esta afirmacion da pe a concepcion alternativa da terceira via como " centrismo radical".

A terceira via ten a sua orixe no goberno laborista que xurdiu en Australia a finais da decada de 1980. Ganou popularidade durante o goberno de Bill Clinton nos EUA , sendo tamen defendido pola sua muller, Hillary , durante a campana presidencial de 2008 . Tony Blair e a sua faccion dentro do Partido Laborista , o Novo laborismo , foron os defensores mais entusiastas da corrente mentres este foi primeiro ministro britanico.

Este pensamento defende un " Estado necesario", no que a sua interferencia non sexa, nin maxima, como no socialismo , nin minima, como no liberalismo . Tamen defende, entre outros puntos, a responsabilidade fiscal dos gobernantes, a loita contra a pobreza , unha presion tributaria proporcional aos ingresos , co Estado como responsabel d seguridade , saude , educacion e seguridade social .