Sufraxio universal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escravos votando en Nova Orleans en 1867.

O sufraxio universal consiste na dotacion do dereito ao voto a toda a poboacion adulta dun Estado independentemente da sua raza, sexo, crenzas ou condicion social.

O logro do sufraxio universal deuse a partir dunha evolucion na democracia . Trala Revolucion Francesa o poder politico comezou a estar en mans de camaras de representantes polo que era necesario regulalo seu sistema de eleccion. Asi comezou o sufraxio censatario no que votaban so homes que cumprisen unha serie de requisitos de nivel de instrucion, de renda e de clase social; pasando polo sufraxio masculino (segunda metade do seculo XIX ), no que podian votar todolos homes que soubesen ler e escribir. Ata a inclusion do sufraxio feminino ( seculo XX en diante), analfabetos ( seculo XX ) e xentes de todalas razas (segunda metade do seculo XX).

Limitacions ao sufraxio universal [ editar | editar a fonte ]

Malia ser considerado un fito da democracia e algo imprescindible en todo sistema politico moderno, ao longo da historia dos seculos XIX e XX, e incluso na actualidade, a presenza do sufraxio universal en moitos paises non foi posible debido a diversas politicas, grupos de presion ou reximes politicos.

No pasado numerosas sociedades negaron o dereito a votar baseandose tamen en diferenzas de raza ou etnia. Por exemplo, durante a era do apartheid non estaba permitido o voto a razas que no fosen a branca en Surafrica . Igualmente acontecia na epoca de pre-dereitos civis nos Estados Unidos onde, ainda que os afroamericanos tinan tecnicamente dereito a votar, negabaselles o seu exercicio mediante intimidacions e outros medios. O Ku Klux Klan formado trala guerra civil estadounidense foi unha das organizacions que destacou neste cometido.

Moitos sistemas de sufraxio universal excluen constitucional e legalmente a votantes potenciais, como os residentes de nacionalidade estranxeira, cidadans convictos e enfermos mentais . No derradeiro caso argumentase que se trata de persoas que non tenen vontade libre ou persoas carentes de raciocinio para decidi-las suas accions, os cales poderian ser premidos ou intencionados por terceiros. No caso dos convictos, argumentase que parte do castigo (reclusion ou privacion de liberdade) inclue a restricion dos dereitos cidadans como o sufraxio. No caso dos estranxeiros, a calidade de votante atopase ligada a posesion da cidadania no Estado onde se reside. Poren, as lexislacions e dereitos constitucionais polo xeral conceden o dereito ao sufraxio (eleccions locais e/ou nacionais) previa residencia por un periodo de tempo.

Houbo momentos nos que aos militares se lles negou o dereito ao voto. Esta privacion do dereito ao voto imposto en determinados paises (por exemplo, na Francia da III republica) tivo motivos complexos. Por unha parte, tratou de impedir a presion dos oficiais sobre os soldados, que deformaria o voto (tales feitos non eran estranos durante o Consulado ou o II Imperio en Francia e incluso en certas republicas suramericanas actuais). Tratase, por outra parte, de evita-la intrusion da politica no exercito, como prexudicial para a disciplina militar.

Cronoloxia do sufraxio universal por paises [ editar | editar a fonte ]

A continuacion amosase unha listaxe cronoloxica de paises e a data na que se logrou implantar por vez primeira o sufraxio universal.

Europa [ editar | editar a fonte ]

Asia e Oceania [ editar | editar a fonte ]

America [ editar | editar a fonte ]

Africa [ editar | editar a fonte ]