한국   대만   중국   일본 
Sistema sensorial - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sistema sensorial

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O ollo humano e o primeiro elemento do sistema sensorial: neste caso, a vision, para o sistema visual.

O sistema sensorial e parte do sistema nervioso responsabel de procesar a informacion sensorial. O sistema sensorial esta formado por receptores sensoriais e partes do cerebro involucradas na recepcion sensorial. Os principais sistemas sensoriais son: a vista , o oido , o tacto , o gusto e o olfacto . O campo receptivo e a parte especifica do mundo a que un organo e unhas determinadas celulas do receptor responden. Por exemplo, o campo receptivo dun ollo e a parte do mundo que este pode ver. [ 1 ] [ 2 ]

Existe consenso na comunidade cientifica que os seres humanos posuen moitos mais dos cinco sentidos. Non hai, con todo, acordo no numero [ 3 ] , pois iso depende da definicion non moi solida do que constitue un sentido. Poren, sabese que a especie humana tamen dispon doutros sentidos que, entre outros, contribuen a manter o equilibrio ou transmiten informacion sobre o interior do propio corpo. [ 4 ]

Estimulos [ editar | editar a fonte ]

Cada estimulo ten catro aspectos: tipo (modalidade), intensidade, localizacion e duracion. O tempo de chegada dun pulso de son e as diferenzas de fase utilizanse para localizar unha fonte sonora. Certos receptores son sensibles a certos tipos de estimulos (por exemplo, diversos mecanoreceptores respostan mellor a diversas clases de estimulos tactiles, como obxectos cortantes e contundentes). Os receptores envian impulsos seguindo certos patrons para enviar a informacion sobre a intensidade dun estimulo (por exemplo, un son ruidoso). A localizacion do receptor sera a que dara a informacion ao cerebro sobre a localizacion do estimulo (estimular un mecanoreceptor nun dedo enviara a informacion ao cerebro sobre ese dedo). A duracion do estimulo (canto tempo dura) e transportada ata os receptores. Estes impulsos transmitense ao cerebro a traves das neuronas aferentes .

Organos sensoriais segundo o estimulo que detectan [ editar | editar a fonte ]

Luz [ editar | editar a fonte ]

As ondas electromagneticas detectables cos ollos son denominadas luz . Alguns animais son capacos de detectar a luz ultravioleta , que ten unha lonxitude de onda mais curta. Alguns animais poden detectar os infravermellos como unha "luz" mediante o ollos ou organos especiais.

Estimulos: fontes luminicas. Estruturas receptoras: retina con bastons e conos.

Sons [ editar | editar a fonte ]

Temperatura [ editar | editar a fonte ]

Presion e movemento [ editar | editar a fonte ]

Sistema sensorial [ editar | editar a fonte ]

Celula receptora [ editar | editar a fonte ]

Unha celula receptora sensitiva esta especializada en transformar a enerxia do estimulo nun sinal nervioso. Pode ser unha neurona ou outra celula que excita unha neurona sensorial por medio dunha comunicacion sinaptica. Estas celulas estan especializadas en detectar unha unica clase de estimulo.

Un estimulo e unha forma de enerxia proveniente do exterior capaz de espertar unha resposta sensitiva. Este tipo de enerxia pode ser de diversos tipos, xa sexa quimica ( quimiorreceptores ), mecanica ( mecanorreceptores ) ou electromagnetica ( fotorreceptores ).

As celulas receptoras sensitivas forman en organismos pluricelulares distintos tecidos que se organizan en organos sensitivos. Poden dividirse en dous grandes grupos: os interorreceptores e os exterorreceptores. Os primeiros responden a estimulos no interior do organismo e os segundos responden a estimulos externos e alleos. Existen ademais os chamados propioceptores, que detectan a postura e a posicion do corpo.

Organos sensitivos [ editar | editar a fonte ]

Son estruturas especializadas na recepcion dun tipo de enerxia especifica. Contenen receptores similares e tecido non nervioso. Dise que os organos dos sentidos posuen "modalidade sensitiva" e "calidade sensitiva". A modalidade fai referencia aos distintos estimulos que somos capaces de detectar (luz, son, olor, gusto etc.) e a calidade, dentro dunha estimulacion, de diferenciar patrons (luz: distintas cores; olor: distintos olores etc.).

Informacion sensitiva [ editar | editar a fonte ]

A informacion sensitiva viaxa en forma de potenciais de accion de igual amplitude mais de frecuencia variabel e so son discriminadas no cerebro. O cerebro non determina o tipo de estimulo porque todos chegan como potenciais de accion, senon a traves de onde chegou o potencial. Calquera actividade que chegue dos fotorreceptores decodificarase no centro da vision como luz; se, por algun motivo, chegase ao centro do oido, interpretariase como son.

Para evitar "malas interpretacions", os organos sensitivos estan equipados con sistemas que illan os seus receptores do contacto con outro tipo de enerxia estimulante. Asi, cando se recibe un golpe nun ollo, vense estrelas.

Conversion de enerxia nun sinal electrico [ editar | editar a fonte ]

Consta de cinco pasos:

  1. Absorcion: Debe absorberse a enerxia estimulante.
  2. Transducion: A enerxia debe converterse nun evento electrico.
  3. Amplificacion: Un estimulo moi feble pode desencadear un potencial de accion intenso.
  4. Integracion e diseminacion: O potencial debe propagarse cara ao sitio onde se inicia o impulso. Os potenciais do receptor iniciados en distintos sitios da celula receptora poden sumarse e xerar un maior impulso
  5. Codificacion e transmision: Os receptores converten o estimulo nunha serie de potenciais de accion que achegan informacion sobre a intensidade e propiedades temporais do estimulo.

Potencial dos receptores [ editar | editar a fonte ]

Producese ante a despolarizacion graduada dun receptor en resposta a un estimulo. Propaganse en forma pasiva dende as dendritas , pasando polo soma, ata o segmento inicial do axon . Neste ultimo lugar desencadea, por xerar unha despolarizacion capaz de acadar o limite, a apertura de canles de sodio dependentes de voltaxe que xeraran un potencial de accion .

Sistema sensorial humano [ editar | editar a fonte ]

O sistema sensorial humano consiste nos seguintes subsistemas:

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Kolb & Whishaw: Fundamentals of Human Neuropsychology (2003)
  2. Krantz, John. "Experiencing Sensation and Perception - Chapter 1: What is Sensation and Perception?" (Pdf) . p. 1.6 . Consultado o 16 de maio de 2013 .  
  3. Extra Sensory Perceptions Arquivado 11 de febreiro de 2012 en Wayback Machine ., Jessica Cerretani (2010), Harvard Medicine
  4. Bruce Durie (29 de xaneiro de 2005). New Scientist , ed. "Senses special: Doors of perception" (en ingles) . Consultado o 19 de xuno de 2009 .  
  5. Krochmal AR, Bakken GS, LaDuc TJ. 1994. Heat in evolution’s kitchen: evolutionary perspectives on the function and origin of the facial pit of pitvipers (Viperidae:Crotalinae). The Journal of Experimental Biology 207: 4231-4238.
  6. Greene HW. 1992. The ecological and behavioral context for pitviper evolution. In Campbell J. A., Brodie ED Jr. 1992. Biology of the Pitvipers. Texas: Selva. 467 pp. 17 plates. ISBN 0-9630537-0-1 .
  7. Kardong KV, Mackessy SP. 1991. The strike behavior of a congenitally blind rattlesnake. Journal of Herpetology 25: 208-211.
  8. Popper, A. N. & Platt, C. (1993). "Inner ear and lateral line". The Physiology of Fishes (1a ed. ed.). CRC Press.  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Text Book of Medical Physiology, Guyton & Hall, 11th edition - Elsevier Ltda. 2006