한국   대만   중국   일본 
SIAI-Marchetti SF.260 - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

SIAI-Marchetti SF.260

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SIAI-Marchetti SF.260
Tipo adestramento/ataque lixeiro
Fabricante SIAI-Marchetti
Aermacchi
Alenia Aermacchi
Leonardo S.p.A.
Desenado por Stelio Frati
Primeiro voo 15 de xullo de 1964
Principais usuarios Forza Aerea de Italia
Forza Aerea de Libia
Forza Aerea de Filipinas
Forza Aerea de Belxica
Producion 1964 - 2017
Unidades construidas 900 (2012)

O SIAI-Marchetti SF.260 e un avon lixeiro italiano que foi comercializado habitualmente como adestrador militar e avion acrobatico.

O SF.260 foi desenado polo enxeneiro italiano Stelio Frati, mentres que o traballo de producion foi realizado orixinalmente polo fabricante de aviacion con sede en Milan Aviamilano . O 15 de xullo de 1964, o primeiro prototipo (enton designado F.260 ) realizou o seu voo de estrea. Pouco despois, a responsabilidade da producion foi transferida a SIAI Marchetti , que adquirira os dereitos do deseno; a fabricacion continuou a ser realizada por esta empresa ata que foi mercada por Aermacchi en 1997.

O SF.260 foi principalmente vendido a clientes militares como adestrador e avion de combate lixeiro. Ademais vendeuse de forma limitada no mercado civil a operadores privados; nos anos 60 o modelo foi comercializado nos Estados Unidos como o Waco Meteor. Versions militares armadas, vendidas como o SF.260W Warrior , demostraron ser populares entre as forzas aereas mais pequenas, que podian armar o modelo para o seu uso na funcion de apoio aereo proximo. Desenvolveronse tanto modelos con motores de pistons como turbohelice.

Desenvolvemento [ editar | editar a fonte ]

Orixe [ editar | editar a fonte ]

A principios dos anos 60 o desenador de avions italiano Stelio Frati comezou a traballar nun novo deseno acrobatico de tres asentos, que estaba destinado principalmente a servir como avion deportivo. [ 1 ] A diferenza de moitos dos seus contemporaneos, desenvolveuse para que tivese habilidades acrobaticas semellantes aos dos avions de combate da epoca, ademais de estar equipado para o voo con regras de voo por instrumentos (IFR). Este deseno baseouse en gran medida nos seus proxectos anteriores, incluido o prototipo do adestrador a reaccion Caproni Trento F-5 e o avion acrobatico de dous asentos Falco F8L , compartindo a mesma a e unha estrutura semellante co segundo. [ 2 ] A aeronave prevista, inicialmente designada como F.250 debido a potencia do seu motor, era a primeira aeronave totalmente metalica de Frati. [ 2 ]

O 15 de xullo de 1964 o modelo realozou o seu voo de estrea. [ 2 ] Despois do voo inaugural, a responsabilidade principal da fabricacion do tipo foi adquirida a Aviamilano por SIAI Marchetti, que mercara os dereitos do deseno. Pouco despois de entrar en producion, o SF.260 atopouse cunha gran demanda por parte dos clientes militares, que moitas veces o adoptaton indistintamente como adestrador militar ou como avion lixeiro de ataque terrestre. [ 1 ] Entre 1964 e 1984 a meirande parte dos seus clientes foron militares, mentres que un pequeno numero de pilotos privados conseguiron alguns, ainda que a oferta a este respecto estaba limitada. [ 1 ]

A finais dos 60 o avion foi comercializado nos Estados Unidos como o Waco Meteor , ainda que non tina conexions de ningun tipo coa Waco Aircraft Company; a empresa foi relativamente infructuosa. [ 3 ] A finais dos 70 e nos anos 80, o piloto da aerolina estadounidense Frank Strickler converteuse nun importante revendedor deste tipo, sendo acreditado co relanzamento das vendas civis do SF.260 na rexion, mercandoos de SIAI Marchetti en pequenos lotes e vendendoos individualmente a clientes estadounidenses. [ 1 ]

Desenvolvemento posterior [ editar | editar a fonte ]

Durante a decada de 1970 unha version mellorada do SF.260A, designada SF.260C , substituinuo na lina de producion. [ 4 ] Este modelo contaba con varias melloras, incluindo pestanas redesenadas nos alerons, unha a reforzada, un perfil aerodinamico re-perfilado para mellorar o manexo a baixa velocidade e unha cola/temon alongada.O SF.260C foi desenado para cumprir cos requisitos das especificacions militares. [ 4 ] A unica diferenza estrutural entre o SF.260C e os seus irmans armados, os SF.260W Warrior e SF.260SW Sea Warrior , e a presenza de soportes debaixo das as para fixar equipos e armamento. [ 4 ]

En 1980 SIAI Marchetti realizou o primeiro voo dunha version cun motor turbohelice, o SF.260TP, impulsado por un Allison Model 250. [ 5 ] Esta variante comercializouse no mercados dos adestradores militares, que pronto adoptou o tipo. En agosto de 1986 SIAI Marchetti dirixiuse a Gates Learjet para modificar o SF.260TP para que cumprise cos requisitos da FAR Part 23 da Administracion Federal de Aviacion (FAA), podendo asi ser certificado para o uso civil. [ 6 ] Realizaronse modificacions para lograr unha menor velocidade de perda e unha maior capacidade de carga. Estas melloras de rendemento conseguironse principalmente a traves de alteracions aerodinamicas, como a adopcion de "dentes de tiburon" ao longo do bordo de ataque das as. [ 7 ]

En 1991-1992 SIAI-Marchetti propuxo un SF.260 actualizado, cun dosel de cabina ampliado e un sistema de combustible revisado para poder competir no Enhanced Flight Screener da Forza Aerea dos Estados Unidos. Ainda que non ganou a competicion (sendo preferido o Slingsby T67 Firefly ), esta actualizacion foi a base dos seguintes modelos de producion, o de inxeccion de combustible SF.260E e o de pulverizacion normal SF.260F. [ 8 ] En 2005 un lote de trinta SF.260EA foi entregado a Forza Aerea de Italia por un prezo de 33 millons de euros. [ 9 ] Este modelo, que foi desenvolvido para cumprir o requisito italiano ara un avion avanzado con motor de pistons, usase para a seleccion e as principais actividades de formacion. [ 9 ]

A producion do SF.260 continuou a un ritmo baixo ata 2017. [ 10 ] En total fabricaronse 976 unidades, incluidos os prototipos. [ 11 ]

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Moll Flying outubro de 1984, pp. 66, 73
  2. 2,0 2,1 2,2 Moll Flying outubro de 1984, p. 73
  3. Moll Flying outubro de 1984, pp. 66-68
  4. 4,0 4,1 4,2 Moll Flying outubro de 1984, p. 68
  5. Moll Flying abril de 1988, p. 57
  6. Moll Flying abril de 1988, pp. 57-58
  7. Moll Flying abril de1988, pp. 58-59
  8. Simpson, Longley & Swan 2022, pp. 84-86
  9. 9,0 9,1 "Italy gets the new SF260EA" . Flight Global (en ingles ) . Consultado o 2024-04-09 .  
  10. Simpson, Longley & Swan 2022, p. 85
  11. Simpson, Longley & Swan 2022, p. 84

Bibliografia [ editar | editar a fonte ]

  • Simpson, Rod; Longley, Pete; Swan, Robert (2022). The General Aviation Handbook: A Guide to Millennial General Aviation Manufacturers and their Aircraft . Tonbridge, Kent, UK: Air-Britain (Trading) Limited. ISBN   978-0-85130-562-2 .