한국   대만   중국   일본 
Science - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Science

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Science
Logo
Acronimo Science
Tipo revista cientifica , revista academica, revista e publicacion periodica
Campo de traballo ciencia
Data de fundacion 1880
Premios Premio Principe de Asturias de Comunicacion e Humanidades e George Polk Award
Sede Washington, D.C.
Na rede
http://www.sciencemag.org/ , http://sciencemag.org , http://books.google.com/books?id=cgwuAAAAMAAJ , http://books.google.com/books?id=uKaYkFOmxa4C , http://books.google.com/books?id=BLsCAAAAIAAJ , http://books.google.com/books?id=YffOnPg37wwC , https://www.sciencemag.org/ e https://www.science.org
Facebook: ScienceMagazine Twitter: ScienceMagazine Instagram: sciencemagazine Youtube: UCv0aU2eKry3kdSTnFa8QAWA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata  ]

Science (en galego , ciencia ) e a revista cientifica e organo de expresion da Asociacion Americana para o Avance da Ciencia ( American Association for the Advancement of Science , AAAS ).

Historia [ editar | editar a fonte ]

Science foi fundada en Nova York por John Michaels en 1880 co soporte financeiro de Thomas Edison e posteriormente de Alexander Graham Bell . Inicialmente non ten moito exito e finaliza seu publicacion en marzo de 1882. Un ano despois, o entomologo Samuel H. Scudder recupera a revista alcanzando un maior renome ao cubrir as reunions das sociedades cientificas americanas, incluindo a AAAS [ 1 ] . Con todo, en 1884, de novo ten problemas financeiros e foi vendida o psicologo James McKeen Cattell por 500$. Nun acordo entre Cattell e o secretario naquel tempo da AAAS, Leland O. Howard, Science pasa a ser o organo de expresion da Sociedade Americana polo Avance da Ciencia en 1900. [ 2 ] Durante os primeiros anos do seculo XX son publicados en Science , artigos como a xenetica da mosca do vinagre por Thomas Hunt Morgan, artigos de Albert Einstein sobre gravitacion, e a nebulosa espiral de Edwin Hubble. [ 3 ] . Despois da morte de Cattell en 1944, a propiedade da revista pasou a AAAS. [ 4 ]

Adoptase como a revista da Asociacion Americana polo Avance da Ciencia en 1900. O maior obxectivo da revista e a publicacion de achados de investigacion recente (fonte primaria). Science e tamen conecida polos seus science-related news , que e unha publicacion sobre politica cientifica e outros asuntos en relacion coa area das ciencias e tecnoloxia. Cobre un amplo rango de disciplinas cientificas, pero ten especial interese nas ciencias da vida. Ten un factor de impacto en 2014 de 33.611 (medido por Thomson ISI).

En 2007 esta revista foi galardoada co Premio Principe de Asturias de Comunicacion e Humanidades xunto coa revista Nature .

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS Origins: 1848-1899", 2004
  2. AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS AAAS and Science: 1900?1940", 2004
  3. AAAS and Science: 1900-1940. American Association for the Advancement of Science.
  4. AAAS - History and Archives. American Association for the Advancement of Science.

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Outros artigos [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]