Republica Krajina de Serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepublica Krajina de Serbia
Република Српска Кра?ина (sr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Himno Bo?e pravde Editar o valor em Wikidata

Localizacion
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
  44°02′33″N 16°11′57″L  /  44.0425, 16.1992 Coordenadas : 44°02′33″N 16°11′57″L  /  44.0425, 16.1992
Capital Knin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboacion
Poboacion 433.600 Editar o valor em Wikidata (25,45 hab./km² )
Lingua oficial lingua serbia Editar o valor em Wikidata
Relixion Cristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Xeografia
Superficie 17.040 km² Editar o valor em Wikidata
Datos historicos
Creacion 19 de decembro de 1991 Editar o valor em Wikidata
Disolucion 1995 Editar o valor em Wikidata
Organizacion politica
Forma de goberno republica Editar o valor em Wikidata
• Q4376763 Traducir Editar o valor em WikidataMilan Marti? (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organo lexislativo national assembly (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moeda Krajina dinar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

A Republica Krajina de Serbia (en serbocroata , Република Српска Кра?ина / Republika Srpska Krajina ) foi unha autodeclarada ( 1991 ) entidade serbia dentro de Croacia que existiu ate ser conquistada polas forzas croatas en 1995 . Unha parte perviviu ate 1998 baixo administracion das Nacions Unidas na parte leste de Eslavonia .

Historia [ editar | editar a fonte ]

Antecedentes [ editar | editar a fonte ]

No segundo terzo do seculo XVI , Austria mandou construir trincheiras e militarizar a zona ( Krajina : fronteira militar ), para defenderse do Imperio Otoman . Moitos serbios inmigraron a rexion para combater os otomans. En 1867 , o goberno austrohungaro reconeceu "os serbios que viven nesta nacion como iguais os croatas que viven na sua". En 1881 a fronteira militar volveu ser recuperada por Croacia.

Tras a primeira guerra mundial , o territorio pasou a formar parte do Reino de Iugoslavia . No periodo de entreguerras, os serbios que vivian nas krajinas de Croacia, Eslavonia e Bosnia, organizaronse do Partido Democrata Independente. Durante o estado croata pro-aleman, e logo baixo a ditadura de Tito , as autonomias foron suprimidas. Nas constitucions iugoslavas de 1965 e 1974 , non se recuperaron, pero as minorias viron reconecidos alguns dos dereitos previos a guerra.

A finais de 1980 a minoria serbia estaba receosa dun goberno croata de tendencia cada vez mais nacionalista e temian a volta do fascismo e dos asasinatos etnicos. Sendo ou non realistas estes temores, o certo e que foron as escusas dos nacionalistas serbios que se opunan a vivir baixo un goberno croata independente.

En 1989 as concentracions politicas dos nacionalistas serbios dirixidos por Slobodan Milo?evi? chegaron o cumio coa vitoria en 1990 dos independentistas croatas. Nese tempo, un 12,2 % da poboacion de Croacia definiase como serbia. E tinan o apoio do goberno central iugoslavo controlado por Serbia .

A revolucion dos troncos [ editar | editar a fonte ]

Unha nova constitucion croata postergaba o status dos serbios como nacion dentro de Croacia a de minoria. Isto intensificou as demandas serbias de autonomia cultural e outras demandas. De feito, a nova constitucion croata contradicia a constitucion iugoslava. Os nacionalistas serbocroatas abandonaron o parlamento croata e constituiron un Consello Nacional Serbio en xullo de 1990 . Milan Babic foi elixido presidente do consello, tamen se aprobou a formacion dunha milicia paramilitar baixo as ordes de Milan Martic , xefe de policia de Knin. Levantaronse barricadas con troncos nas principais estradas que unen a Krajina do resto de Croacia.

Organizaron enton os serbocroatas un referendo sobre a "soberania e autonomia" da Krajina , o 99,7 % votou a favor, pero o goberno de Zagreb declarouno ilegal.

A guerra en Croacia [ editar | editar a fonte ]

Artigo principal : Guerra de Croacia .

O 21 de decembro de 1990 , a administracion de Babic anunciou a creacion do Distrito Autonomo Serbio (SAO Kninska Krajina). O 1 de abril de 1991 , declararon a secesion de Croacia (ou a permanencia na Iugoslavia ), outras rexions orientais de Croacia pediron a sua inclusion no Distrito e negaronse a pagar taxas o goberno de Zagreb. O 25 de xuno de 1991 , Croacia e Eslovenia independizanse de Iugoslavia. Case inmediatamente os paramilitares serbios co apoio do exercito popular iugoslavo ( JNA ) comezaron actividades de guerrilla e rapidos ataques a postos da policia croata.

No territorio da Krajina os grupos paramilitares serbios ou serbocroatas crearon segundo o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia "unha estrutura paralela da seguridade do estado e da policia da Krajina e unidades mandadas pola seguridade do estado de Serbia". A poboacion non serbia da Krajina foi expulsada do seu fogar. En dous meses, os serbocroatas controlaban un terzo de Croacia. Ata decembro de 1991, calculase que uns 80 000 musulmans e croatas sufriron a limpeza etnica serbocroata.

Proclamacion da republica [ editar | editar a fonte ]

O 19 de decembro de 1991 o Distrito Autonomo declarase Republica Serbia de Krajina. O 26 de febreiro de 1992 , unense a SAO (Distrito Autonomo) de Eslavonia occidental , o SAO de Eslavonia oriental , Baranja e Sirmia occidental . Na sua maxima extension, a Republica ocupou unha superficie de 17 028 km 2 .

A tensa paz [ editar | editar a fonte ]

En xaneiro de 1992, o enviado da ONU Cyrus Vance media un alto o fogo. O JNA abandona Croacia deixando o seu armamento as forzas paramilitares serbocroatas. Ainda asi, os non serbios non puideron volver os seus fogares. O 21 de febreiro de 1992 o Consello de Seguridade das Nacions Unidas ordena a creacion da UNPROFOR (Forza de Proteccion das Nacions Unidas). En decembro de 1992, Croacia divide administrativamente o seu territorio e concede dous condados a minoria serbocroata. Esta medida e vista como tardia e insuficiente (non incluia territorios da republica como Baranja, Eslavonia occidental e Sirmia occidental).

O 26 de febreiro de 1992 , Milan Babic dimite como presidente e e substituido por Goran Hadzic. Durante os seguintes tres anos, a republica da aparencia de independencia, con goberno, exercito, moeda, selos e relacions exteriores propias. Pero o seu principal valedor -Iugoslavia- pasa por un momento de aguda crise. Economicamente sofre hiperinflacion, cambia tres veces de moeda e esta desprezase millons de veces.

En 1994 dos 430 000 habitantes da Krajina, so 36 000 tenen emprego (92 % de desemprego), a situacion da agricultura e a industria son calamitosas. O embargamento economico da ONU e o corte de relacions comerciais co resto de Croacia son responsables da crise. [ 1 ]

A comezos de 1993 Croacia lanza duas ofensivas para aliviar a presion do corredor que manten unida a parte norte do pais con Dalmacia. Cascos azuis canadenses impiden que os croatas avancen mais. O goberno de Knin pide axuda a Belgrado e Milosevic envia 4 000 paramilitares, entre os que se conta a Garda Voluntaria Serbia de Zeljko Raznatovic ( Arkan ).

Invasion final [ editar | editar a fonte ]

A mediados de 1995 , Croacia en duas operacions gana o control da republica. A minoria serbocroata (150 000 a 200 000 persoas) foxe por mor das represalias. Altos mandos das Forzas Armadas de Croacia foron acusados polo Tribunal Penal Internacional para ex Iugoslavia pola persecucion a poboacion civil serbia en Croacia.

O proceso de reintegracion do territorio a Croacia rematou definitivamente en 1998 baixo supervision das Nacions Unidas. Un goberno no exilio foi creado en 2005 para pedir reparacions de guerra a Croacia para a poboacion serbia.

Notas [ editar | editar a fonte ]

  1. "Filip Svarm. "The Krajina Economy " " . Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021 . Consultado o 26 de xuno de 2006 .  

Vexase tamen [ editar | editar a fonte ]

Ligazons externas [ editar | editar a fonte ]