한국   대만   중국   일본 
Sitric Caech - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sitric Caech

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSitric Caech

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento seculo IX Editar o valor em Wikidata
Morte 927 Editar o valor em Wikidata
Rei de Northumbria
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacion monarca Editar o valor em Wikidata
Familia
Familia Ui Imair (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Conxuxe Edith de Polesworth (926 (Gregoriano) ?)
Fillos Olaf Cuaran , Aralt mac Sitric (en) Traducir, Gofraid mac Sitriuc (en) Traducir, Sitric II de Northumbria Editar o valor em Wikidata
Parentes Imar (en) Traducir ( avo ) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Ivarsson-24

Sitric Caech ou Sihtric Caoch , chamado o Chosco (en irlandes antigo : Sihtric ua Imair , en nordico antigo Sigtrygg [ 1 ] ), finado en 927 , foi un lider nordico-gaelico, monarca viquingo do reino de Dublin e mais tarde tamen de Jorvik (nome do reino de Northumbria so dominacion viquinga)

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Orixes familiares [ editar | editar a fonte ]

Sitric foi un dos netos de Ivar de Dublin , por tanto pertencia a dinastia nordica conecida como os Ui Imair , que, xunto cos seus familiares Gofraid ua Imair e Ragnall ua Imair , seria moi influente e activa en Irlanda e o norte de Gran Bretana [ 2 ] .

Irlanda [ editar | editar a fonte ]

Os Anais do Ulster amosan a chegada de duas frotas viquingas a Irlanda en 917 , unha liderada por Ragnall e a outra por Sitric, os dous da casa de Ivar [ 3 ] , que loitaron contra Niall Glundub , derrotaron as forzas locais e, segundo os anais, Sitric, a continuacion, foi a " Ath Cliath ", e dicir, Dublin , e debemos asumir polo que indican as fontes documentais, que tomou posesion da cidade [ 4 ] . O seu companeiro, Ragnall ua Imair, despois de conquistar Waterford , dirixirase cara a Escocia [ 5 ] , e mais tarde conquistara Jorvik (agora York ), onde foi proclamado rei.

Sitric loitou en varias batallas contra Niall Glundub. Mencionase unha gran guerra nas cronicas de 918, e 919, Niall e moitos outros reis irlandeses morreron nunha gran batalla as portas de Dublin [ 6 ] . Foi, probabelmente, a derrota mais devastadora dos irlandeses inflixida polo exercito escandinavo .

Rei de Jorvik [ editar | editar a fonte ]

O 920 ou 921, Sitric abandonou Dublin. Os cronistas indican que deixou o reino "co poder de Deus" [ 7 ] , pero o certo e que, tras a morte do seu irman Ragnall, pasou a ser rei de Jorvik . O seu outro irman, Gofraid, estaba a fronte de Dublin.

Sitric atacou Mercia desde a fronteira co reino de Jorvik [ 8 ] , e dirixiu os seus exercitos en Confey e noutras batallas.

Casou no ano 926 coa irma do rei anglosaxon, Aethelstan , (probabelmente Editha de Polesworth ) [ 9 ] nun movemento politico desenado polo mesmo Aethelstan, a fin de consolidar a sua influencia no norte do seu reino. Sitric morreu de supeto, un ano mais tarde, en 927 e Aethelstan asumiu o trono do rei viquingo alguns anos mais tarde.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Breeze, Andrew. ≪ The Irish Nickname of Sitric Caoch (d. 927) of York , Saga-book of the Viking Society, 25 ≫ (en ingles) pp. 86-87, 1998-2001. [Consulta: 19 febreiro 2013]. Caech ou Caoch non e un apelido, senon un alcuno que quere dicir 'chosco' en irlandes antigo.
  2. Downham, Clare. Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ivarr to A.D. 1014 (en ingles). Edinburgh: Dunedin, 2007. ISBN 1-903765-89-0 .  
  3. Os dous eran netos do mesmo home, polo tanto podian ser irmans ou curmans.
  4. do Ulster Anais do Ulster ano 917:3,4,5
  5. Anais do Ulster ano 918:4
  6. Anais do Ulster 918:6, 919:3
  7. Anais do Ulster ano 920.5
  8. Sihtric (Norse King of York) ≫ (en ingles). [Consulta: 18 febreiro 2013].
  9. Who Was St. Editha? Arquivado 19 de outubro de 2012 en Wayback Machine .≫ (en ingles). [Consulta: 18 febreiro 2013].

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]