한국   대만   중국   일본 
Soiuz T-15 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Soiuz T-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz T-15
Tipo Tripulada
Data de lanzamento 13 de marzo de 1986, 12:33 GMT [ 1 ] [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ]
Foguete portador Soiuz U2 [ 2 ] [ 5 ]
Sitio de lanzamento Cosmodromo de Baikonur [ 2 ] [ 6 ]
Duracion da mision 125,0 dias [ 6 ]
Obxectivo da mision Acoplamento coas estacions espaciais Saliut 7 e Mir . [ 2 ] [ 6 ]
Regreso 16 de xullo de 1986, 12:34 GMT [ 1 ] [ 6 ]
NSSDC ID 1986-022A
Masa 7000,0 kg [ 2 ] [ 5 ] [ 6 ]

Soiuz T-15 foi unha mision espacial tripulada sovietica lanzada o 13 de marzo de 1986 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmodromo de Baikonur . [ 2 ] [ 3 ] [ 5 ]

Caracteristicas [ editar | editar a fonte ]

Soiuz T-15, unha Soiuz modelo T cos cosmonautas Leonid Kizim e Vladimir Soloviov a bordo, foi unha mision lanzada para ser a primeira en acoplarse coa estacion espacial Mir e viaxar logo a estacion Saliut 7 , convertendose na primeira nave espacial en viaxar entre duas estacions espaciais. [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

A bordo da Mir a tripulacion adicouse a facer diversos experimentos cientificos e tecnoloxicos. O 17 de abril a estacion manobrou para asemellar a sua orbita a da Saliut 7, cunha separacion de 4000 km. O 5 de maio, tras seis semanas a bordo da Mir, Kizim e Solovyov partiron na Soiuz T-15 cara a Saliut 7 nunha mision para reparala e ponela en marcha. Os cosmonautas acoplaronse manualmente coa Saliut 7 e atoparona xeada e sen enerxia electrica. Tras un duro traballo conseguiron recuperar enerxia e restaurar o sistema de mantemento de vida, asi como recuperar experimentos deixados a bordo pola tripulacion anterior. A Soiuz T-15 deixou a estacion o 25 de xuno tras 51 dias acoplada a Saliut 7, regresando a Mir ao dia seguinte, levando consigo 400 kg de material cientifico. [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

Os cosmonautas regresaron a terra o 16 de xullo de 1986 as 12:34 GMT , a uns 55 km ao nordeste de Arkalyk ( Casaquistan ). [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ]

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-T 15" (en ingles) . Consultado o 29 de outubro de 2017 .  
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-T 15" (en ingles) . Consultado o 29 de outubro de 2017 .  
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 27 June 1986 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-18295). 8 de xullo de 1986: 2 . Consultado o 29 de outubro de 2017 .  
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz T-15" (en ingles) . Consultado o 29 de outubro de 2017 .  
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -T 1 - 15 (7K-ST, 11F732)" (en ingles) . Consultado o 29 de outubro de 2017 .  
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz T-15" (en ingles) . Consultado o 29 de outubro de 2017 .