San Pedro de Tenorio
e unha parroquia do concello
pontevedres
de
Cerdedo-Cotobade
. E a parroquia con maior poboacion do concello. Segundo o
IGE
[
2
]
en
2015
tina 1168 habitantes (579 homes e 589 mulleres), distribuidos en 13 entidades de poboacion, o que supon un aumento de 13 persoas en comparacion co ano
2006
.
Limita ao norte con
Fragas
(
Campo Lameiro
) e
Viascon
, ao sur con
Almofrei
e
Borela
, ao leste con Viascon,
Rebordelo
e Borela, e ao oeste con
Xeve
e
Bora
. Esta atravesada polo
rio Tenorio
, afluente do
rio Lerez
, que serve de fronteira co concello de
Pontevedra
.
Pola parroquia discorre a estrada
N-541
.
No lugar de Parada esta o
Coto das Rodelas
, os restos dun
poboado castrexo
da
idade de ferro
.
Na parroquia esta o
mosteiro de San Pedro de Tenorio
, e preto del atopabase o
castelo de Tenorio
, derrubado na
Gran Guerra Irmandina
. Neste castelo naceu o nobre medieval
Alonso Jofre Tenorio
, fillo de
Diego Alonso Tenorio
, que participou xunto ao rei
Afonso X o Sabio
en varias campanas militares.
Tralo
Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936
, levaronse a cabo varias accions represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O
9 de novembro
dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalin:
Luis Frade Pazos
,
Jose Lopez Bermudez
,
Ramiro Granja Gonzalez
,
Luis Varela Sobrado
,
Jose Montouto Rodriguez
e
Eliseo Garra Lalin
;
[
3
]
catro republicanos de
Arbo
,
Alfonso Alonso Portugues
,
Juan Alonso Perez
,
Jose Gomez Sampayo
e
Telmo Rodriguez Alonso
; e
Antonio Picallo Buela
, da
Estrada
.
A Union Musical de Tenorio ten a sua orixe na Banda de Musica Xuvenil 85, formada en 1985 por Jose Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Musica Lirica de Tenorio. As duas agrupacions reunificaronse en 1999, contando actualmente con mais de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da
Deputacion de Pontevedra
.
Once dos membros da Union Musical forman parte ao tempo da
charanga
Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio mais festivo e actual.
-
Ponte sobre o rio Tenorio.
-
Vista do Convento e da Igrexa de San Pedro.
-
Estatua dedicada a San Pedro.
-