한국   대만   중국   일본 
Roseton - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Roseton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roseton da fachada do Mosteiro de Santa Maria da Armenteira de Meis .
Notre-Dame de Paris . Vista interior do roseton.

Un roseton e unha fiestra circular calada, dotada de vidreiras , cuxa trazaria disponse xeralmente de forma radial.

O roseton utilizouse na arquitectura romanica e con maior profusion na gotica . Inicialmente adoitaban ser de pequeno diametro e dispunase a modo de oculo nos laterais das naves . Pero a partir do seculo XIII os rosetons foron aumentando en tamano e en complexidade de decoracion, ata chegar a incribles graos de filigrana petrea. Pasaron a situarse nas fachadas, por encima das portadas , e en cada unha das frontes do transepto . As vidreiras decorabanse normalmente con escenas biblicas en vivas cores.

Ao roseton atribuiuselle un dobre simbolismo: un mariano , pola aparencia que ten da estrutura dunha rosa ; outro que suxire a Cristo , como remedo dos raios do sol .

A sua mision tamen e dobre: por unha banda, a mais simple de iluminar o interior dos templos; por outro, o conseguir un ambiente misterioso ao incidir no altar os raios filtrados polas multicolores vidreiras cando os rosetones abrense no imafronte da nave central.

Como un dos exemplos mais representativos dun roseton adoitase citar a parella que adorna o transepto de Notre Dame de Paris . En Espana existen magnificas e variadas mostras, por exemplo o maior do mundo, conecido popularmente como o ollo do gotico na Catedral de Santa Maria de Palma de Mallorca ou tamen o da Catedral de Burgos entre tantos outros.