한국   대만   중국   일본 
Species Plantarum - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Species Plantarum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Species Plantarum
Autor/a Carl von Linne
Orixe Suecia
Lingua lingua latina
editar datos en Wikidata  ]
Paxina capa co titulo do libro.

Species Plantarum , (abreviado Sp. Pl. ), e unha obra sobre botanica que foi publicada en 1753 , coma un traballo en dous volumes por Carl von Linne . A sua principal importancia radica en que e o punto de partida da nomenclatura botanica que se usa hoxe en dia. Isto quere dicir que non se aceptan como "validamente publicados" os nombs de taxons anteriores a data de publicacion deste libro, e os primeiros taxones "validamente publicados" son os que aparecen neste libro.

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Contina todas as plantas conecidas daquela, e permitia a doada identificacion das mesmas mediante un sistema de clasificacion que as agrupaba en especies , xeneros , ordes e clases . Mediante o conteo de pistilos e estames , calquera persoa, ainda sen moitos conecementos sobre plantas, era quen de chegar ao nivel do xenero ao que a planta pertencia.

Estableceu os nomes das especies como un nome binominal e agrupounas en xeneros e familias, dando orixe as categorias taxonomicas .

O volume nº 1 da primeira edicion abrangue 11 paxinas sen numerar nas paxinas de introducion e do 1 o 560, mentres que o volume 2 conten as paxinas 561 a 1.200, mais 31 paxinas sen numerar de indice, adicions e erros.

Logo da sua primeira edicion, esta obra tivo varias edicions, continuando despois de que o seu autor finase. Species Plantarum tamen marca o punto de partida dun grande auxe na popularidade da ciencia, e poderia dicirse que e unha das publicacions mais importantes da bioloxia.

Linne publicou a segunda e maila terceira edicion desta obra. A segunda, en dous volumes, foi publicada en 1762-1763, coas paxinas de correccions e material complementario. A terceira edicion foi en realidade moi semellante a segunda, mais coas correccions e material complementario integrado no texto, e publicouse en 1764.

Logo da morte de Linne, Carl Ludwig Willdenow levou a cabo unha nova edicion, moi ampliada, do traballo. Esta edicion titulouse Editio Quarto , ou "Cuarta Edicion", e foi publicada en seis volumes, en trece partes, desde 1797 ate 1830, e foi terminada despois da morte de Willdenow. A sexta edicion foi publicada por Heinrich Friedrich Link e Albert Gottfried Dietrich en dous volumes en 1831-1833.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]