Talla litica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talla con percusor duro

A talla litica e a labra intencionada da pedra por medio da percusion, ben sexa directa ou indirecta, ou da presion. Esculpese a materia prima e daselle forma, aproveitando a fractura concoide, co obxecto de fabricar utiles nucleares, ou para extraer lascas que se poden usar en bruto, ou servir de soporte para ferramentas , retocandoas logo da sua extraccion. A talla litica e o proceso de fabricacion de manufacturas mais conecido da Idade da Pedra e que seguiu sendo moi importante durante a Idade dos Metais , e mesmo seguiu practicandose en tempos historicos. Os obxectos de pedra tallada adrede polos humanos diferencianse das rompeduras naturais ou accidentais, grazas a que aparecen localizadas en contextos arqueoloxicos ben definidos, e a que os golpes da talla deixan negativos de lascado que seguen certa tendencia, certa orde imposible de atribuir a natureza. O repertorio de xestos de talla organizada vaise conecendo cada vez mellor e permite establecer diagnosticos cada vez mais seguros, asi como un repertorio de pautas morfoloxicas, tecnicas e funcionais que son as que permiten establecer a tipoloxia litica , e dicir, a clasificacion, analise e comparacion dos artefactos de pedra tallada. A talla litica non e, en calquera caso, mais que unha das fases da vida dun artefacto litico ou, por expresalo en termos cientificos mais precisos, so e unha porcion relativamente curta da cadea operativa. Esta nace coa necesidade ou a idea que estimula ao ser humano a iniciar a sua actividade produtiva, segue coa procura da materia prima petrea, a sua transformacion mediante a talla, ata conseguir os utiles necesarios. Despois esta a sua utilizacion, incluindo varias fases de mantemento da funcionalidade mediante aguzados sucesivos e, cando a ferramenta e xa inservible, o seu abandono ou a sua reciclaxe noutra peza.

Materia prima [ editar | editar a fonte ]

Silex

A materia prima elixida para fabricar ferramentas de pedra tallada son as rochas duras de fractura concoide por ser a sua labra doadamente controlable. As mellores rochas eran as mais homoxeneas, o silex era o mais empregado. Tamen se usaban outras, case todas siliceas como a cuarcita de gran miudo, o basalto , o cuarzo e outras rochas moito mais raras pero tan apreciadas que chegaron a constituirse verdadeiras rutas comerciais desde os lugares de explotacion, ata os lugares de demanda, ese e o caso da obsidiana , a calcedonia , o xaspe etc.

A calidade tamen era importante, as experiencias de talla demostran que habia que seleccionar a materia prima polo seu frescor, entendido como proximidade a canteira, pola homoxeneidade de gran, polo seu son ou mesmo probandoa mediante un lascado que revelase o seu estado interno.

Tecnicas de talla [ editar | editar a fonte ]

As tecnicas esenciais da talla litica baseanse en que a fractura concoide e previsible e controlable en funcion do movemento que se efectue co percusor. Hai dous modos fundamentais de tallar a pedra, a presion e a percusion, que a sua vez se poden subdividir en:

  • Percusion inversa: golpease o anaco de rocha contra un percusor pasivo, a xeito de engra , que e outra pedra solidamente chantada no chan.
  • Percusion directa con percusor duro: Golpease a pedra cun anaco de rocha para extraer varias lascas.
  • Percusion directa con percusor brando: Golpease a peza cun anaco de madeira ou corna para extraer varias lascas.
  • Percusion indirecta con peza intermedia: Golpease cun anaco de corna de cervido un punteiro que transmite a forza do golpe a peza que se esta a labrar.
  • Talla por presion: Consiste en aplicar unha forte tension sobre a peza que se vai tallar cunha peza conecida como compresor que substitue ao percusor.
  • Flexion: Abombase un produto de lascado, especialmente unha folla, apoiandoo contra un sainte que fai de panca ata fracturalo polo lado desexado.

Talla experimental [ editar | editar a fonte ]

Talla experimental por presion

A talla experimental recreando xestos prehistoricos e un dos alicerces fundamentais para a comprension da talla litica, que pode ter tres obxectivos: o primeiro e o de simple diversion ou o desexo de replicar artefactos liticos para exponelos en museos ou, mesmo, para a sua venda; o segundo e a funcion didactica para os alumnos de especialidades de Prehistoria ou Arqueoloxia; o terceiro e a investigacion cientifica pura (a que se suscita a raiz dun problema arqueoloxico xurdido nunha determinada investigacion). Neste sentido a talla experimental cientifica comezou xa en 1903, da man de H. Muller; mais tarde, en 1929, L. Coutier continuou experimentando, ainda que o impulso definitivo veu trala segunda guerra mundial , primeiro con Francois Bordes (Universidade de Bordeos), a miudo en colaboracion co americano Donald Crabtree (Universidade de Berkeley). Seguiron o seu labor Newcomer, Tixier e outros moitos. A talla experimental e un traballo de laboratorio controlado, cunha analise cientifica rigorosa que permite asignar cicatrices da talla a tecnicas e metodos concretos; con todo, o seu punto fraco e a imposibilidade epistemoloxica de contrastar as extrapolacions: e exclusivamente empirico.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]