한국   대만   중국   일본 
Steamboat Willie - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Steamboat Willie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Steamboat Willie
Ficha tecnica
Titulo orixinal Steamboat Willie
Director Walt Disney
Ub Iwerks
Produtor Roy O. Disney
Walt Disney
Guion Walt Disney
Ub Iwerks
Interpretes Walt Disney
Musica Wilfred Jackson
Bert Lewis
Estudio Walt Disney Studios
Distribuidora Celebrity Productions
Cinephone
Estrea 18 de novembro de 1928
Duracion 7 minutos 42 segundos
Orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Xenero Animacion
Na rede
IMDB: tt0019422 Filmaffinity: 596629 Allocine: 16150 Rottentomatoes: m/steamboat-willie Allmovie: vm12143198 BNE: XX5113676 Editar o valor em Wikidata

Steamboat Willie e unha curtametraxe clasica de animacion de 1928 dirixida por Walt Disney e Ub Iwerks . Foi creada en branco e negro por Walt Disney Studios e foi estreada por Celebrity Productions . O debuxo animado esta considerado como a primeira aparicion de Mickey Mouse [ 1 ] e a sua moza Minnie , malia que ambalas duas personaxes apareceron meses antes no test de pantalla Plane Crazy . Steamboat Willie foi o terceiro dos filmes de Mickey en ser producido, pero o primeiro en ser distribuido por mor de que Walt Disney, despois de ver The Jazz Singer , propuxerase a si mesmo crear a primeira animacion con son completamente sincronizado. [ 2 ]

Steamboat Willie e especialmente salientable por ser o primeiro filme de Disney co son sincronizado, incluindo os sons das personaxes e a banda sonora. Disney entendeu moi axina que o cine sonoro era o futuro dos filmes. Foi o primeiro debuxo animado cunha banda sonora completamente post-producida, o que o distinguiu doutras producions anteriores como as de Inkwell Studios' Song Car-Tunes (1924?1927) e Van Beuren Studios ' Dinner Time (1928). Steamboat Willie converterase nos debuxos mais populares do seu tempo. [ 3 ]

En 1998, Steamboat Willie foi escollido para a sua conservacion na Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de America por ser "significativo cultural, historica ou esteticamente". [ 2 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]