한국   대만   중국   일본 
Tamboril - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Tamboril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un atabal, tamboril de Valencia, cunha dulzaina .

O tamboril e un instrumento de percusion bimembranofono, pertencen a familia dos tambores , de amplo uso Europa e Hispanoamerica .

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Consiste nun cilindro de madeira, de entre 20 e 50 centimetros de altura e entre 20 e 40 centimetros de diametro. Os parches son de pel, suxeitos por dous bastidores que se unen entre si por unha corda en forma de zig-zag ou outros mecanismos. No caso das cordas, uns torniquetes de coiro permiten tensar as cordas e, polo tanto, os parches, obtendo asi un mecanismo de afinacion .

Na parte interior, pegados o parche inferior, leva unhas pequenas cordas de pel ou similar, chamadas bordons, que engaden variantes timbricas o instrumento. Os bordons tensanse tamen cun mecanismo que leva na parte exterior da caixa. Un, en ocasions dous, buraquinos na caixa, chamados ouvidos, permiten equilibrar a presion do interior da caixa.

Para tocalo suxeitase de distintas formas: cun cinto que se pasa polo ombreiro ou cun ferro que se engancha na cintura do pantalon. Antigamente tamen se suxeitaba ao pulso da man esquerda cunha corda, pero este modo incrementaba a dificultade da tecnica necesaria para tocalo.

Batese con dous paus chamados baquetas , feitos de madeira dura; na man esquerda a baqueta queda apoiada no dedo medo e suxeito co polgar , mentres que na man dereita, que queda coa palma cara a abaixo, apoiase no polgar e suxeitase cos outros catro. As duas baquetas quedan lixeiramente libres para poder facer redobres, mentres que tamen e posible facer golpes nitidos e controlar a forza co que baten no parche. En ocasions cos paus batese no canto do tamboril ou directamente na caixa.

Historia [ editar | editar a fonte ]

Tocadores de frauta de tres buracos e tamboril, nunha das miniaturas das Cantigas de Santa Maria .

O instrumento aparece xa nas Cantigas de Santa Maria . Toda a iconografia deste instrumento desde a Idade Media mostra ao tamboril e a frauta de tres buracos unidos, tanto na Corte como na aldea. Ainda que o tamano varia a colocacion e execucion do interprete parecen similares sempre.

Usase en toda Europa e en Hispanoamerica, acompanando a outros instrumentos como gaitas , dulzainas ou frautas , ou en ocasions como instrumento solista para bailes. En certos lugares o tamboril tocase cunha soa baqueta, quedando a outra man libre para tocar outro instrumento, por exemplo, unha frauta de tres buracos .

Usos [ editar | editar a fonte ]

Tipico da Peninsula Iberica , a sua forma varia notablemente segundo a zona xeografica onde se utilice. Asi, na provincia de Leon e na metade norte da provincia de Zamora , por exemplo, adoita ter uns 40 cm de diametro por 60 de alto. Os aros que suxeitan a pel son metalicos e a pel tensase cun sistema de parafusos similar ao dos redobrantes . Ali a tecnica de golpeo e de abaixo cara a arriba e con movemento de boneca, tecendo ritmos rapidos e recargados. Ademais, non se utiliza o aro.

Na zona sur da provincia de Zamora, en Tras-os-Montes e nas provincias de Salamanca e Caceres a altura do cilindro e maior [ Compre referencia ] . Aqui aparecen ritmos con golpes acentuados a contratempo, caso do charro , e ritmos coxos (en Salamanca sobre todo) en charradas , picadevos , perantons . Utilizase o golpeo no aro e noutras partes do parche para conseguir distintas intensidades sonoras. O tamboril chega xa a ter grandes dimensions nas provincias de Badaxoz e Huelva e no Alentejo portugues, polo que tenen unha sonoridade moi grave que favorece os ritmos simples e basicos. En todos os casos o tamboril golpease cunha soa baqueta e coa man dereita.

O tamboril tamen adoita servir de acompanamento a frautas e dolzainas nas provincias castelas, leonesas e valencianas , pero en zonas illadas como Jaca ou Yebra de Jasa , en Huesca , e comarcas do Pais Vasco frances nas que a frauta tamen se acompana cun salterio de cordas (tamen chamado chicoten en Zaragoza ou ttun-ttun no Pais Vasco).

O seu uso esta ligado tanto a musica de baile e festa como a ritos relixiosos e procesions. Tamen vinculase a musica militar . En todos os casos, ven sendo substituido en ocasions pola caixa ou os tambores modernos, tanto polo seu son mais uniforme como pola maior intensidade.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]