한국   대만   중국   일본 
Sapere aude - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Sapere aude

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sapere aude e unha locucion latina que significa "atrevete a saber". Tamen adoita interpretarse como "ten o valor de usar a tua propia razon".

Orixe e divulgacion [ editar | editar a fonte ]

A frase foi cunada por Horacio no seculo I a. C. nunha epistola ao seu amigo Lolius, a Epistola II do Epistularum liber primus : [ 1 ]

Dimidium facti, qui coepit, habet: sapere aude, / incipe ("Quen comezou, xa fixo a metade: atrevete a saber, empeza")
Horacio: "Epistularum liber primus" II, 40

A sua divulgacion debese ao filosofo aleman Immanuel Kant no seu ensaio Resposta a pregunta: Que e Ilustracion? .

Traducions e usos [ editar | editar a fonte ]

A frase ten moitas traducions, pero no contexto da carta (que trata sobre os multiples procedementos que Ulises usou no seu regreso de Troia para superar as probas as que se enfrontou) podese entender como ≪ten o valor de usar a tua habilidade para pensar≫. Outros traducena como ≪atreverse a pensar≫.

Desde enton, utilizase con frecuencia como topico literario e tamen como lema de varias universidades , [ 2 ] e mesmo aparece no escudo de armas de varios condados ingleses e cidades.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Epistularum liber primus" II, 40 en The Latin Library
  2. Aparece no escudo da Universidade de Huelva; e lema da Universidade Europea Miguel de Cervantes e da Universidade Internacional Menendez Pelayo, e usada polo Claustro Universitario de Chihuahua ( http://www.claustro.edu.mx ).

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]