한국   대만   중국   일본 
Saturnino Alvarez Bugallal - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Saturnino Alvarez Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSaturnino Alvarez Bugallal

Editar o valor em Wikidata
Biografia
Nacemento 11 de febreiro de 1834 Editar o valor em Wikidata
Areas, Espana Editar o valor em Wikidata
Morte 30 de maio de 1885 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Ministro
Deputado no Congreso dos Deputados

Circunscricion electoral: Q42899708 Traducir
Senador de Espana
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Pais de nacionalidade Espana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacion politico , xornalista , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido politico Partido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
Lingua Lingua castela Editar o valor em Wikidata
Familia
Irmans Benigno Alvarez Bugallal Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1521347

Saturnino Alvarez Bugallal , nado en Areas ( Ponteareas ) o 11 de febreiro de 1834 e finado en Lisboa o 30 de maio de 1885 , foi un avogado, xornalista e politico galego, foi ministro de Graza e Xustiza durante o reinado de Afonso XII .

Traxectoria [ editar | editar a fonte ]

Fillo de Jose Alvarez Covelo e Maria Bugallal Munoz. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e rematou a carreira en Madrid. Como xornalista colaborou en El Diario Espanol e La Epoca . Foi deputado no Congreso polas circunscricions de Bande (1858), Tui (1863), Xinzo de Limia (1865), Vigo (1869), Ponteareas (1871), Bande (1872), Ponteareas (1872), Ourense (1876), Bande (1876), Ourense (1879), Ponteareas (1879), Celanova (1879), Bande (1881) e Ponteareas (1884). Foi tamen senador por Ourense en 1884 .

En 1860 foi nomeado Fiscal de Imprenta e posteriormente foi nomeado Subdirector do Rexistro da Propiedade. Coa Restauracion foi Fiscal do Tribunal Supremo de Xustiza. Ocupou a carteira ministerial de Graza e Xustiza en duas ocasions: entre o 6 de xaneiro e o 7 de marzo de 1879 e entre o 9 de decembro de 1879 e o 8 de febreiro de 1881 en senllos gobernos presididos por Canovas .

Como ministro, en pleno proceso codificador europeo do dereito civil , ditou o Real Decreto de 2 de febreiro de 1880 para incorporar representantes das rexions forais a Comision Xeral de Codificacion. Nel incluiu Galiza canda os demais territorios forais tradicionais, ainda cando o dereito galego non era de caracter foral en sentido estrito, senon consuetudinario . E posibel que a sua amizade co rexionalista Manuel Murguia influise dalgun xeito nesta consideracion. Sexa como for, este feito acabou conducindo a promulgacion da Lei de Compilacion do Dereito Civil Especial de Galiza en 1963 , antecedente do actual Dereito civil galego . [ 1 ] [ 2 ]

Posteriormente foi nomeado ministro plenipotenciario de Espana en Lisboa, cidade onde faleceu en 1885 . A sua viuva, Adelaida Garcia Rodriguez, recibiu a sua morte o titulo de condesa de Bugallal .


Predecesor:
Fernando Calderon Collantes
  Ministro de Graza e Xustiza  
1879
Sucesor:
Pedro Nolasco Aurioles Aguado
Predecesor:
Pedro Nolasco Aurioles Aguado
  Ministro de Graza e Xustiza  
1879 - 1881
Sucesor:
Manuel Alonso Martinez

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. Rodriguez Montero , Ramon P. (2006). "Sobre el proceso de formalizacion legislativa de las peculiaridades juridico-civiles de Galicia. Un repaso historico hasta la reciente Ley de Derecho Civil de Galicia de 2006" (PDF) . Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruna (en castelan ) (10): 1011?1056, en 1015. ISSN   1138-039X .  
  2. Herrero Oviedo , Margarita (2011). "De un derecho consuetudinario y especial a un derecho civil de Galicia" (PDF) . Ius fugit: Revista de Estudios Historico-Juridicos de la Corona de Aragon (en castelan ) (Zaragoza: Institucion ≪Fernando el Catolico≫) (16, 2009-2010): 105?118, en 108?109. ISSN   1132-8975 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]